martes, 24 de novembro de 2020

25 de santos, DIA DA NON VIOLENCIA

 Hoxe, mércores 25 de santos, é un día moi especial. Os organismos internacionais establecen esta data como o DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO. 

Xorde do movemento feminista latinoamericano (1981),  pola data na que as irmáns Miralba foron asasinadas na República Dominicana. Este movemento tivo tanta forza que no ano 1999  a ONU, estableceu oficialmente esta data  para conmemorar o movemento.

Na nosa escola festexamos que todas as persoas, homes e mulleres, vivimos en igualdade.

Agradecemos a vosa participación neste vídeo tan significativo. Esperamos que vos guste tanto como a nós.






 


 

luns, 23 de novembro de 2020

OS PEQUENOS ARTISTAS DOS CONTOS

 Estamos artellando un mural, precisamos darlle forma ao cartaz do tema anual:

NO RESÍO CONTAMOS MOITO

Nas aulas de primaria o alumnado está traballando arreo. Faltan poucos días para que gocemos del na parede da biblio.

Esperamos que sexa do voso agrado.


 

domingo, 22 de novembro de 2020

FUNDACIÓN FRANCISCO DE SALES

 O alumnado do 5º e 6º cursos da E. P.  visitaron o xoves 19 a Fundación Sales, onde aprenderon moitísimas cousas sobre o mundo vexetal e mesmo plantaron unha leituga que levaron para as súas casas.

Un día espléndido acompañounos durante a súa visita, á que foron camiñando por unha ruta, elaborada sobre mapa, polo alumnado de 6º.


ESTUPENDA SAÍDA!!!

👌🌲🌴🌵



xoves, 12 de novembro de 2020

CONTANCHO AS MATEMÁTICAS

 

Ao longo deste curso escolar, a nosa escola participará no programa educativo:

" Te lo cuentan las matemáticas"

  Búscase o fomento da vocación matemática no alumnado do sexto curso de educación primaria. É un programa financiado polo Ministerio de Ciencia e pola Universidade de Vigo. 
Levaranse a cabo dous obradoiros por trimestre. Este mes xa desenvolvimos dous, o primeiro versou sobre a criptoloxía, traballamos coa figura de Julio Cesar, e as súas mensaxes secretas en clave 3 .
 
No segundo obradoiro falamos dos algoritmos e traballamos co SCRATCH.
A rapazada gozou en ambos obradoiros.
 
 




Xa estamos á espera dos seguintes!



martes, 10 de novembro de 2020

MAGOSTO 2020

 
Que gañas tiñamos, por fin chegou o mes de Santos, un mes que comeza co SAMAÍN, e que continúa co MAGOSTO. A rapazada apañou as castañas para poder celebrar esta celebración tan popular na nosa terra.
Hoxe, celebramos o noso CORONA-MAGOSTO. Un magosto diferente, pero moi emocionante. 
Hoxe, a nosa castañeira, traía un día espectacular, gozamos do VERANIÑO DE SAN MARTIÑO.
 
Nesta ocasión non puidemos contar coas familias no centro, pero si que tiñamos dúas representantes da ANPA, que estiveron asando toda a mañá as castañas para a rapazada.

 
Mentras elas traballaban arreo, o alumnado gozou de obradoiros nas aulas e xogos nos diferentes espazos do patio.  
Carreiras de sacos, castañas culleres, peóns, zancos, tragacastañas, música,...
Para finalizar a xornada coa gran castañada.
Xa estamos desexando facer outro. 
 
 
 
PREMA NA IMAXE PARA GOZAR DO NOSO MAGOSTO.
 





 

luns, 9 de novembro de 2020

Esconxuros no Samaín 2020

Durante os días do Samaín  est@s meigas e bruxos viñeron pola biblioteca nos recreos e contaron esconxuros máxicos , moitos nenos perdidos, névoas, chuvias e demais andiveron por estes lugares.






domingo, 8 de novembro de 2020

CANCIÓN DOS ESQUELETOS EN SAMAIN

Este curso, pola culpa do protocolo contra o Covid 19, o grupo de 6º  interpretou a canción desde a aula de música sen poder colaborar co grupo de 5º e sen poder facelo en directo para todo o colexio coma outros anos, polo mesmo motivo só puideron usarse 4 frautas, as demais foron sustituidas por instrumentos de percusión de láminas. Uns artistas !!!!


martes, 3 de novembro de 2020

RECUNCHOS DE MEDO #NaCasa2020

 Pediamos na convocatoria desta proposta que utiizarades a vosa imaxinación, que crearades o voso tunel do medo, real ou imaxinario, no corredor, na sala ou nunha habitación,...

Pediamos que simularades nunha caixa, nun caixón. Disfrazarse, porque non? Utilizar bonecos tamén era boa opción.

Queriamos que nos sorprenderades, e a verdade é que tedes moita imaxinación. Dende a escola esperamos que pasarades un Bo Samaín, con diversión en familia.

Aquí todas as vosas creacións.

Se premes nesta imaxe, poderás visualizar o vídeo de todas as vosas creacións.
 

 





domingo, 1 de novembro de 2020

SAMAÍN NO RESÍO 2020

 GRAZAS!

GRAN COLABORACIÓN DAS FAMILIAS!

SAMAÍN, festa tradicional galega que significa "fin do verán". É unha festa de orixe Celta que celebraba o final da tempada de colleita e marcaba o inicio do "ano novo".

A proposta do centro tivo unha grande acollida. Nenos e nenas, chegaron orgullosos á escola e locen a súa cabaza. Fermosas creacións. A rapazada contannos quen lle axudou, a súa nai, o seu pai, o seu irmá, a súa avoa, o padriño,...

 Fixemos tres exposicións de cabazas, tantas como portas de entrada temos na escola. 

Deunos mágoa que as familias non poideran nesta ocasión, por mor do protocolo Covid, ver as exposicións e gozar cos túneles do medo, que este ano tiveron que duplicarse.

Compartimos as imaxes para que poidades gozar do traballo desenvolvido na escola.


 


Para gozar de todas as imaxes do Samaín Preme AQUÍ.