O martes 23 de abril, os alumnos de 5º e 2º de Ed. Primaria fixemos unha visita ao monte comunal de Matamá.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiIeMlFhP0kSusv8njLr3cAjYyEVgq9jVi7S6dmmSPAo281fy-fE9A71f46I-TSpudz7JCftRewjfrXB-L5KQFOhjFPtC093ksFr4BZE8h08VAF1ddwlrqVDzdswvYmg6h46SFEofpfreYbd3YryBOPx73gFTHnEbUSxvQeoJMCwSfe1hfk2CzNJW4KBdo/w640-h482/IMG-20240604-WA0028.jpg)
A
maior parte deste monte está dedicada ao monocultivo de eucaliptos.
Porén, existe un reducido espazo no que a Comunidade de Montes coida dun
pequeno bosque mixto de árbores autóctonas: A Fraga das Alvorezas.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhsRpEjk_nYLo_SUFLsx-eUnA6lGZAsLUmeavcC_qgoMwnfrMIAgM7gJpiXwld_xETh6f3kB6DownGkoNfo7vungCWk8Qi7Rrbca1ZFHhuBkyz6pOCqtTCAYj3ayzSr3Q1eyfg2_jfB2p0S0kXpqQy_fj1V3L_Nhdra0_EvILrqYF10qr8ayzaDz4WBpJQ/w640-h482/IMG-20240604-WA0029.jpg)
Neste
espazo, plántanse árbores autóctonas e protéxense as árbores pequenas,
fanse casas-niño para os paxaros e tamén se está a facer un traballo de
recuperación das vacalouras, para o que é preciso que haxa no bosque
madeira vella en descomposición.
FAUNA
As especies vexetais que atopamos foron moitas. Destacamos as seguintes:
- Carballos
- Castiñeiros
- Estripeiros
- Érbedos
- Loureiros
- Acivros
No
ano 2017, os incendios que arrasaron boa parte deste monte de Matamá,
apenas produciron efectos sobre esta fraga. A diferenza dos eucaliptos,
as árbores caducifolias amorteceron a calor do lume, véndose só
afectadas as que estaban no perímetro da fraga e máis próximas aos
eucaliptos.
FAUNA
Moitos dos animais que viven
na fraga das Alvorezas agacháronse cando non viron a tanta xente facendo
barullo no monte. Aínda así, atopamos algúns dos seus moradores:
- Paxaros
- Escaravellos
- Arañas
- Avelaíñas
PETRÓGLIFOS
Ao
rematar a visita á Fraga, fomos ver o cervo das Millaradas. Pero este
non é un cervo real, senón un petróglifo gravado na pedra hai máis de
catro mil anos polos habitantes prehistóricos deste lugar.