xoves, 12 de xaneiro de 2012

III CERTAME DE ARTE POSTAL DO CONCELLO DE VIGO.

Por terceiro ano consecutivo, a nosa escola participou no Concurso de Arte Postal promovido pola Concellería de Educación do Concello de Vigo. Tódolos nenos e nenas de Educación Primaria, e como parte da programación didáctica da área de expresión artística, realizan un debuxo, que este ano tiña como tema
"O mar de Vigo" 
O obxectivo do concurso era incentivar a creación artística e valorar a importancia da creatividade.

O traballo do alumnado foi excelente, polo que calquera debuxo tiña opcións de ser gañador. So serían 12 os nenos e nenas seleccionados entre todas as escolas que se presentaron, e tivemos a sorte que un deles foi da alumna do primeiro curso de educación primaria
INGRID CAAMAÑO TUBÍO.
Aquí tedes o seu traballo.
O pasado xoves día 5, a Concellería de Educación convocou á nosa alumna a un acto de entrega de premios.
 

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, entregou esa mañá 12 galardóns a outros tantos nenos e nenas de Vigo gañadores, nun encontro no que amosou a súa satisfacción. Logo de felicitar a gañadores e familiares, agradeceu aos profesores o esforzo e o traballo que desenvolven. Este ano participaron 914 estudantes de 36 colexios, polo que é un mérito para a nosa escola contar cunha gañadora.


 No acto de entrega de diplomas estiveron presentes, ademáis das familias, o coordinador do programa, Mingos Teixeira, e a concelleira de Educación, Raquel Díaz. 

Parabéns Ingrid!!!  e grazas tamén á túa familia pola colaboración prestada.


Pero a cousa non quedou aí, entrevistarona uns periodistas e saíu na tele ese mesmo día, e tamén no xornal. Aquí tedes a entrevista.

Que vos parece?

Agora, admirade os traballos realizados por todos vós. 


Moi ben. Unha aperta para todos!.




1 comentario:

  1. Grazas a vós por fomentar día a día a creatividade dos nosos fillos que vai ser moi importante sexa cal sexa o seu traballo no futuro. E grazas por darlles a oportunidade de presentarse a través do cole a este tipo de certames que lles anima, aínda máis se cabe, a seguir traballando e esforzándose cada día, plasmando nun anaco de papel a súa forma especial de ver as cousas e fomentando así a súa enorme imaxinación.
    Foi un día realmente moi emocionante para Ingrid, unha recompensa ó seu traballo diario, xa que pasa moitas horas debuxando e facendo manualidades na casa; é algo que lle encanta, así que esta gratificación é un estímulo máis para seguir creando.
    Polo tanto, ¡noraboa Ingrid! pero tamén noraboa a todos os mestres do CEIP Virxe do Rocío, en especial a Ángela profe de plástica, pois o noso cole foi elixido de entre máis de 30 coles de Vigo e porque sen vós, sen o voso traballo diario, isto non sería posible. Grazas profes!!
    Familia de Ingrid

    ResponderEliminar