venres, 2 de outubro de 2020

BENVID@S DE VOLTA Á BIBLIOTECA !! XA ESTAMOS ABERT@S

 Aquí levaba eu, Picolindo, rodeado de tantos libros, películas, xogos, robots, tablets, pero sentíndome moi só sen vós , desde xa fai tanto tempo… 

Desde que ese fastidioso virus veu dar a lata !

Por sorte xa podemos abrir as portas e podedes vir e gozar de todos os recursos que aquí teño.

Pola contra como ese demo de virus aínda non marchou temos que ser moi estritos coas normas do PROTOCOLO e non despistarnos. 

sábado, 20 de xuño de 2020

AGRADECIDOS

O claustro de mestres agradece o agasallo dunha das súas alumnas, e  manifesta, tamén, o agradecemento ás familias polo gran traballo desenvolvido ao longo destes tres interminables meses de confinamento e por ter sobrevivido á teleformación. Estivemos todos moi preto a través das pantallas dos nosos computadores, agora toca descansar e gozar dunhas merecidas vacacións esperando retomar o ensino presencial no mes de setembro.

venres, 19 de xuño de 2020

GRADUACIÓN 2019/2020

Hoxe despedimos ao alumnado do sexto curso de primaria, por vídeo conferencia, coa  "tele presencia" de alumnos, equipo directivo e parte do Claustro. A titora, dixo unhas verbas aos  titulados na Educación Primaria, e foi nomeando a cada un para  que os seus pais lle fixeran entrega da insignia da escola, do diploma e a orla.
Tamén lles amosou unhaa banda co título oficioso  que  gañaron ao longo do seu paso pola escola e que lle será entregada nun encontro persoal nalgún punto da xeografía viguesa. Así, despedímonos de Mr. Fesvellasverzas, Mrs. Filósofa, Mr. Pacificador, Mrs. Sosego, Mrs. Optimista, Mrs. Fuxefuxe,...
Begoña, deulle a palabra aos rapaces para que lesen a súa carta de despedida; aos pais, que como estaban chorosos non foron quen de articular palabra, pero que quixeron rematar o acto co seu agradecemento ao labor educativo dos mestres que traballaron con eles durante estes anos  e  entregaron a súa mestra Begoña, un fermoso centro de flores e un tapabocas personalizado. Aproveitamos para impoñerlle unha banda co título de Dna. "Ata a corupela..."




GRAZAS FAMILIAS!
BOTARÉMOSVOS EN FALTA,
 E XA SABEDES,
AS NOSAS PORTAS ESTARÁN SEMPRE ABERTAS 
PARA TODOS VÓS.


Tentaremos ir na busca de imaxes que plasmen o encontro... 
Aquí están as imaxes:
 

domingo, 14 de xuño de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS ECO-LÓXICAS

Despois desta crise do coranavirus, nunca antes tivéramos tan claro a importancia do coidado do noso planeta.  Haberá que tomalo en serio, non?
Publícanse moitos libros sobre o tema , aqui presentamos unha pequena selección.

venres, 12 de xuño de 2020

DÍA 89 #NACASA: LEMBRANDO O COLE

Xa é moito o tempo que levan @s nen@s na casa. Aquí temos a Lía que seguro representa a tantos ... que lembran ás súas profes e aos seus compañeiros.

mércores, 10 de xuño de 2020

USO RESPONSABLE DAS PANTALLAS

Nestes días nos que o confinamento  empeza a ceder, é bo recordar a importancia do uso controlado e responsable de todo tipo de pantallas nos nen@s, 


luns, 8 de xuño de 2020

DÍA 85 #NACASA: 8 DE XUÑO DIA MUNDIAL DOS OCÉANOS

Aínda que sexa un día despois non podemos deixar de  ter en conta isto: Os residuos afogan a vida mariña e con ela a nosa propia. Cando imos reaccionar?

Entra nos seguintes vídeos 

               



Actividade extraída do blog A sombra do érbedo

ENIGMA VIII DO DOUTOR BACILUS


domingo, 7 de xuño de 2020

SOLUCIÓN ENIGMA VII DO DOUTOR BACILUS


Novos 5 puntos para: Pablo de 3º, Xoana de 1º, Daniel C. de 6º , Cristian de 5ºe Rebeca de 2º. E 2 puntos para Silvia de 5º por participar.

DÍA 84 # NaCasa, Xoana acepta o reto de Juan

Fermoso vídeo enviado por Xoana, alumna do primeiro curso de primaria, noraboa!

venres, 5 de xuño de 2020

5 DE XUÑO DIA INTERNACIONAL DO MEDIOAMBIENTE

De teren ido as cousas como se pensaran, hoxe teríamos un día de celebración e reivindicación polo noso planeta, pero chegóu o coronavirus e todo alterou.
Aquí imos recordar  a importancia do cuidado do noso entorno. Agora máis que nunca é importante facelo. Empecemos por un conto: ¿ Que le pasa al planeta?



Autoría do cartaz: Estefanía Torres. Mestres de Galicia.
Se  practicas os  ECO-RETOS,  e logras colocar todas as bandeiras , serás un :
ECO-RESPONSABLE






Os nosos cativos fixeron #NaCasa uns debuxos para conmemorar este día.


DÍA 82 #NaCasa: @s cociñeir@s do Resío


domingo, 24 de maio de 2020

SOLUCIÓN ENIGMA V DO DOUTOR BACILUS

NOVOS 5 PUNTIÑOS PARA: CRISTIAN DE 5º, REBECA DE 2º, XIANA DE 3º, SILVIA DE 5º, PABLO DE 3º  E XOANA DE 1º 

DÍA 70 #NaCasa. COCIÑA EN TEMPO DE CONFINAMENTO

O noso alumnado tamén aproveita o tempo de confinamento para aprender a cociñar. Primeiro escriben as receitas, e logo as levan a cabo coa axuda da súa familia. A rapazada pon en práctica as súas habilidades de chef. 

sábado, 23 de maio de 2020

venres, 22 de maio de 2020

22 DE MAIO DIA INTERNACIONAL DA DIVERSIDADE BIOLÓXICA

A biodiversidade é o conxunto de todos os seres vivos do planeta, o ambiente no que viven e a relación que gardan con outras especies.
 Están en perigo? Que opinas?
              Queres saber máis?     ABRE

 Aquí tes tres contos chulis sobre esto para ler doados gratuitamente polos autores/editoriais, algún témolo no cole, alí pechadiño... Toca neles e poderás lelos .
 PAJARO ANIMALES


                                                                      

DÍA 68 #NaCasa, SOGAMA PUBLICITA O NOSO TRABALLO


 Hoxe SOGAMA, faise eco da nosa actividades. Grazas por contar con nós.

"Crea o teu maio con material de refugallo"


xoves, 21 de maio de 2020

DÍA 67 #NaCasa: PICOLINDO TAMÉN USA TAPABOCAS


Picolindo nos informa  e nos lembra que para maiores de 6 anos na vía pública, nos espazos ao aire libre, e nos espazos pechados de uso público hai que usar tapabocas salvo poder manter unha distancia interpersoal mínima de 2 metros  ou  salvo causa de forza maior.
 Mañá entra en vigor o
USO OBRIGATORIO DE TAPABOCAS
Manda os teus debuxos!
 


martes, 19 de maio de 2020

DÍA 65 #NaCasa, 17 de maio, DÍA INTERNACIONAL DA RECICLAXE

No marco do DÍA INTERNACIONAL DA RECICLAXE, dende a escola propúxose ás familias: 


CREA O TEU MAIO 
CON MATERIAL DE REFUGALLO,

proposta que tivo unha  excelente acollida; polo que temos que agradecer a  colaboración e implicación de tódalas familias e do alumnado. 





Grazas pola vosa participación!

luns, 18 de maio de 2020

DÍA 64 #Na Casa: XENTE DO RESÍO

O alumnado do segundo curso da E.P. sorprendeu á súa titora e ao resto dos mestres da escola cun precioso vídeo de agradecemento!.
Grazas a vós e ás vosas familias por animarnos a seguir adiante.
Neste confinamento, tod@s estamos a aprender moito!!!
A rapazada, ata lingua de signos!
GRAZAS!

domingo, 17 de maio de 2020

DÍA 63#NaCasa


Hoxe 17 de maio, tras 63 días de confinamento, celebramos #NaCasa o Día das Letras Galegas, dedicadas nesta ocasión a RICARDO CARVALHO CALERO.
Hoxe sentimos morriña; botamos en falta, a festa, os maios, o baile das fitas, ... no 2021, celebrarémolo  xuntos. Hoxe imos rememorar o vivido no curso pasado. Temos a sorte de contar co vídeo dunha familia que  presenta o seu particular baile das fitas en arredor do maio. 
A nós gustounos moito, esperamos que a vós tamén.






Volvendo ao día das letras, deixámosvos un dos  libros de Carvalho Calero máis acaído para os nosos cativos, “As Pitas Baixo a Choiva”,  que comparte con nós a Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra.

O CONTO:

 

Relato orixinal de Ricardo Carvalho Calero en formato conto, de balde (a través desta plataforma) e cedido por Ed. Embora
 .

ENIGMA V DO DOUTOR BACILUS



venres, 15 de maio de 2020

DÍA 61 #NaCasa, AXUDAMOS A MANTELA LIMPA E ORDENADA

Os noso alumnado ten un reto, ensinarnos a facer unha cama. Cristian sabe facelo moi ben. Noraboa!

SOLUCIÓN ENIGMA IV DO DOUTOR BACILUS

Novos 5 puntos para : Martín A. de 6º , Marina de 4º,J ulia Rguez. de 3º, Noa F. de 6º , Carlos de 4º , Xiana de 3º, Cristian de 5º e Rebeca de 2º. Noraboa .

martes, 12 de maio de 2020

DÍA 58 # NaCasa: CREACIÓN DE HISTORIAS

O alumno LUCAS ÁLVAREZ ALONSO do segundo curso de primaria, axudado pola súa familia, crea unha fermosa historia que tamén ilustra. 
 Encántanos esta tarefa e esperamos que todos vós gocedes con ela.

luns, 11 de maio de 2020

ESCAPE ROOM O MISTERIO DA CASA DE R. CARVALHO CALERO

Facilitado por Alba Carril, do CPI de Vedra, e Ana Santos , do CEIP  Carril.
Para resolvelo podedes ler antes estos datos sobre  Carvallo Calero neste enlace  ou telos de apoio por se precisades buscar algo.

Se xa estades listos para xogar, aquí tedes o xogo.

PREME AQUI

DÍA 57 #NaCasa, NOVAS EN TEMPO DE CONFINAMENTO


domingo, 10 de maio de 2020

CREA O TEU MAIO, DÍA MUNDIAL DA RECICLAXE


Benqueridas familias, agardamos que sigades ben. Confiemos en que, aos poucos, comecemos a ver a luz. Namentres, coidádevos moito.
 
Debido ás excepcionais circunstancias nas que nos atopamos neste maio de 2020 por mor da epidemia do COVID-19 non se puideron levar a cabo moitos dos proxectos que desde a nosa escola facemos cada ano para conmemorar dúas festas tradicionais na nosa terra:


  •       A festa dos maios
  •       O día das Letras Galegas.

No marco do “Día Mundial da Reciclaxe”, que se celebrará o próximo 17 de maio, queremos facervos unha proposta:

CREA O TEU MAIO
CON MATERIAL DE REFUGALLO


1.   Fai un cono con cartón
2.   Recúbreo cun manto verde, sempre de refugallo 
3.   Decórao como máis che guste, botóns, tapóns, macarróns,...


Unha vez feito o teu mini-maio, 

1.   Sácalle unha foto
2.   Mándaa ao watshap da escola 658715569
3.   O prazo vai dende o luns 11 ao luns 18 de maio.

Animádevos!    Participade!
Haberá Pikeuros para tod@s.


CARAMOMIA: unha proposta literaria na que podes participar



O próximo luns coñeceremos o primeiro capítulo de @Caramomia a historia escrita por Ledicia Costas, María Lado, Daniel Landesa e O Hematocrítico.
A partir da segunda semana os lectores decidirán cousas importantes na trama deste relato de misterio!
En total 24 episodios que se publicarán os luns, mércores, venres e sábados a través da conta de Instagram @Caramomia ao longo de seis semanas. A partir da segunda semana os rapaces poderán ir decidindo cousas importantes da trama a través dunhas enquisas que lanzarán a través da propia rede social. Tal e como explicaba Costas, “ademais dunha novela negra, onde os personaxes terán que emprender unha investigación arredor dun roubo no museo da cidade, este proxecto está concibido coma un xogo, un experimento colaborativo para que estas semanas de confinamento sexan máis levadeiras.”

DÍA 56 #NaCasa, NOVAS EN TEMPO DE CONFINAMENTO


martes, 5 de maio de 2020

REPLICAMOS PORTADAS

Seguindo co traballo por competencias e co día do libro, o alumnado do 5º e 6º cursos de primaria, replica as portadas dos seus libros favoritos, edita e customiza as fotos para facelas o máis semellantes posible ás portadas orixinais.










Bo traballo para amosar a súa competencia dixital!