Aproveitando que levamos un tempo a falar, na aula de 4 anos, da praia de San Miguel de Bouzas, dos moluscos da Ría e aprendendo a tocar as cunchas de vieira coa profe Maricruz
coa cantiga da historia de Carmiña e Michel..."Ven bailar Carmiña", fixemos unha pequena composición de polbos violetas. O violeta foi a cor estrela deste mes e as súas variedades de lila e morado.
Con materiais de reciclaxe: tubos de papel hixiénico, boliñas deste papel e outros materais, recollidos pola profe e algúns nenos/as na enseada de Bouzas, fixemos este recunchiño da Ría.
Perecho máis eu fixemos uns para nós cando ninguén nos miraba.
Encántanme os polbos, como viven e o bonitiños que son, pero sobre todo á galega, á brasa e na empanada de millo, hi, hi, hi...
Comede moito polbo, pois regula a glucosa no sangue, ten moitas proteinas, non engorda e baixa a presión arterial, sen sal nin pemento picante, evidentemente.
Aquí vos deixo a receita do polbo á galega.