martes, 8 de xuño de 2021

8 DE XUÑO DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS

 Conmemoramos o Día Mundial Dos Océanos  creando un mural alusivo e visitando o  tesouro que hai na  praia do Adro (unha fantástica paradaría mariña), onde nos demos un baño no noso océano; o Atlántico.

 Unha experiencia inesquecible que nos fará valorar a importancia do coidado dos nosos mares e praias.




 

Gozando do océano Atlántico

O noso mural dos océanos
Metid@s no Atlántico

luns, 7 de xuño de 2021

#MONICREQUESNACASA23

Os sete cabritillos pola familia de Mateo Torres. Moitas grazas.

UN MUSEO DE CONTO

Con este pequeno video queremso agradecer a todas as familias a participación nesta fermosa actividade e darvos as grazas, xa que sen vós non sería posible.
Dende hoxe podedes pasar a retirar os vosos traballos, temos que deixar paso a novas iniciativas.
A nosa máis sinceira noraboa.

#MONICREQUESNACASA22

A familia Barcia, deixanos esta fermosa historia.
 Moitas grazas pola vosa colaboración, sodes uns artistas!

xoves, 3 de xuño de 2021

ENQUISA BIBLIOTECA FAMILIAS 20/21

Confiamos plenamente na bondade da eficacia da colaboración familia-escola, por eso gustaríanos a vosa participación cubrindo esta enquisa para coñecer a vosa opinión.

mércores, 2 de xuño de 2021

ENQUISA DA BIBLIOTECA. ALUMNADO 20-21

 Agardamos que participes nesta enquisa queremos coñecer a túa opinión sobra a biblioteca e as actividades que propón, buscando o xeito de mellorala e facer que sexa cada día mellor.