Amosando publicacións coa etiqueta DIA INTERNACIONAL DA MULLER. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DIA INTERNACIONAL DA MULLER. Amosar todas as publicacións

martes, 11 de marzo de 2025

8 DE MARZO, A MULLER Á ESCENA NO RESÍO

Este 8 de marzo, como moitos outros,millóns de mulleres en todo o mundo sairon á rúa pola igualdade.

Esta manifestación é unha reivindicación dos dereitos das mulleres, de todas as mulleres coa intención de sensibilizar á sociedade e promover a igualdade de xénero. No 8M lembrase que a violenciacontra as mulleres, especialmente a violencia de xénero.

O 8M é un día no que as mulleres de todo o mundo manifestan a súa unidade, independientemente da  súa orixe, raza ou profesión.

Unha das mulleres que loitaron pola igualdade foi Luisa Capetillo á que se lle dedica o libro :

"Los pantalones de Luisa"  de Susanna Isern, publicado pola editorial Nubeocho.

 

 
O alumnado da escola traballou o conto, o ilustrou e a rapazada do sexto curso A, o representaron para o resto da escola. Contades co libro na biblioteca da escola.







 
 

luns, 10 de marzo de 2025

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 

Conmemoramos o Día Internacional da Muller lendo, representando e debuxando "Os pantalóns de Luísa"
Cantamos tod@s xunt@s a copla do libro : 🎼Luísa Capetillo con razón ou sen razón, armou tremendo lío por vestir un pantalón.
 

venres, 8 de marzo de 2024

A TVG, DÁ A COÑECER AS NOSAS ACTIVIDADES EDUCATIVAS POLO 8M

 Hoxe, contamos coa TVG na nosa escola. Fixeron un par de conexións en directo co programa A REVISTA para mostrar, na primeira conexión, parte do obradoiro de booktrailers e na sgunda, o obradoiro de creación de chapas. Non só amosaron o traballo que se estaba a realizar senón que tamén quixeron  coñecer as impresións do noso alumnado.


 

Grazas por contar connosco!

8 M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 Hoxe é un día de reivindicaciós, unha data necesaria para poñer en valor a figura da feminina ao longo da historia, un recoñecemento ao seu traballo e o gran papel que desenvolve e desenvoleu sempre na sociedade. Celebramos quehoxe en día a  sociedade avanza na igualdade de dereitos entre as persoas. Este contido  trabállamolo tódolos días, pero hoxe  visibilizamolo a través de distintas actividades e obradoiros.

Ao longo a semana, propúxose un "traballo en familia" co título 

 ECO-MULLERES DO RESÍO


Este traballo consiste en destacar unha muller da nosa contorna (familiar, veciña, coñecida...) que sobresae, ao noso parecer, polo seu compromiso co planeta, e explicar cal é a súa acción ecolóxica. 

Con tódolos documentos recibidos, elaboramos un libro que estará situado nun lugar importante da nosa biblioteca, e do que vos daremos conta con esta  presentación.

 

Paralelamente, o alumnado do quinto e sexto cursos de educación primaria, desenvolve ao longo de toda xornada un obradoiro de creación de BOOKTRAILERS,da man da empresa GINKO,  con Roi Guitián e María Lobo.  Os libros utilizados son, todos eles, relacionados coa igualdade. Este obradoiro desenvólvese grazas a participación da escola no programa de BIBLIOTECAS CREATIVAS.

 

   


 

No tempo de lecer, no Recuncho Fedelleiro, houbo un obradoiro de elaboración de chapas; no que o alumnado, de xeito libre e voluntario, acodíu para facer a súa chapa. Moitos dos cativos, levaron a chapa como agasallo para as súas nais.





Doutra banda, na hora de ler, un grupo de alumn@s voluntarios do quinto curso de primaria ofreceu ao resto do alumnado,  unha micro representación teatral do libro, ROSA CARAMELO.


 




Nas aulas os mestres fixeron tamén pequenas actividades significativas do gallo do Día Internacional da Muller.

O alumnado do segundo curso elaborou pulseiras.

 



mércores, 8 de marzo de 2017

8 de Marzo: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Hoxe foi o día Internacional da Muller e o noso alumnado xunto co seu profesorado celebraron un acto na pista deportiva da escola de 12:00 a 12:30, coincidindo coa folga convocada en contra da violencia contra as mulleres. Neste acto, conmemorouse a loita das mulleres pola participación , en pé de igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento como persoa.













martes, 8 de marzo de 2016

8 de marzo DIA INTERNACIONAL DA MULLER

Na escola, celebramos o día 8 de marzo cunha actividade moi especial.
A ANPA
 decidiu colaborar coa escola nesta data tan sinalada
 e, trouxo á escola
 a unhas rapazas
 que desenvolveron un contido tan importante coma este 
que levaba como títuto
 "PINTANDO PRINCESAS".
Participou todo o alumnado da escola,
 polo que os obradoiros,
 variaron en función 
da idade dos nenos.