venres, 30 de outubro de 2026

FESTA DO SAMAÍN

Hoxe, na porta da escola non estaban os nenos e nenas de sempre, cadaquén transformouse no que máis lle petou, bruxas, pantasmas, noivas, cabazas, cociñeiros ensangrentados, momias e vampiros entre outros foron os que viñeron no día de hoxe a clase. Un día de clase especial. Túnel do medo, sesión fotográfica, croma, xogos de patio é.... resolución do concurso de microrrelatos.

Aquí tedes a foto do grupo  de cuarto de primaria. Estaban todos guapísimos! 

Que dicir do túnel do medo. Entre risos tiramos fotos a Eugenio, o camareiro, a bruxa do saltón no naríz, a bruxa verde, a bruxa namorada,... e como non, coas fermosas cabazas que seseñastes entre tod@s.
Algún personaxe era novo no noso túnel, outros non, polo que tivemos que achegarnos para coñecelos ben!


Antes de baixar ao tempo de lecer, desfrutamos dunha merenda terroríficamente dixerida,... 

Canta diversión!

Entregaronse os premios aos gañadores do concurso, chuches para tod@s @s participantes e...

 

sen darnos conta, a festa rematou! 

E non podemos esquecernos do marabilloso concerto co que nos deleitou o alumnado do terceiro ciclo. 

Aquí tedes a ligazón de tódalas fotografías tomadas no día de hoxe https://photos.app.goo.gl/5Yw9JsRZuBw25pjJ7 

IX CONCURSO DE MICRORRELATOS DE MEDO

 

mércores, 28 de outubro de 2026

A GRAN PAULA CARBALLEIRA NA ESCOLA DO RESÍO

Hoxe tivemos a sorte de contar na escola coa escritora, actriz, directora pero sobretodo narradora oral ou contacontos, Paula Carballeira. 

Fixo gozar a todos e todas as familias presentes dun grande espectáculo de oralidade. Gozamos tanto que xa estamos á espera de volver contar con ela. 

 

Esta contada monstrosa, puido desenvolverse grazas á participación da escola no programa LECTURA E FAMILIAS.


 

sábado, 24 de outubro de 2026

DÍA DA BIBLIOTECA


O pasado 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas, unha data especial para lembrar a súa importancia. Na biblioteca estamos con compañeiros, aprendemos moitas cousas, descubrimos outras e sobre todo, botamos a voar a nosa imaxinación. Porén, o traballo da nosa biblio non se limita a celebrar este día, unha xornada concreta, senón que continúa día a día, cunha actividade constante que busca achegar os libros á rapazada e converter a lectura nunha compañeira inseparable na súa vida e que lle axudará a crecer como persoas.

Ao longo do curso, a biblioteca convértese nun espazo dinámico e acolledor no que suceden moitas cousas:

  • realizamos empréstitos, 
  • entregamos os carnés de lectores e as carpetas da biblioteca,
  • acompañamos o alumnado nas súas primeiras experiencias lectoras e ofrecemos novas oportunidades para descubrir historias, coñecer  autores e... sobretodo coñecer mundos sorprendentes. 
  • facilitamos o entretenemento cos xogos educativos da nosa Picoludoteca,
  • convocamos torneos de xadrez, parchís, cartas,... 
  • polo Samaín, facemos conxuros de medo,
  • no Nadal, escribimos cartas,
  • resolvemos semanalmente os adiviñas e enigmas do Doutor Bacilus
  • ... e moitas cousas máis.

Celebramos o Día da Biblioteca por todo o alto. Recibimos a Picolindo con moita ilusión. 

Picolindo, encargouse de animar a festa, contaxiando a súa alegría a toda a rapazada. Houbo  moitos momentos para lembrar. Unha celebración chea de ilusión que nos permitiu compartir que pertencemos a unha escola  na que os libros e a lectura son grandes protagonistas.

Picolindo axudounos a entregar carnés e carpetas viaxeiras aos novos usuarios e usuarias,

  repartiu unha maleta viaxeira para cada aula,

  e trouxo todos os libros para os 8 clubs de lectura do alumnado, que, ademais de levar a ansiada lectura, recolleu o novo carné de socio/a. 



Desde a biblioteca escolar seguiremos traballando con ilusión para que os libros estean sempre ao alcance de todos e para que a nosa comunidade educativa continúe medrando arredor da lectura. Agora é o tempo das familias, para eles ofreceremos dúas lecturas para este trimestre. En breve, faremos a primeira xuntanza!

E, por suposto, coa alegría e a enerxía de Picolindo, seguiremos lembrando que ler é unha festa!

 

xoves, 22 de outubro de 2026

PREPARANDO O SAMAÍN

Meigas, trasnos, bruxas, curuxas, ... Gatipedros, Mouras, Maruxainas, Loboishomes,...

Todos son personaxes do noso Samaín. Na escola estamos a preparar o túnel do medo. Coñeces aos personaxes que moran nel?  


 



xoves, 15 de outubro de 2026

DOS MONSTROS ÁS GÁRGOLAS

 Unha vez creados os monstros, pasamos a falar das gárgolas e a centrarnos na Catedral de Santiago, que visitaremos en breve.

Seguimos a tirar da nosa imaxinación e... como sería a nosa escola con gárgolas?

Por que non ten o edificio de pedra gárgolas?

Imaxinamos é creamos... 

 


 


mércores, 14 de outubro de 2026

HOXE, SAÍMOS NA PRENSA CO NOSO PROXECTO DE RECICLAXE DOS MONSTROS

 






Dentro do proxecto anual de centro e enmarcados na temática dos monstros e a reciclaxe, o alumnado do cuarto curso de primaria desenvolveu un obradoiro de creación  con material de refugallo. Madeiras e cartóns foron suficientes para desenvolver a súa creatividade. Con maña, tesoiras, silicona, entre outras cousas, pasaron unha sesión divertida de xeito colaborativo.

 Cantos monstros!,

 Canta imaxinación!


COMEZA A REFORESTACIÓN

 O pasado venres, Picolindo fixo unha chamada ás familias e as primeiras respostas non tardaron en chegar.

 

 

  

Grazas pola vosa colaboración! 

martes, 13 de outubro de 2026

CONCURSO DE MICRO RELATOS DE MEDO E MISTERIO


Como todos os anos coa chegada do Samaín, convocamos as familias para participar no Concurso de Micro-relatos de Medo e Misterio.

Atentos as normas para os vosos relatos:


NORMAS para os relatos: 

1- Os microrrelatos terán que estar elaborados en Lingua Galega.

2- Todos os microrrelatos serán presentados en formato de VÍDEO

3- O tema ten que ser de medo ou de misterio.

 Pode esta relacionado ou ambientado en CAMIÑOS, como o tema anual

 do centro.

4- Deben de ter unha duración máxima de TRES MINUTOS. 

5- Establécense 2 categorías: 

  • PEQUES (4º de Ed. Infantil ata 2º de Ed. Primaria)  e 
  • MAIORES (3º a 6º de Ed. Primaria)

6- Tedes que envialos por unha destas canles: 

  • E mail: juanlf@colexiorocio.com 
  • WasApp da nosa escola 658715569 
  • Traer á escola nun Pen drive 

7- A data límite para entregar os vosos relatos será o...

 LUNS 26 de  outubro ás 23:59h. 


Os microrrelatos de misterio e medo serán avaliados tendo en conta os

 seguintes  criterios: 

  • CRITERIOS DE PUNTUACIÓN
  • A corrección idiomática   
  • A participación do alumnado 
  • A entonación e interpretación
  • A estrutura do relato (O guión): inicio, nó, e desenlace. (Non  ten que ser necesariamente nesa orde!)
  • Os efectos especiais


 O venres 30 de outubro teremos a estrea oficial dos microrrelatos
 
 finalistas e coñeceremos os gañadores das diferentes categorías do
 
 concurso. 
 

venres, 9 de outubro de 2026

VOLVEMOS REFORESTAR?



O pasado curso, tras a vaga de lumes que sufriu a nosa terra, reforestamos os montes de Beade. Este curso, traballando o Camiño, decatámonos de que moitos dos seus tramos carecen de sombra. Por iso, dende a escola queremos contribuír á súa reforestación plantando árbores autóctonas, como castiñeiros e carballos, máis resistentes ao lume.
Precisamos da vosa colaboración! 
Durante a fin de semana, recollede landras e castañas acabadas de caer das árbores, desta tempada, e preparádeas seguindo as indicacións da guía adxunta. 
Cando medren as pequenas árbores, organizararemos unha saída en familia para plantalas.
Podedes enviar imaxes do proceso ao wasapp da escola , 658715569, indicando onde foron recollidas as sementes.
Moitas grazas!

 




mércores, 7 de outubro de 2026

PENSAMOS...

 Na aula Steam seguimos a traballar o pensamento computacional, atención, traballo en equipo, inclusión, pensamento crítico e a aceptación do erro e a paciencia.

 





 

COMEZAMOS... CLUB DE LECTURA

 Esta semana, no clube de Picolindo, fixemos a escolla das nosas primeiras lecturas deste curso: 8 libros en 8 clubes. 


 

Familias, estade atentas e ide quecendo que sodes as seguintes!