Onte
sábado ,día 12 de maio, disputouse en Vigo o Open
Escolar de natación na súaV
edición. Como en anos anteriores o evento estivo organizado polo C.N.Galaico e oC.N.Rías Baixas. Catro
alumn@s da nosa escola pertencen a este equipo.
As probas que se nadaron foron 25 crol, 25 espalda e os relevos 4x25
crol. Este evento que fomenta a natación de base, xa un clásico na cidade, é
apoiado e moi valorado polas institucións, que son conscientes da importancia
do deporte nos nenos/as en idade escolar. Un total de 75 futuros deportistas
non federados representaron a 10 colexios de Vigo e os seus arredores, moitos deles
participaron en todas as edicións. O graderío estivo completo por parte de pais
e familiares que disfrutaron cos nen@s nun deporte tan complicado como é a
natación.
Na nosa escola participaron tres alumn@s:
Ingrid Caamaño Tubío,
Nicolás García Iglesias e,
Sandra Caamaño Tubío.
Para
a entregada entrega de medallas,trofeos e diplomas, o evento contou coa
presenza do alcalde de Vigo D.Abel
Caballero e o concelleiro de
deportes D. Manel Fernández, aos cales entregaron aos nosos alumnos
dúas medallas de bronce e unha meritoria medalla de ouro. Foi unha pena que non
se puidesen anotar ao evento máis alumnos/as, pois non puidemos participar nas
remudas e quedamos sen opción ao trofeo.
GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!
A OUTRA SORPRESA FOI DE MAR:
|
PEIXE LÚA OU MOLA-MOLA. |
Os nenos/as da profe Rosa fixeron un proxecto sobre o "Peixe Lúa" e,a derradeira semana déronnos invitacións para asistir ao evento na súa aula.
Foi moi divertido e os nenos/as de 4 anos demostraron ser uns verdadeiros expertos neste extrano e descoñecido peixe.
Na presentación veredes todo o aprendido,pero antes,o vídeo do Mola-Mola ou Peixe Lúa.
Esperamos que vós aprendades algo tamén.