martes, 31 de xaneiro de 2012

UN MAR DE EMOCIÓNS NA NOSA ENTRADA.

Os nenos e nenas de primaria, como verdadeiros artistas decoraron as paredes da entrada da nosa escola. GÚstavos?. A nós si.

OS NEN@S DE QUINTO FAN UN VOLCÁN.

video
Un dos contidos a traballar en coñecemento do medio son os volcáns. Aquí tedes un experimento feito por Victoria e explicado a todos e cada un dos seus compañeiros.

OS NENOS DE TRES ANOS FAN A POMBA DA PAZ.

Os nenos e nenas de tres anos nas sesións de plástica fan unha pomba con motivo do día da paz. Así a fixeron.

venres, 27 de xaneiro de 2012

A PAZ NA AULA DE 5 ANOS.



O LUNS, 30 DE XANEIRO, CONMEMÓRASE O DÍA DA PAZ. NÓS, NA AULA LEVAMOS A TRABALLAR DÚAS SEMANAS SOBRE TÓDOLOS VALORES HUMANOS QUE TEÑEN QUE VER COA PAZ. IMOS AMOSARVOS ALGÚNS DELES PORQUE TODOS É IMPOSIBLE: CURTAS CON COMENTARIOS, TRABALLOS SOBRE ESCENAS E O SEU SIGNIFICADO, DIFERENTES TIPOS DE ACCIÓNS E REFLEXIÓNS SOBRE ESTAS, CANCIÓNS SOBRE A PAZ, CONTOS E DIFERENTES TRABALLOS PLÁSTICOS.
NESTA PRESENTACIÓN PODEDES MIRALOS COA MÚSICA DE FONDO DE JUANES, QUE ,AÍNDA QUE NON É A CANCIÓN QUE IMOS CANTAR TODA A ESCOLA, GÚSTANOS MOITÍSIMO.

ESTES SON ALGÚNS DOS CONTOS QUE TRABALLAMOS NA AULA.



SE QUEREDES MIRAR OS CONTOS ,QUE VEÑEN A CONTINUACIÓN, MÁIS GRANDES, DEBEREDES DE PREMER EN "EXPAND" E LISTO.
E ESTA É A CANTIGA QUE IMOS CANTAR TODA A ESCOLA O LUNS.
A CANTIGA, NO VÍDEO, ESTÁ EN PORTUGUÉS PERO NÓS ÍMOLA CANTAR EN GALEGO.
PODEDES CANTAR A CANTIGA DE JUANES "PAZ, PAZ, PAZ"E "A CACIÓN DOS ABRAZOS"COS VOSOS FILLOS /AS, NA CASA, E PASAREDES UN CACHIÑO MOI DIVERTIDO.

FACEDE ESTE PRECIOSO QUEBRACABEZAS.
XA SABEDES QUE PODEDES VARIAR A SÚA DIFICULTADE CAMBIANDO O NÚMERO DE PEZAS. XOGAREDES TÓDALA FAMILIA.




xoves, 26 de xaneiro de 2012

A TRISTURA DE PICOLINDO



VITAMINAS PARA O GALEGO

luns, 23 de xaneiro de 2012

venres, 20 de xaneiro de 2012

TEÑO O CORAZÓN CONTENTO,CHEO DE LEDICIA.

COMO AS FAMILIAS SABEN ,O TEMA ESTRELA DESTE ANO SON AS EMOCIÓNS, E AGORA TÓCALLE A QUENDA Á "LEDICIA".EMPEZÁMOLO A TRATAR NO NADAL E CONTINUÁMOLO AGORA, POIS TEMOS MOITÍSIMOS MOTIVOS PARA TER O CORAZÓN CONTENTO.
GRAZAS ÁS FAMILIAS POR CONTRIBUIR, COAS SÚAS ONDAS VERDOSAS, A FACER O PANEL  DA "LEDICIA". TAMÉN AGRADECEMOS AOS NENOS/AS DE PRIMARIA POR FACER MARABILLOSA  A ENTRADA Á NOSA ESCOLA. MIRADE PORQUÉ!.

TEÑO O CORAZÓN CONTENTO,CHEO DE LEDICIA.
TAMÉN ESTAMOS MOI CONTENTOS POIS O REI MELCHOR DEIXOUNOS O AGASALLO ESPERADO. FIXEMOS ALGUNHAS FOTOS MOI CHULAS.
AGORA ESTÁ NO TALLER A REARAR ,POIS TIVO UNHA PEQUENA AVARÍA.
SEGURO QUE SE PRODUCÍU NO TRANSPORTE DENDE ORIENTE ATA VIGO.
DE SEGURO QUE A TEMOS ARRANXADA MOI PRONTO.
GRAZAS,REI MELCHOR!
ALBA E SILVIA ATOPAN O AGASALLO.
É A CÁMARA QUE PEDIMOS AOS REIS!
FACEMOS FOTOS CON ELA.
SILVIA FAI UNHA FOTO A NICOLÁS.
ESTAMOS MOI CONTENTOS/AS.


E AGORA UN XOGO MOI CHULI  QUE TRABALLA AS EMOCIÓNS.
PREMEDE NO DEBUXO SEGUINTE PARA XOGAR,ELIXIDE A PERSONAXE E...ADIANTE!

OS NENOS/AS DE 5ANOS E A PROFE MARICRUZ, DESEXAMOS QUE TODO O MUNDO TEÑA O CORAZÓN CONTENTO.


xoves, 19 de xaneiro de 2012

CHEGA O COLE E CHEGAN OS PIOLLOS.

No día de hoxe volveuse enviar unha notificación para indicarvos que en varias aulas apareceron nenos e nenas con piollos. Por favor, revisade a testa aos vosos fillos e fillas e LEMBRADE que os piollos son un parásito que adoita visitar as cabezas limpas.
O aspecto dun piollo é o seguinte:

Os piollos, son insectos que se atopan sobre todo nas persoas, prioritariamente na cabeza. Os piollos dependen de nós para sobrevivir, a calor e a humidade son fundamentais para a súa subsistencia. Eles aliméntanse do noso sangue. Teñen un tamaño de entre dous e tres milímetros, son de cor gris amarronada e teñen forma de araña. Contáxianse polo contacto directo dos cabelos dunha persoa á outra. Nin saltan nin voan. Non os transmiten os animais domésticos.
O proído é o primeiro síntoma que se pode apreciar, principalmente porque  se alimentan entre seis e oito veces ao día. Ao igual que os mosquitos, a saliva que inxectan é moi irritante.
Os ovos ou lendias, son ovaladas, de cor marrón clara, tardarán unha semana en eclosionar. Atópanse a medio centímetro do coiro cabeludo. É moi común confundilos con caspa.
A prevención é a mellor arma. Por favor, revisade as cabezas dos vosos fillos e, de existir parásitos ,efectuade a desinfeción cun produto preparado para o efecto. 
A Dirección.


luns, 16 de xaneiro de 2012

A FELICIDADE AOS 4 ANOS

COMO SABEDES, ESTE CURSO ESTAMOS INMERSOS NUN MAR DE EMOCIÓNS: ENTRE ELAS, A FELICIDADE, LEDICIA, CONTENTO... EN FIN, O QUE OS NENAS E NENAS EXPRESAN COMO ESTADO DE BENESTAR. A AULA DE 4 ANOS (5º DE E. INFANTIL) QUEREN COMPARTIR CON TODOS NÓS AQUELA COUSA QUE QUE MÁIS CONTENTO LLES PRODUCE. UNS O TEÑEN MOI CLARO, OUTROS DUBIDAN SE ESTO OU ESTOUTRO; UNS , UN POUQUIÑO MÁIS TÍMIDAMENTE, OUTROS,  CON MOITA DESENVOLTURA... PERO TOD@S SON QUEN DE TRANSMITIRNOS ESA EMOCIÓN TAN INTENSA E TAN GRATIFICANTE. ESCOITÁDEOS E ENCHÉDEVOS DE SATISFACCIÓN. QUE BONITO RESULTA ESCOITAR AOS PROPIOS FILLOS EXPRESARSE  DESE XEITO, NON SÍ?




sábado, 14 de xaneiro de 2012

TANGA E O GRAN LEOPARDO.

ROMINA,A RAPAZA DE IGUALDADE DO CONCELLO DE VIGO, AMOSOUNOS UN CONTO SOBRE A IGUALDADE DE XÉNERO, QUE NOS ENCANTOU.
QUEREMOS QUE MIREDES OS TRABALLOS QUE FIXERON OS RAPACES COA PROFE MARICRUZ SOBRE O CONTO, QUE COÑEZADES O CONTO E QUE APRENDADES UNHA CANCIÓN DE "ANDRÉS MESEGUER" QUE TRAE UNHA MENSAXE DE PAZ E SOLIDARIEDADE CO POBO AFRICANO.
ESPERO QUE POIDADES GOZAR NA CASA DO NOSO TRABALLO IGUAL QUE  FIXERON OS VOSOS RAPACES, E QUE TEÑADES CONCIENCIA DE QUE A EDUCACIÓN NON SON SÓ MATEMÁTICAS E LINGUAXE, SENON TAMÉN OS VALORES QUE POIDAMOS TRANSMITIR AOS NENOS/AS DENDE PEQUENOS PARA QUE NUN FUTURO TEÑAMOS UN MUNDO MELLOR.

TANGA E O GRAN LEOPARDO.

PREME NO LEOPARDO PARA ESCOITAR A HISTORIA DE "TANGA".


PREME NO NENO E PODERÁS ESCOITAR E APRENDER A CANCIÓN.
MOITOS BIQUIÑOS PARA TODOS/AS E PARA "ÁFRICA".
OS NENOS/AS DE 5 ANOS.

xoves, 12 de xaneiro de 2012

III CERTAME DE ARTE POSTAL DO CONCELLO DE VIGO.

Por terceiro ano consecutivo, a nosa escola participou no Concurso de Arte Postal promovido pola Concellería de Educación do Concello de Vigo. Tódolos nenos e nenas de Educación Primaria, e como parte da programación didáctica da área de expresión artística, realizan un debuxo, que este ano tiña como tema
"O mar de Vigo" 
O obxectivo do concurso era incentivar a creación artística e valorar a importancia da creatividade.

O traballo do alumnado foi excelente, polo que calquera debuxo tiña opcións de ser gañador. So serían 12 os nenos e nenas seleccionados entre todas as escolas que se presentaron, e tivemos a sorte que un deles foi da alumna do primeiro curso de educación primaria
INGRID CAAMAÑO TUBÍO.
Aquí tedes o seu traballo.
O pasado xoves día 5, a Concellería de Educación convocou á nosa alumna a un acto de entrega de premios.
 

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, entregou esa mañá 12 galardóns a outros tantos nenos e nenas de Vigo gañadores, nun encontro no que amosou a súa satisfacción. Logo de felicitar a gañadores e familiares, agradeceu aos profesores o esforzo e o traballo que desenvolven. Este ano participaron 914 estudantes de 36 colexios, polo que é un mérito para a nosa escola contar cunha gañadora.


 No acto de entrega de diplomas estiveron presentes, ademáis das familias, o coordinador do programa, Mingos Teixeira, e a concelleira de Educación, Raquel Díaz. 

Parabéns Ingrid!!!  e grazas tamén á túa familia pola colaboración prestada.


Pero a cousa non quedou aí, entrevistarona uns periodistas e saíu na tele ese mesmo día, e tamén no xornal. Aquí tedes a entrevista.

Que vos parece?

Agora, admirade os traballos realizados por todos vós. 


Moi ben. Unha aperta para todos!.




martes, 10 de xaneiro de 2012

OBRADOIRO DE IGUALDADE

 Os rapaces e rapazas de 2º e 4º tivemos hoxe un obradoiro sobre a igualdade de sexos...
.nel aprendemos algo que xa intuïamos: homes e mulleres somos iguais, só existe unha pequena diferenza física.
               TEMOS OS MESMOS DEREITOS E DEBERES

 Homes e mulleres temos os mesmos sentimentos e emocións e podémolos expresar do mesmo xeito: rindo, chorando, berrando...
Velaquí tedes unhas fotos do obradoiro desta mañá