martes, 3 de xuño de 2014

A NOVA HORTA.

Por fin, a horta escolar!. Tentamos aló polo mes de febreiro iniciar o traballo da horta escolar pero non foi posible, o mal tempo, non só non nos permitiu sair a sementar,  senon que,  este ano,  nos esperaba un traballo adicional, pois cos temporais do inverno estragouse toda a horta. Coa axuda dalgunha familia da escola, conseguimos que no terceiro trimestre a horta fora reconstruída, con travesas. E enchendo os bancais con nova  terra, os nenos e nenas  poden volver a experimentar a semente, planta, coidado e posible recolleita de hortalizas. Con esta actividade pretendemos que os nenos e nenas valoren o esforzo necesario para a obtención do alimento, coñecendo:
  • as ferramentas máis usuais do labrego, 
  • as partes das plantas: raíz, talo, follas, flor e pétalos,
  • as necesidades das plantas.
  • as diferenzas entre as distintas sementes.
  • extracción das sementes das distintas froitas.
  • trasplante de cepellóns dos testos á horta.
  • plantas aromáticas tales como a menta, o ourego, ...
  • ...


Ningún comentario:

Publicar un comentario