venres, 19 de xuño de 2020

GRADUACIÓN 2019/2020

Hoxe despedimos ao alumnado do sexto curso de primaria, por vídeo conferencia, coa  "tele presencia" de alumnos, equipo directivo e parte do Claustro. A titora, dixo unhas verbas aos  titulados na Educación Primaria, e foi nomeando a cada un para  que os seus pais lle fixeran entrega da insignia da escola, do diploma e a orla.
Tamén lles amosou unhaa banda co título oficioso  que  gañaron ao longo do seu paso pola escola e que lle será entregada nun encontro persoal nalgún punto da xeografía viguesa. Así, despedímonos de Mr. Fesvellasverzas, Mrs. Filósofa, Mr. Pacificador, Mrs. Sosego, Mrs. Optimista, Mrs. Fuxefuxe,...
Begoña, deulle a palabra aos rapaces para que lesen a súa carta de despedida; aos pais, que como estaban chorosos non foron quen de articular palabra, pero que quixeron rematar o acto co seu agradecemento ao labor educativo dos mestres que traballaron con eles durante estes anos  e  entregaron a súa mestra Begoña, un fermoso centro de flores e un tapabocas personalizado. Aproveitamos para impoñerlle unha banda co título de Dna. "Ata a corupela..."




GRAZAS FAMILIAS!
BOTARÉMOSVOS EN FALTA,
 E XA SABEDES,
AS NOSAS PORTAS ESTARÁN SEMPRE ABERTAS 
PARA TODOS VÓS.


Tentaremos ir na busca de imaxes que plasmen o encontro... 
Aquí están as imaxes:
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario