28/05/2012

AS CONFERENCIAS DE EXPERTOS

Esta semana comezamos a 2º Xornadas de EXPERTOS
        Despois dun curso traballando "AS EMOCIÓNS" chega o momento de explicarlle os nosos compañeir@s o que aprendimos. Cada clase escolle unha emoción e convértense en EXPERTOS, preparando unha conferencia onde explicarán  o resto do alumnado a súa "especialidade"
Esta actividade ten un importante valor para os nen@s que esperan con ilusión o día da súa conferencia e viven con moitos nervios o momento de falar en público.

O programa de conferencias é o seguinte:

LUNS: 3 anos, presentación de TODAS AS EMOCIÓNS
            4 anos, expertos do MEDO
MARTES: 5 anos, expertos da TRISTURA
MÉRCORES: 1º ciclo (1º e 2º primaria) expertos da LEDICIA
XOVES: 2º ciclo (3º e 4º primaria) expertos no ENFADO
VENRES: 3º ciclo (5º e 6º primaria) expertos no AMOR

Onte, inaguramos as Xornadas de Conferencias sobre "As Emocións" e os nen@s de 3 anos e 4 anos foron os protagonistas!! 
      Nesta exposición déronse a coñecer e compartiron con tod@s os seus sentimentos.
Noraboa nen@s!! 
Sodes uns artistas!! nin a vergoña, nin os nervios, nin todo o público pendente de nós...fixo que perdérades a concentración... Traballáchedes moito e todos os aplausos recibidos son a vosa recompensa!!
Unha mostra da conferencia de presentación....




Imaxes do gran momento!!

Hoxe tamén tiveron protagonismo os nen@s de 4 anos.
Expertos do MEDO, explicaron que lles asustaba e cantaron unha fermosa cantiga para espantar o medo!!


Hoxe seguiremos cos EXPERTOS NA TRISTURA...
Viva a SEMANA DE EXPERTOS!!

24/05/2012

DÚAS MESTRAS DA ESCOLA ASISTEN A EDUCACLIC.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou onte na II xornada de novas tecnoloxías ‘Educaclic’, celebrada en Santiago de Compostela. O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, José Luis Mira, representou ao departamento educativo da Xunta de Galicia nesta cita. Durante a inauguración, o director xeral salientou o papel chave do profesorado na integración das TIC no sistema de ensino-aprendizaxe. Dúas mestras desta escola participaron na xornada e serviulles para coñecer novas experiencias e ferramentas de traballo, animándoas a continuar potenciando o uso das TIC no centro.

23/05/2012

CREAMOS

Traballar con masa de sal foi todo un éxito. Os nenos e nenas gozaron coa actividade de amasado, modelado e posterior pintado das figuras creadas. Nada máis que contar, visualizade a presentación e enviade os vosos comentarios. Un saúdo. Angela.










17/05/2012

HOXE CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

Valentín Paz-Andrade (Pontevedra, 1898 - Vigo, 1987)
Este ano dedícase o Día das Letras Galegas a este home polifacético que destacou como xurista, economista, político, empresario, ensaísta, poeta e xornalista. Sempre tivo presente, tanto na súa obra literaria como na súa faceta empresarial, a Galicia e á súa lingua.
Podes consultar a súa biografía e obra na seguinte páxina: http://www.valentinpazandrade.es/

Nos seguintes arquivos podes visualizar os carteis, publicados pola Xunta de Galicia, que forman parte da exposición que está situada  nos distintos andares da escola.

Hoxe, dende as 12h. traballamos en conxunto para acadar completar o album de D. Valentín Paz Andrade. Aprendimos moitas cousas e  pasámolo fenomenal. Por se non revisachedes as mochilas ou simplemente non tivechedes tempo de lelo, aquí o tedes:


Unha vez rematados os albumes, cada curso leu unha poesía e para finalizar a celebración cantamos o noso Himno. Agora imos ver como traballamos.

Angela Novoa Blanco.

15/05/2012

O ILUSTRADOR ABRAHAM CARREIRO ESTIVO HOXE NA NOSA ESCOLA.

Outra das actividades realizadas para celebrar o Día Mundial do Libro foi a visita de Abraham Carreiro, un grande ilustrador de contos e de bandas deseñadas, con él tivemos a oportunidade de aprender e pór en práctica diversas técnicas de debuxo.Cunha gran rapidez comezou a crear divertidos personaxes enchendo un papel branco nun intre. Presentounos aos seus piratas cibernéticos, mentres, explicába como conseguir corpos proporcionados, expresar sentimentos,... Falamos do seu libro Xoeliki, aventuras dun ciberpirata e aprendemos a debuxar os personaxes. Tanto o alumnado como o profesorado puxeron moito interese nas cousas que  contaba. Aquí tedes imaxes da súa visita. ANGELA NOVOA BLANCO.