xoves, 27 de decembro de 2012

O Apalpador | A canción e o baile

 Aquí tedes un vídeo do Apalpador e maila súa canción. 
A ver se a aprendedes e a cantamos todos á volta das vacacións...

          

domingo, 23 de decembro de 2012

FESTA DE NADAL 2012

O derradeiro día de escola foi especial.
Festexamos o Nadal cun programa de actividades pensado para que os nen@s puideran divertirse e sentir os costumes desta festa tan popular.
  Comezamos coa visita do Paxe Real para que todos os nen@s puideran entregar as súas cartas e contarlle en persoa os seus desexos para o vindeiro ano.
As 10 da mañá xuntámonos todos no ximnasio da escola para formar grupos mesturados con nen@s de tódalas idades dende 3 a 12 anos. Despois comezaron os obradoiros.
Obradoiros de maquillaxe
 Obradorios de contacontos
Obradoiros de panxoliñas
 Obradoiros de Bingo

Mira na presentación todas as imaxes
 

Despois da visita do Paxe Real e os obradoiros chegou o momento da tradicional CHOCOLATADA e AS BADALADAS que marcan o comezo do novo ano. Para rematar, bailamos e cantamos no ximnasio gozando dun fantástico día de festa!!
  
Vive connosco as 12 badaladas!!

Mira a presentación de imaxes e descubre como o festexamos!!
 

Felices festas!!
Vémonos o vindeiro martes 8 de xaneiro!!

martes, 18 de decembro de 2012

FEITIZOS E ESCONXUROS

Durante o mes de novembro emerxemos no mundo da maxia.
Moitos nen@s achegáronse a biblioteca e xogaron con conxuros e apócemas máxicas secretas.
Preme nos vídeos e escoita algún deles. Tamén podes lelos e practicalos!!   

xoves, 13 de decembro de 2012

TEMPO DE NADAL.

Chegadas estas datas, comeza o momento de decorar a nosa escola de Nadal. Comezabamos decorando os cristais dalgún corredor e dalgunha aula e continuamos facendo unha árbore de Nadal moi colorista. Sabedes onde está?. Esperamos que xa a atoparades. De tódolos xeitos e para os máis despistados, aquí vai unha foto. Quedou preciosa.

Na aula de plástica estivemos a facer uns debuxos para o CONCURSO ANUAL de POSTAIS de NADAL.
Os debuxos amosan a creatividade de cada nen@. A preselección foi difícil para os mestres encargados e agora chega o proceso democrático. Tódolos nen@s votarán polos tres debuxos que máis lle gustan correspondentes aos ciclos educativos nos que non están matriculados. Dezaseis son os debuxos elixidos, catro por nivel. Estes son os afortunados. 



 NORABOA RAPACES!. TODOS SODES GAÑADORES.


Mañá coñeceremos os catro nenos e nenas que terán a honra de ser os máis votados. Os seus debuxos servirán para  felicitar o Nadal ás familias da nosa comunidade educativa.


Por outra banda, nas aulas estase a traballar arreo no CALENDARIO ANUAL que recibiredes como agasallo de Nadal,

BOUZAS,

12 MESES, 12 LUGARES.

E... xa iredes descubrindo todo o que estamos a traballar para coñecer a vila de BOUZAS .

De momento, GRAZAS A TODOS E TODAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN NA DECORACIÓN DAS CUNCHAS E ESTRELAS. 

O NOSO CABALEIRO DAS CUNCHAS XA ESTÁ ENGALANADO.

luns, 10 de decembro de 2012

Continuamos a traballar no noso proxecto anual "BOUZAS", polo que antes de facer un roteiro por Bouzas,  imos traballar diversos lugares significativos da vila onde se atopa situada a nosa escola. Tódolos nenos e nenas de primaria fixemos a nosa representación, con algún destes debuxos as profes farán a portada do noso calendario anual. Que vos parece?

xoves, 29 de novembro de 2012

CONTACONTOS

Hoxe tivemos a visita de Bea Campos.
Unha fantástica contacontos que nos divertiu
coas súas historias durante case unha hora!!

Con libros da editorial Kalandraka,
contou historias preciosas,
cantou e dramatizou contos
e mesmo
compartiu con nós;
a súa caixa máxica chea de tesouros!!

 Todos os que esteades interesados en levar os vosos fill@s a escoitar historias preciosas achegádevos a libraría
"Contos para Soñar"
Moitos venres fan sesión de contacontos!!
Preme na imaxe e mira o seu blogue para máis información.
      
     

xoves, 22 de novembro de 2012

Coñecendo a nova ESCOLA

Este martes por fin chegou o momento!!
Xuntos festexamos e coñecemos o cole novo gozando das instalacións cun programa de actividades excelente!!
O día de festa comezou pola mañá!!
A visita do Rey Midas, un mago cómico; deixou abraiados a todos os nenos e nenas da escola. A súa actuación estivo chea de sorrisos, gargalladas e maxia, moita maxia!!
Todos os rapaces querían participar nos xogos do mago!!
Mirade a presentación e gozade coas caras dos nen@s!!
Foi unha ledicia!! 

Pola tarde a festa continuou...
O mellor aínda estaba por chegar...
A numerosa participación de  familias fixo posible unha tarde chea de diversión: obradoiros, xogos, merendola, actuacións...
Aqueles que estivemos na festa sabemos do esforzo que tiveron que realizar as persoas encargadas da comisión da festa para que todo aquilo fora posible!!
Para elas, un agradecemento infindo!!

 Grazas polo voso interese, a vosa implicación, o voso entusiasmo...
Grazas por compartir as vosas ideas, por querer formar parte da escola, por ensinar, por educar...

Lembrando unha frase de Paulo Freire:
"La educación no cambia el mundo, cambia a las personas que van a cambiar el mundo" 

Desta tarde máxica tamén temos imaxes para compartir.
  

sábado, 17 de novembro de 2012

CELEBRAMOS AS FESTAS DO OUTONO.


MAGOSTO E SAMAÍN, SAMAÍN E MAGOSTO son as festas tradicionais que teñen máis pulo no outono. Traballamos arreo para ter unha decoración da escola o máis bonita posible. Foi un traballo colaborativo, no que tódolos nenos e nenas de educación primaria colaboraron. Os máis cativos participaron coas súas familias e as celebracións foron todo un éxito.

 







GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!!

venres, 16 de novembro de 2012

CONCERTO NO ROCIO


 Hai uns días gozamos dun estupendo concerto na escola.
                    Viñeron visitarnos unha soprano e un guitarrista:
Araceli Fernández e Hannu Siiskonenn.

Foi unha músuca diferente da que escoitamos sempre pero... GUSTOUNOS MOITO!.

Se queredes saber algo máis sobre eles premede na ligazón 

http://www.araceli-fernandez.ch/ 








mércores, 14 de novembro de 2012

O PRIMEIRO MAGOSTO DOS NEN@S DE 3 ANOS.

O VENRES,9 DE NOVEMBRO ,CELEBROUSE O MAGOSTO NA NOSA ESCOLA E FOI UN DÍA MOI ESPECIAL PARA OS NOSOS PEQUERRECHOS ,POIS FOI O SEU PRIMEIRO MAGOSTO.
SE QUEREDES MIRAR COMO PREPARAMOS A NOSA FESTA ,AS COUSAS QUE FIXEMOS E QUE BEN O PASAMOS...PREMEDE NA FOTO.

mércores, 7 de novembro de 2012

QUEREMOS QUE COMENTES AS ENTRADAS.

Bo día familias. Non sabemos se apreciades o traballo que levamos, tendo activos tantos blogues na nosa escola. Facemos moitas entradas pero non temos comentarios en case ningún. Fainos moita ilusión saber que utilizades, observades, valorades,... as distintas informacións que neles aparecen.
Para os despistados, lembramos que temos os seguintes blogues:
O BLOGUE DA BIBLIOTECA. O BLOGUE DE PICOLINDO.


O BLOGUE DA AULA DE 3ANOS. O RECANTO DE PERECHO E MARICRUZ.

O BLOGUE DA AULA DE 4 ANOS. A ESCOLA DOS SENTIMENTOS.

O BLOGUE DA AULA DE 5 ANOS. O RECANTO DE ROLIÑA.

O BLOGUE DA AULA DE PLÁSTICA. PINTATIC.

O BLOGUE DA AULA TIC.AS TIC CON PICOLINDO.

O BLOGUE DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA.A VOZ DO RESIO

O BLOGUE DAS TAREFAS.

O BLOGUE DE XOGAR E APRENDER NA CASA.


MOITAS GRAZAS POLO VOSO INTERESE E....
AGARDAMOS OS VOSOS COMENTARIOS.


POR CERTO, NON  ESQUEZADES QUE TEMOS UNHA FERMOSA PÁXINA WEB NO SEGUINTE ENDEREZO:

OS PIOLLOS VOLVEN Á ESCOLA. VIDEO EXPLICATIVO MOI INTERESANTE.

UN VIDEO SOBRE OS PIOLLOS ESPECIAL PARA QUE OS NENOS E NENAS SAIBAN O QUE TEÑEN QUE FACER CANDO TEÑEN PIOLLOS.


xoves, 1 de novembro de 2012

CHULAS OU PESETAS,UNHA TRADICIÓN ESQUECIDA E LEMBRADA POLOS NEN@S DE 3 ANOS.

SE SODES CURIOSOS E QUEREDES SABER MÁIS SOBRE ESTA TRADICIÓN NOSA,PREMEDE NA FOTO DE PERECHO E VEREDES QUE SORPRESA...SABEREDES COUSAS ESQUECIDAS E QUE FORMAN PARTE DA NOSA CULTURA .VEREDES COMO,OS NOSOS RAPACES E RAPAZAS DE 3 ANOS,VOS ENSINAN UNHA LEMBRANZA ,DE FAI SÉCULOS,MOI BONITA E ESQUECIDA.
GOZADE DO SAMAÍN E NON COMADES MOITAS CHULAS E DEIXADE  SITIO NO BANDULLO PARA O MAGOSTO,JI,JI,JI...!


UN BICO DE PERECHO,A PROFE MARICRUZ E OS NENOS/AS DE 3 ANOS.

mércores, 31 de outubro de 2012

SAMAÍN 2012

Hoxe festexamos o SAMAÍN na escola 
grazas ao voso traballo cos calacús!!
A exposición de cabazas atopámola preto da biblioteca de Picolindo. 
Hoxe acendéronse os calacús para asutar os nenos e nenas que non tiveron MEDO de ir visitala

luns, 29 de outubro de 2012

TEMPO DE OUTONO, TEMPO DE SAMAÍN.

Benqueridas familias, chegado o tempo do outono temos que celebrar as festas máis salientables. Adicaremos un tempo especial ao SAMAÍN, e dende logo ao  MAGOSTO. Tampouco podemos esquecernos das paisaxes típicas do outono, polo que imos montar dúas exposicións.
Diante da porta de Dirección, teremos a exposición de FROITOS E FROITAS DO OUTONO e diante da BIBLIOTECA o noso recuncho dedicado ao SAMAÍN. Aquí podedes ver como van os preparativos. Agora estamos á espera dos cabazos e das cestas de froita. GRAZAS FAMILIAS POR COLABORAR.











domingo, 28 de outubro de 2012

DECORAMOS A NOSA AULA PARA O SAMAÍN.


NÓS,OS NEN@S DE 3 ANOS,DECORAMOS A NOSA AULA PARA A CELEBRACIÓN DO "SAMAÍN".SE QUEREDES MIRAR O CHULA QUE QUEDOU E APRENDER ALGUNHAS COUSAS SOBRE ESTA FESTA ANCESTRAL,PREMEDE NA FOTO.
XA VEREDES AS SORPRESAS QUE TEMOS ESTE SAMAÍN NA NOSA ESCOLA.
UNHA APERTA AFECTUOSA PARA TOD@S DOS NEN@S DE 3 ANOS,PERECHO E A PROFE MARICRUZ.

sábado, 20 de outubro de 2012

luns, 15 de outubro de 2012

OS NENOS DE PRIMARIA DEBUXAN O COLE NOVO.






O nome da nosa escola é o Rocío, que provén do termo O Resío que foi o nome co que se coñeceu durante séculos a este barrio (antes aldea) situado entre a parroquia viguesa de Coia e a de Bouzas, no que se atopa a nosa escola.

venres, 12 de outubro de 2012

DÚAS VISITAS SORPRESA PARA OS NEN@S DE ED. INFANTÍL.

O BARDO ABELARDO E PICOLINDO FIXÉRONNOS UNHA VISITA SORPRESA.
PASÁMOLO FENOMENAL!
QUEREDES MIRAR O QUE FIXEMOS CO "BARDO ABELARDO"E COMO APARECEU PICOLINDO DE SÚPETO?
POIS PREMEDE NA FOTO E MIRADE...MIRADE...


A SORPRESA DE PERECHO E A CASTAÑA CATARINA.

PREMEDE NA FOTO DE PERECHO E MIRADE O BONITO TRABALLO DOS PEQUENOS DA ESCOLA .
NON COMADES MOITAS CASTAÑAS,
 DEIXADE ALGUNHAS PARA SEMENTAR.
ASÍ TEREMOS MOITOS CASTIÑEIROS
 O DÍA DE MAÑÁ.

venres, 21 de setembro de 2012

REMATOU O PERÍODO DE ADAPTACIÓN Á ESCOLA,DOS MÁIS PEQUERRECHOS.

REMATOU O PERÍODO DE ADAPTACIÓN DOS NEN@S DE 3 ANOS DO NOSO COLE.
TODO FOI ESTUPÉNDAMENTE E OS RAPACES E RAPAZAS VEÑEN Á ESCOLA SUPERCONTENTOS.SE QUEREDES SABER MÁIS,PREMEDE NA FOTO.

LEMBRAMOS ÁS FAMILIAS DE ED. INFANTÍL QUE O MARTES,25 DE SETEMBRO,ÁS 17h.,NO COMEDOR ESCOLAR,HABERÁ UNHA XUNTANZA XERAL PARA TRATAR TEMAS DE MOITÍSIMO INTERESE PARA AS FAMILIAS.
NON PODEDES FALTAR!
UNHA APERTA AFECTUOSA DAS PROFES DE ED. INFANTÍL.

xoves, 30 de agosto de 2012

PARA @S MÁIS CURIOS@S.

Unha pequena presentación  para ver as instalacions novas baleiras e un pouco sucias. Esperamos que vos guste.

luns, 6 de agosto de 2012

Teremos a escola lista para o inicio do curso escolar?

Todo parece indicar que a nosa escola estará lista para o inicio do curso escolar.
As obras de mellora e ampliación do noso cole parece que tocan ao seu fin despois de dous longos cursos. O pasado día 1, Dna. Mª José Bravo Bosch e D. César Pérez Ares, Delegada Territorial en Vigo e Xefe Territorial de Educación, visitaron as instalacións para ver como ían as obras de cara á próxima recepción das mesmas que será a finais de mes. O tempo é moi xusto e só se dispón da primeira semana de setembro para facer a mudanza. Estade atentos, solicitaremos a vosa axuda!

El CEIP Virxe do Rocío después de las obras de mejora y ampliación.

Queremos lembrar a tódalas familias que o vindeiro curso escolar ademáis de estar integrados no Plan de Mellora de Bibliotecas escolares, somos un dos centros seleccionados para formar parte do Proxecto Abalar.
A inauguración oficial non sabemos cando será pero convidarémosvos a todos a participar da festa da nova escola que sempre será despois do inicio do curso escolar o vindeiro 12 de setembro.

                                                 FELICES VACACIÓNS A TODOS.



venres, 13 de xullo de 2012

FESTA FIN DE CURSO 2012. LARPEIRADA E MERCADO DO LIBRO USADO E DE OCASIÓN.








GRADUACIÓNS 6º CURSO DE EDUCACIÓN INFANTIL E 6º CURSO DE PRIMARIA.
ENTREGA AGASALLOS BIBLIOTECA, MELLORES LECTORES CURSO 2011/2012.
E...
AS BÁGOAS DA DESPEDIDA.


martes, 10 de xullo de 2012

A LENDA DO CABALEIRO DAS CUNCHAS E AS FESTAS DE BOUZAS 2012.

PREME NO DEBUXO DO CABALEIRO DAS CUNCHAS E DECUBRE ESTA FERMOSA LENDA DE BOUZAS ,ADEMÁIS DE CONSULTAR O PROGRAMA DAS FESTAS DESTA FERMOSA VILA ,ONDE ESTÁ UBICADA O NOSO COLE,QUE SERÁN ESTA FIN DE SEMANA.
NON VOS PODEDES PERDER ESTAS FESTAS QUE SON DE INTERESE TURÍSTICO NACIONAL,NIN A SÚA TIRADA DE FOGOS DE ARTIFICIO.
Debuxo realizado por Tristán de 6º de ed. inf.
BOAS FESTAS!

martes, 26 de xuño de 2012

sábado, 23 de xuño de 2012

A 1º VOU...ACTIVIDADES FIN DE CURSO DOS NEN@S DE 5 ANOS.


PREME NA FOTO  DA ORLA E ACCEDE AS ACTIVIDADES DE FIN CURSO DOS NENOS/AS DE 5 ANOS:FESTA NA AULA,MERCADILLO DE LIBROS,GRADUACIÓN...
FELICES VACACIÓNS A TOD@S!

xoves, 21 de xuño de 2012

NOVO NÚMERO DA REVISTA ESCOLAR ORBALLO.

A pesar das grandes restriccións económicas que sofren os equipos de dinamización lingüística, a nosa escola fai un esforzo por manter a Revista Escolar. Non sabemos se o vindeiro curso poderemos seguir imprimindoa pero de momento imos a gozar co traballo de tódolos nenos e nenas. Unha pequena presentación para abrir boca. Esperamos que sexa do voso agrado.

xoves, 14 de xuño de 2012

TELEXORNAL DO ROCIO.

Os nenos e nenas de segundo de educación primaria traballaron as noticias. Que ben o fixeron!!


martes, 12 de xuño de 2012

MALIA A CHOIVA, FESTA RACHADA. A ANPA, OS IRMANDIÑOS, CELEBRA A SÚA FESTA ANUAL.

Que ben o pasaron os rapac@s!, Como bailaban!. En recompensa apareceu Bob Esponja. Se non puideches asistir, comproba o ben que o pasamos. Grazas, ANPA,  polo voso traballo e esforzo!.

venres, 8 de xuño de 2012

SOMOS CENTRO ABALAR.

A Consellería de Educación, Cultura e O. U. acaba de facer pública a relación de centros seleccionados para adscribirse á rede Abalar no curso 2012-2013. Na citada relación aparece a nosa escola entre os 165 centros seleccionados. Isto vai supoñer que o noso centro conte no vindeiro curso escolar con importantes equipamentos informáticos para o nivel de 5º curso de E. P. Cada aula dixital contará co seguinte equipamento: 
 * Un ultraportátil para cada alumno/a. 
 * Un portátil por aula para o uso dos docentes. 
 * Un encerado dixital interactivo.
 * Un proxector. 
 * Un armario para a carga dos equipos. 
 * Rede wifi. 
Abalar é o proxecto que procura a integración plena das TIC na práctica educativa e tende cara á modernización e mellora da educación. Abalar organiza os recursos existentes cara a acadar o aproveitamento efectivo dos contidos dixitais existentes nas redes e pretende maximizar o aproveitamento dos recursos na mellora das competencias dos vosos fillos e fillas. Isto non podería ser posible sen o grande apoio do profesorado que se forma día a día de cara á modernización do ensino. Prometemos camiñar pasiño a pasiño e queremos comunicarvos que estamos de noraboa. 
 

domingo, 3 de xuño de 2012

II XORNADAS DE EXPERTOS

   Ao longo desta semana tiveron lugar as II Xornadas de Expertos na nosa escola.
     Os nen@s amosaron todo o aprendido ao longo deste curso e explicaron, como conferenciantes EXPERTOSo medo, a tristura, a ledicia, o anoxo e o amor.
Parabéns nen@s!!
Malia os nervios, o traballo e o "medo escénico" TOD@S sodes brillantes EXPERTOS.
Nesta presentación podedes ver todas as conferencias que se levaron a cabo


sábado, 2 de xuño de 2012

EXPERTOS NO AMOR

Para rematar as Xornadas de Expertos os nen@s do 3º ciclo de Primaria (quinto e sexto) fixeron unha conferencia sobre o AMOR. A proposta do 3º ciclo mesturaba representacións, adiviñas, vídeos, e moita información aprendida no aula TIC a través da investigación na rede. Cos rapaces de quinto xogamos a adiviñar o tipo de amor que representaban. Os rapaces de sexto amosaron un power point de investigación con definicións, sinónimos e antónimos, imaxes que representan amor, como se pronuncia e escribe noutros idiomas, sons e vídeos creados por eles mesmos; demostrando a súa habilidade no uso das ferramentas tecnolóxicas.
Parabéns rapaces do 3º ciclo!!

xoves, 31 de maio de 2012

EXPERTOS NO ANOXO

Hoxe foi a quenda dos rapaces de 2º ciclo de primaria (terceiro e cuarto), EXPERTOS no ANOXO. Aprendimos moitas formas diferentes de dicir "estou enfadado" en  idiomas do noso país ou doutros próximos, ou en idiomas de nen@s extraxeiros que estudan na nosa escola (romanés, ruso, árabe, grego, alemán, chinés).
Representaron dúas pequenas obras para amosarnos que "algunhas veces" cando nos enfadamos con alguén e sentimos esa sensación que tanto nos desagrada, podiámolo evitar fixándonos nos "pequenos detalles". As veces, os enfados non son máis que "malos entendidos" ou confusións que se poderían arranxar falando.
Parabéns nen@s do 2º ciclo!!
A vosa conferencia foi todo un éxito!!


mércores, 30 de maio de 2012

EXPERTOS NA ALEGRÍA

Os protagonistas de hoxe foron os nen@s do 1º ciclo de primaria (primeiro e segundo). Xuntos fixeron unha conferencia divertida que espertou os sorrisos de todo@s os nen@s e mestres que os escoitabamos. Explicaron o que os fai felices, as músicas e obras de arte que lles inspiran felicidade e como recoñecer e vivir esta emoción. Tamén contaron chistes e recitaron poemas. Ao final, proxectaron vídeos graciosos para rematar rindo ás gargalladas.
Noraboa nen@s do 1º ciclo!!




 
 
 

martes, 29 de maio de 2012

Expertos na TRISTURA:"A MORRIÑA".

Hoxe o protagonismo foi dos nen@s de 5 anos que explicaron en profundidade o sentimento da TRISTURA facendo fincapé en
 "A MORRIÑA". Co apoio dun power point con imaxes-resumo do seu proxecto de aula e a súa mestra Maricruz, os nen@s conseguiron manter a todo o público interesado por coñecer e aprender máis sobre o fascinante "MUNDO EMOCIONAL"





PARABÉNS,RAPACES E RAPAZAS DE 5 ANOS!
SODES UNS VERDADEIROS EXPERTOS!

AS CONFERENCIAS DE EXPERTOS

Esta semana comezamos as II  Xornadas de EXPERTOS
        Despois dun curso traballando "AS EMOCIÓNS" chega o momento de explicarlles aos nosos compañeir@s o que aprendimos. Cada clase escolle unha emoción e convértense en EXPERTOS, preparando unha conferencia na que explicarán  ao resto do alumnado a súa "especialidade"
Esta actividade ten un importante valor para os nen@s que esperan con ilusión o día da súa conferencia e viven con moitos nervios o momento de falar en público.

O programa de conferencias é o seguinte:

LUNS: 3 anos, presentación de TODAS AS EMOCIÓNS
            4 anos, expertos no MEDO
MARTES: 5 anos, expertos na TRISTURA
MÉRCORES: 1º ciclo (1º e 2º primaria) expertos na LEDICIA
XOVES: 2º ciclo (3º e 4º primaria) expertos no ENFADO
VENRES: 3º ciclo (5º e 6º primaria) expertos no AMOR

Onte, inauguramos as II Xornadas de Expertos, esta vez,  sobre "As Emocións" e os nen@s de 3 anos e 4 anos foron os protagonistas!! 
      Nesta exposición déronse a coñecer e compartiron con tod@s os seus sentimentos.
Parabéns nen@s!! 
Sodes uns artistas!! nin a vergoña, nin os nervios, nin todo o público pendente de vós...fixo que perderades a concentración... Traballastes moito e todos os aplausos recibidos son a vosa recompensa!!
Unha mostra da conferencia de presentación....



Imaxes do gran momento!!


Hoxe tamén tiveron protagonismo os nen@s de 4 anos.
Expertos no MEDO, explicaron o que lles asustaba e cantaron unha fermosa cantiga para espantar o medo!!


  Mañá seguiremos cos EXPERTOS NA TRISTURA...
Viva a SEMANA DE EXPERTOS!!

xoves, 24 de maio de 2012

DÚAS MESTRAS DA ESCOLA ASISTEN A EDUCACLIC.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou onte na II xornada de novas tecnoloxías ‘Educaclic’, celebrada en Santiago de Compostela. O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, José Luis Mira, representou ao departamento educativo da Xunta de Galicia nesta cita. Durante a inauguración, o director xeral salientou o papel chave do profesorado na integración das TIC no sistema de ensino-aprendizaxe. Dúas mestras desta escola participaron na xornada e serviulles para coñecer novas experiencias e ferramentas de traballo, animándoas a continuar potenciando o uso das TIC no centro.

CREAMOS

Traballar con masa de sal foi todo un éxito. Os nenos e nenas gozaron coa actividade de amasado, modelado e posterior pintado das figuras creadas. Nada máis que contar, visualizade a presentación e enviade os vosos comentarios. Un saúdo. Angela.










venres, 18 de maio de 2012

HOXE CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

Valentín Paz-Andrade (Pontevedra, 1898 - Vigo, 1987)
Este ano dedícase o Día das Letras Galegas a este home polifacético que destacou como xurista, economista, político, empresario, ensaísta, poeta e xornalista. Sempre tivo presente, tanto na súa obra literaria como na súa faceta empresarial, a Galicia e á súa lingua.
Podes consultar a súa biografía e obra na seguinte páxina: http://www.valentinpazandrade.es/

Nos seguintes arquivos podes visualizar os carteis, publicados pola Xunta de Galicia, que forman parte da exposición que está situada  nos distintos andares da escola.

Hoxe, dende as 12h. traballamos en conxunto para acadar completar o album de D. Valentín Paz Andrade. Aprendimos moitas cousas e  pasámolo fenomenal. Por se non revisachedes as mochilas ou simplemente non tivechedes tempo de lelo, aquí o tedes:


Unha vez rematados os albumes, cada curso leu unha poesía e para finalizar a celebración cantamos o noso Himno. Agora imos ver como traballamos.

Angela Novoa Blanco.

martes, 15 de maio de 2012

O ILUSTRADOR ABRAHAM CARREIRO ESTIVO HOXE NA NOSA ESCOLA.

Outra das actividades realizadas para celebrar o Día Mundial do Libro foi a visita de Abraham Carreiro, un grande ilustrador de contos e de bandas deseñadas, con él tivemos a oportunidade de aprender e pór en práctica diversas técnicas de debuxo.Cunha gran rapidez comezou a crear divertidos personaxes enchendo un papel branco nun intre. Presentounos aos seus piratas cibernéticos, mentres, explicába como conseguir corpos proporcionados, expresar sentimentos,... Falamos do seu libro Xoeliki, aventuras dun ciberpirata e aprendemos a debuxar os personaxes. Tanto o alumnado como o profesorado puxeron moito interese nas cousas que  contaba. Aquí tedes imaxes da súa visita. ANGELA NOVOA BLANCO.

FINA CASALDERREY VISITA A NOSA ESCOLA.

Outra das actividades entorno ao Día do Libro foi a visita de Fina Casalderrey á nosa escola.

Naceu en Xeve (Pontevedra). Dende os dezanove anos, exerceu a profesión de mestra .O pasado venres día 11 achegouse á nosa escola para falar con nós dos libros que estivemos a ler dela. É moi simpática e fixo que estivesemos atentos en todo momento. Gustoulle moito a nosa mascota, Picolindo, que decidiu darlle unha aperta de agradecemento.
Esta mestra escribiu moitos libros e ademáis colabora en prensa e revistas especializadas, así como en diversos eventos literarios (congresos, xurados, pregóns, charlas-coloquio, mesas redondas...), desenvolvendo conferencias relacionadas coa LIX, a Gastronomía... e recibiu moitos premios e distincións honoríficas, unha delas polo libro que limos os nenos de terceiro e cuarto de primaria "CHAMIZO".









ANGELA NOVOA BLANCO

OBRADOIRO DE ALIMENTACIÓN.O CLUB VITAMINAS.

Fai uns días, os nenos e nenas do primeiro ciclo de educación primaria, tivemos unha visita moi especial. Ángela, a representante de FRUTAS NIEVES, veu desinteresadamente a facernos un obradoiro de alimentación, que tiña como finalidade  fomentar hábitos de alimentación saudables. Este obradoiro non so o fan na nosa escola senón que o desenvolven en distintos colexios de Vigo e a súa contorna.Organizaron unha degustación de froitas variadas. Había plátanos, mandarinas, mazás, amorodos, piña, kiwis, melón , sandía,... Cada un de nos colleu un pauciño e fixo unha brocheta de froitas. A algúns soubéronos unha chea!!! De feito NON DEIXAMOS NADA!!! E como fomos moi bos catadores de froitas, para rematar agasalláronnos cun vale para visitar unha tenda próxima de FRUTAS NIEVES, e recoller un agasallo do Club vitaminas. Pasámolo moi ben.

.
 
 Angela Novoa Blanco.

DÚAS SORPRESAS:Unha de piscina e outra do mar.


Onte sábado ,día 12 de maio, disputouse en Vigo o Open Escolar de natación na súaV edición. Como en anos anteriores o evento estivo organizado polo C.N.Galaico e oC.N.Rías Baixas.  Catro alumn@s da nosa escola pertencen a este equipo.
 As probas que se nadaron foron 25 crol, 25 espalda e os relevos 4x25 crol. Este evento que fomenta a natación de base, xa un clásico na cidade, é apoiado e moi valorado polas institucións, que son conscientes da importancia do deporte nos nenos/as en idade escolar. Un total de 75 futuros deportistas non federados representaron a 10 colexios de Vigo e os seus arredores, moitos deles participaron en todas as edicións. O graderío estivo completo por parte de pais e familiares que disfrutaron cos nen@s nun deporte tan complicado como é a natación.
Na nosa escola participaron tres alumn@s:

Ingrid Caamaño Tubío,
Nicolás García Iglesias e,
Sandra Caamaño Tubío.
 Para a entregada entrega de medallas,trofeos e diplomas, o evento contou coa presenza do alcalde de Vigo D.Abel Caballero e o concelleiro de deportes D. Manel Fernández, aos cales entregaron aos nosos alumnos dúas medallas de bronce e unha meritoria medalla de ouro. Foi unha pena que non se puidesen anotar ao evento máis alumnos/as, pois non puidemos participar nas remudas e quedamos sen opción ao trofeo.
GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!
O NOSO CAMPIÓN ,NICO,E OS SEUS MOMENTOS ESTRELARES.
A OUTRA SORPRESA FOI DE MAR:
PEIXE LÚA OU MOLA-MOLA.
Os nenos/as da profe Rosa fixeron un proxecto sobre o "Peixe Lúa" e,a derradeira semana déronnos invitacións para asistir ao evento na súa aula.
Foi moi divertido e os nenos/as de 4 anos demostraron ser uns verdadeiros expertos neste extrano e descoñecido peixe.
Na  presentación veredes todo o aprendido,pero antes,o vídeo do Mola-Mola ou Peixe Lúa.
Esperamos que vós aprendades algo tamén.


EXPOSICIÓN "PEIXE LÚA" OU MOLA-MOLA. - FOTO MONTAXE REALIZADO POLA PROFE MARICRUZ.


MOITAS GRAZAS Á PROFE ROSA E ÓS NENOS/AS DE 5º DE EDUCACIÓN INFANTÍL.

luns, 14 de maio de 2012

A NOSA ESCOLA PARTICIPA NO V OPEN ESCOLAR DE NATACIÓN.

 Onte sábado día 12 de maio, disputouse en Vigo o Open Escolar de natación na súa V edición. Como en anos anteriores o evento estivo organizado polo C.N.Galaico e o C.N.Rías Baixas.  Catro alumn@s da nosa escola pertencen a este equipo.
 As probas que se nadaron foron 25 crol, 25 espalda e os relevos 4x25 crol. Este evento que fomenta a natación de base, xa un clásico na cidade, é apoiado e moi valorado polas institucións, que son conscientes da importancia do deporte nos nenos/as en idade escolar. Un total de 75 futuros deportistas non federados representaron a 10 colexios de Vigo e os seus arredores, moitos deles participaron en todas as edicións. O graderío estivo completo por parte de pais e familiares que disfrutaron cos nen@s nun deporte tan complicado como é a natación.
Na nosa escola participaron tres alumn@s:
  • Ingrid Caamaño Tubío,
  • Nicolás García Iglesias e,
  • Sandra Caamaño Tubío.
 Para a entregada entrega de medallas,trofeos e diplomas, o evento contou coa presenza do alcalde de Vigo D.Abel Caballero e o concelleiro de deportes D. Manel Fernández, aos cales entregaron aos nosos alumnos dúas medallas de bronce e unha meritoria medalla de ouro. Foi unha pena que non se puidesen anotar ao evento máis alumnos, pois non puidemos participar nas remudas e quedamos sen opción ao trofeo.
GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!

ANGELA NOVOA BLANCO