Durante a última semana de Xaneiro as nenas e os nenos de 1º a 4º participaron voluntariamente no creación e no recitado de poesías de PAZ que despois eles mesmos grabaron.
Por fín chegou o ENTROIDO, unha festa tradicional e divertida que tivemos o gusto de celebrar.
Para levala a cabo, por mor da COVID-19, tivemos que modificar moitas das cousas que faciamos en anos anteriores. Cumprindo o protocolo establecido e coidando todas as medidas de seguridade que necesita o momento actual, renunciando ao pasarrúas na nosa vila de Bouzas, seguimos contando coas familias que colaboraron na montaxe dunha fermosa pasarela, na que dende os máis cativos ata os maiores desfilaron engalanados cos seus fermosos disfraces.
O día acompañou, e nun día capicúa, 12-02-2021, no que brillou o sol, as cores do entroido invadiron a escola.
O día transcurriú rápido e logo do traballo nas aulas, baixamos ao patio de infantil onde sacamos as tradicionais fotografías de grupo.
4º EI: NIN BOS NIN MALOS, LOBO FEROZ.
5º EI: OS FEITICEIR@S DOS CONTOS: MEIGAS.
6º EI: ANIMAIS DE CONTO
1º EP: LUGARES DE CONTO
2º EP: OS PRINCIPES E AS PRNCESAS DOS CONTOS
3º EP:OS IMAXINARIOS DOS CONTOS: FADAS, ELFOS, SEREAS, ALICORNIOS E DRAGÓNS
4º EP: APÓCEMA MÁXICA.
5º EP MONIFATES DE CONTO
6º EI MONICREQUES DE LENDA
Tivo lugar o xuizo do Meco, o Sr. OGROVIRUS, ao que rifamos e castigamos por todo o que nos fixo subrir ao longo da semana. A sentenza foi clara, ducha de viricida, máscara e vacina.
Nós gozamos moito da festa e esperamos que os rapaces chegasen a casa cun gran sorriso neste día tan especial.
Hoxe queremos visibilizar a todas as mulleres que ao longo da historia do mundo teñen traballado na ciencia pero que parecían invisibles.
Entra nesta actividade, participa, xoga e toma nota: ao mellor dentro dun tempo algunha de vos estades nunha lista así.
Quen sabe?
Gustouche ?
Escribe aquí abaixo nos comentarios (ou ao correo da biblioteca : biblioteca@colexiorocio.com) o teu nome contando cales son as 5 mulleres científicas ou inventoras que máis te interesaron e por que.
Recibirás un PIKEURO por cada unha!!!
Parece mentira pero,... xa é tempo de Entroido. O tempo pasa e xa estamos preparados para gozar desta festa tan tradicional.
Hoxe apareceu un monstro na escola, verde, e moi feo, uns pensan que é un moco, outros que é o COVID-19, outros... O certo e que é un vilán, un vilán dos contos, é un OGRO.
Todos teñen razón, é o...
OGROVIRUS
Hoxe
xa comezou a facer das súas, e deunos un mandadiño, aquí o tedes, en
tempo de pandemia temos que facer unha retransmisión, non podemos
xuntarnos, polo tanto, temos un MECO virtual.
Este curso costounos moito montar a mochila, e temos que agradecer enormemente á ANPA a fabricación duns fermosos teatriños para que en familia deixedes voar a vosa imaxinación e crear fermosas historias para gozar delas na escola.
O prometido é débeda, o venres celebramos na escola o DÍA DA PAZ.
Todos os anos xuntabámonos no patio para cantar unha canción; este ano,
non ía ser menos, para celebralo adaptamonos as novas circunstancias
pola COVID-19, e... cantando todos ao unisono nas nosas aulas, e coa
axuda das novas tecnoloxías... esto é o que sucedeu.
Hoxe conmemoramos na escola o DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA, unha celebración moi especial que levamos preparando coas familias dende hai días.
Grazas, pola vosa axuda, grazas pola vosa colaboración, grazas...
Neste ano tan especial, no que as celebracións conxuntas non están permitidas, e nun momento de alto risco sanitario, decídese facer unha celebración nas aulas coa colaboración das familias.
FAGÁMOLO XUNTOS!
Moitas, moitísimas as fotos e preciosas todas e cada unha delas, para formar entre este marabilloso equipo da comunidade educativa do Resío, este fermoso agasallo de paz.
Contamos coa aprobación de CÉ ORQUESTRA PANTASMA, para utilizar as súas cancións na montaxe.
Unha terceira carta chegou á escola, por fín descubrimos o misterio de Picolindo. Él proponnos un RETO EN FAMILIA. Esta é a nosa proposta:
Elexide algunha personaxe de conto. Debuxádea na folla do concurso.
Buscade un recuncho de Vigo, onde imaxinedes que a vosa personaxe lle gustaría vivir. Podedes imprimir unha foto e colala na folla do concurso ou debuxala.
Recortade as personaxes dos contos debuxadas e coládea no debuxo ou fotografía elexida.
Agora tedes que imaxinar e entre todos, redactaredes a historia que inventedes coas personaxes do conto e o lugar elexido para vivir.
Debedes utilizar sempre as follas de participación no concurso.
Coidade a orde e limpeza do traballo entregado.
A historia ten que estar redactada en galego.
Animádevos a participar; é moi divertido!
O prazo de entrega é ata o xoves 18 de febreiro, xusto á volta das vacacións de Entroido.
Haberá premios pola participación, pola orixinalidade, a creatividade, a ilustración,...
Iago non podía crelo, hoxe, volveu atopar a caixa de correo chea de cartas, de novo, cartas escritas pola nosa mascota, Picolindo; todas dirixidas aos rapaces de todas as aulas da escola. Primeiro púxose triste, él tamén quería unha carta, e logo pediulle a unha mestra que lle contase o que acontecera nos vitrasas, pois o día anterior estivo limpando a biblioteca coa fregona e os rapaces enfadaronse con él cando baixaron á biblioteca a ver as pegadas das personaxes dos contos e él lles contou que as limpara coa fregona, pois él non sabía nada do acontecido.
Cando as mestras leron esta intrigante carta, os rapaces comezaron a pensar, a indagar, ... Os mestres pedimosvos que nas casas lles axudedes pero...
Hoxe, o noso porteiro Iago, estaba moi nervioso cando chegamos á escola. Como tódalas mañás, foi abrir a caixa de correo e... parecía que levaba semanas sen abrila. A caixa de correo estaba chea de cartas; ían dirixidas as distintas aulas da escola e estaban escritas pola nosa mascota, Picolindo.
O alumnado do 5º e 6º cursos de E.P. recibiron o mércores 13 a unha experta do CEIDA na escola. Verónica, que así se chama, explicoulles que é unha pradeira mariña e fíxolles ver a sorte que teñen por vivir moi preto de unha. A charla foi moi interesante!!!
O venres 15, o mesmo alumnado, acompañado de catro expertos do CEIDA, visitaron, coñeceron e estudaron a pradeira mariña de Bouzas. Desenvolveron unha interesantísima investigación. Esta, continuará no mes de marzo cunha nova visita á pradeira da praia de Bouzas para ver e analizar os cambios ocorridos nestes meses.
Aquí podedes velos desenvolvendo
a súa investigación.
Mesmo descubriron unha posta de chocos!!!
Coñeceron as plantas mariñas con flor e aprenderon a distinguilas das algas. Observaron a cantidade de plantas que hai e mesmo calcularon a porcentaxe de cobertura de plantas.
Aproveitaron, tamén, para recoller todo o lixo que atoparon.