xoves, 26 de xuño de 2014

TEATRO "La asamblea" ED. INFANTIL

Esta obra de teatro es
LA GUINDA DEL PASTEL
de nuestra etapa en Educación infantil.
 Es un hasta siempre,
un "gracias" ,
un reflejo de nuestra vida en el aula.
Es por y para VOSOTR@s
Gracias por todas las EMOCIONES!!
Esto sí que ha sido
UNA ESCUELA DE SENTIMIENTOS 

domingo, 15 de xuño de 2014

FESTA FIN DE CURSO 2014. ANPA OS IRMANDIÑOS.

GRAZAS ao gran traballo desenvolvido polos membros da ANPA, os nenos e nenas da escola gozaron dunha 
GRAN FESTA DE FIN DE CURSO.
Gran cantidade de crema solar, 
ilusión
e entusiasmo,
 foron os ingredientes fundamentais desta festa.

Agora toca esperar ao  vindeiro curso escolar.
MARABILLOSA XORNADA DE CONVIVENCIA
 NAS
 ILLAS CIES.


martes, 3 de xuño de 2014

UNHA VISITA MOI ESPECIAL: "A AVOA PILI".

COMO XA SABEDES,HAI ALGUNHAS SEMANAS QUE PICOLINDO PEDÍU A COLABORACIÓN DAS AVOAS E DOS AVÓS DOS VOSOS FILL@S,COA FINALIDADE DE QUE VIÑERAN Á NOSA ESCOLA  CONTAR UN CONTO, FALAR DA SÚA VIDA, APRENDERNOS UNHA CANTIGA, TOCAR UN INSTRUMENTO...O QUE ELES QUIXERAN.
A NOSA PRIMEIRA VISITA FOI A DA 
AVOA DE ALEXANDRE 
QUE,COMO ELA VIVE EN SUIZA E MARCHABA DE VIAXE EN BREVE, APREMIABA FACELA DE CONTADO.
PUXÉMONOS EN CONTACTO CON ELA COA FINALIDADE DE SABER QUE NOS ÍA CONTAR E O QUE ÍA FACER COS NEN@S,PARA QUE AS PROFES, CRISTINA E MARICRUZ, POIDERAN PREPARAR AOS RAPACES SOBRE O TEMA.
E ESTE XOVES FOI O GRAN DÍA.
 SE QUEREDES VER TODO O QUE ACONTECEU NA VISITA...PREMEDE NA FOTO DESTE PEQUENO PORTÁTIL, NA QUE APARECEN A AVOA PILI E ALEXANDRE.

MOITÍSIMAS GRAZAS A TÓDOLOS AVÓS E AVOAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

A NOVA HORTA.

Por fin, a horta escolar!. Tentamos aló polo mes de febreiro iniciar o traballo da horta escolar pero non foi posible, o mal tempo, non só non nos permitiu sair a sementar,  senon que,  este ano,  nos esperaba un traballo adicional, pois cos temporais do inverno estragouse toda a horta. Coa axuda dalgunha familia da escola, conseguimos que no terceiro trimestre a horta fora reconstruída, con travesas. E enchendo os bancais con nova  terra, os nenos e nenas  poden volver a experimentar a semente, planta, coidado e posible recolleita de hortalizas. Con esta actividade pretendemos que os nenos e nenas valoren o esforzo necesario para a obtención do alimento, coñecendo:
  • as ferramentas máis usuais do labrego, 
  • as partes das plantas: raíz, talo, follas, flor e pétalos,
  • as necesidades das plantas.
  • as diferenzas entre as distintas sementes.
  • extracción das sementes das distintas froitas.
  • trasplante de cepellóns dos testos á horta.
  • plantas aromáticas tales como a menta, o ourego, ...
  • ...