xoves, 24 de maio de 2012

DÚAS MESTRAS DA ESCOLA ASISTEN A EDUCACLIC.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou onte na II xornada de novas tecnoloxías ‘Educaclic’, celebrada en Santiago de Compostela. O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, José Luis Mira, representou ao departamento educativo da Xunta de Galicia nesta cita. Durante a inauguración, o director xeral salientou o papel chave do profesorado na integración das TIC no sistema de ensino-aprendizaxe. Dúas mestras desta escola participaron na xornada e serviulles para coñecer novas experiencias e ferramentas de traballo, animándoas a continuar potenciando o uso das TIC no centro.

2 comentarios:

  1. Queremos agasallarvos co premio Liebster "de blog en blog..." como recompensa ao voso esforzo e traballo. Parabéns!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitísimas grazas polo recoñecemento!! A xestións de blogues é un traballo continuo e un esforzo de todos. Saber que pertencemos a unha comunidade educativa que comparte e premia o esforzo é un orgullo!!

      Eliminar