Meigas, trasnos, bruxas, curuxas, ... Gatipedros, Mouras, Maruxainas, Loboishomes,...
Todos son personaxes do noso Samaín. Na escola estamos a preparar o túnel do medo. Coñeces aos personaxes que moran nel? 

Meigas, trasnos, bruxas, curuxas, ... Gatipedros, Mouras, Maruxainas, Loboishomes,...
Todos son personaxes do noso Samaín. Na escola estamos a preparar o túnel do medo. Coñeces aos personaxes que moran nel? 

Como actividade final ao proxecto anual da escola, hoxe tiveron lugar as finais de pasapalabra. Por falta de participación do alumnado na clasificatoria, non se fixo final no primeiro ciclo de primaria, pero sí, no segundo e terceiro ciclo. Os equipos clasificados foron:
Segundo ciclo:
![]() |
| EQUIPO B, SEGUNDO CICLO PRIMARIA |
Terceiro ciclo:
Emocionantes finais nas que se proclamaron gañadores o Equipo B, de ambas finais. Agradecer a participación dos lectores e azafatos de sexto e cuarto curso de primaria.
| EQUIPO A, TERCEIRO CICLO |
Hoxe visitounos Bea, a nai de Uxía (2°EP). Na Lareira dos Contos pasamos un ratiño moi agradable coa lectura do conto "TEA", unha experiencia coa que empatizar coas persoas con esta condición.
Na biblio do cole contamos con este fermoso álbum ilustrado que busca achegar aos lectores e lectoras á realidade das persoas con Trastorno do Espectro Autista dunha maneira moi visual e vivencial. O aspecto máis orixinal do libro é que propón unha experiencia inmersiva: mediante o uso dunhas lentes especiais, os nenos e nenas poden observar unha mesma historia desde dúas perspectivas diferentes. Deste xeito, comprenden mellor como perciben o mundo algunhas persoas con TEA e desenvolven a empatía cara ás súas necesidades e formas de relacionarse.

Moitas grazas, Bea!!!
O gran Ramón Caride, ven falarnos do libro "O misterio das zocas". Este escritor naceu en Cea no 1957. Estudou Bioloxía en Santiago e traballou como profesor de secundaria. É un prolífico escritor que ten cultivado diversos xéneros como a poesía, narrativa para nenos e adultos e o ensaio.
A súa primeira novela publicouse en 1990, Dende entón xa van publicadas varias ducias de libros. Pola súa produción de literatura infantil e xuvenil, foi recoñecido co Premio Merlín. Outros premios foron o Risco ou o Café Dublín, polas súas publicacións de ciencia fición.
Ramón é un dos fundadores da revista A Santa Compaña de Cambados. e tamén ten colaborado como columnista para El Mundo, Faro de Vigo ou O Correo Galego.
Hoxe acudiu a nosa escola para contarnos como escribiu O MISTERIO DAS ZOCAS, da EDITORIAL XERAIS. Falabamos da asombrosa historia de misterios e feitizos.
Contounos polo miúdo a historia familiar das catro protagonistas e dos libros que as precedían. Falamos de persoeiros fantásticos da tradición oral galega, de que todas as historias saen de 6 historias base e de que ás veces hai q facer "sacrificios narrativos", como cortarlle un dedo a un personaxe para poder recoñecelo nun posterior capítulo. Grazas, Ramón. Desexando ler as seguintes aventura.
Hoxe tivemos a inmensa sorte de recibir a Rosa Chapela na nosa Lareira dos Contos.
Rosa, mamá de Martiño, compartiu connosco unha fermosa historia inspirada na súa propia vida, un relato cheo de emoción, lembranzas e aprendizaxes que nos permitiu coñecela un pouco mellor e gozar dun momento verdadeiramente especial.
A súa proximidade, a súa sensibilidade e a súa capacidade para transmitir fixeron que a sesión fose unha experiencia única para todos e todas.
Queremos agradecerlle de corazón a súa visita e o tempo que nos dedicou. Foi un auténtico privilexio contar coa súa presenza .
Grazas, Rosa, por regalarnos a túa historia e por facer deste día un recordo que gardaremos con moito agarimo
Hoxe tivemos a sorte de contar na lareira con Isabel, a nai de Isabel Dieguez do quinto curso de educación infantil.
Contounos unha historia fermosa sobre o seu traballo de fisioterapeuta.
O conto tiña po título:
O PALACIO DO MOVEMENTO
Nesta historia, Sabela, a protagonista, tiña un don especial. As súas mans eran máxicas. Ela era fisioterapeuta.
Grazas por axudarnos e aprendernos tantas cousas!
Encantounos a canción!
E chegou, por fin, a data tan agardada. Despois de semanas de preparativos, ilusión e traballo, o venres 15 de maio celebrouse a II Romaría do Resío, unha festa na que celebramos a festa tradicional dos Maios e o Día das Letras Galegas. Esta data encheu a nosa escola de tradición, música, creatividade e convivencia.
A mañá amenceu gris e ameazando choiva, polo que tivemos que activar os nosos dous plans: o plan de bo tempo e o plan alternativo por se a choiva facía acto de presenza. Coa incerteza no ceo, pero con moita ilusión, ás nove da mañá comezamos a desenvolver o programa intenso da xornada.
O día anterior, xoves 14 de maio, as aulas convertéronse en pequenos obradoiros cheos de actividade. As familias colaboraron na preparación da base do maio e achegaron flores, verde e ovos baleiros, fundamentais para dar forma ao noso maio.
Ao longo da mañá, de 12:00 a 13:10 horas, o alumnado elaborou grilandas de flores e ovos coa axuda do profesorado, enchendo cada recuncho de cor. Unha vez máis, a implicación das familias e do equipo docente foi esencial para facer posible esta celebración.
O venres, ás 8:00 da mañá, colocáronse os caixóns do escenario no exterior, confiando en que o tempo nos daría unha tregua.
Entre as 9:15 e as 10:00, no patio de Infantil, levouse a cabo a montaxe do maio. Acompañando este momento tan especial, todo o alumnado interpretou a canción “Levántate Maio”, co retrouso preparado por cada aula.
Despois, o maio percorreu o patio da escola nun paseo cheo de simbolismo, música e emoción.
Ás 10:00 horas chegou un dos momentos máis agardados: a merenda popular no xardín da escola.
Todo o alumnado acudiu vestido para a ocasión: pantalón vaqueiro, camiseta branca e a viseira da romaría, elaborada grazas á subvención municipal e protagonizada pola nosa querida mascota, Picolindo.
As mantiñas cubriron a herba e as merendas compartidas convertéronse nun espazo de encontro, risas e convivencia. Un deses momentos sinxelos que gardan a verdadeira esencia da escola.
Ás 11:00 horas comezaron os obradoiros interniveis.
O alumnado de Infantil e 1º de Primaria participou en catro propostas:
O resto dos grupos interniveis gozou de oito obradoiros:
Os obradoiros de arxila, coiro e redeiras foron impartidos por Barafunda e subvencionados polo Concello, achegando ao alumnado oficios tradicionais e experiencias únicas, o resto foron organizados e desenvoltos polo profesorado.
![]() |
| FUNGAGATOS |
![]() |
| REDEIRAS |
![]() |
| ROMEIROS E ROMEIRAS |
![]() |
| CHAPA |
![]() |
| OBRADOIRO COIRO |

![]() |
| CARTACES LETRAS GALEGAS |

Cando todo estaba preparado para a gran festa rachada no exterior, coa actuación de Acordeireta no escenario e coa presenza da Concelleira de Educación, a choiva fixo a súa aparición.
Mais, lonxe de deslucir a celebración, a comunidade educativa reaccionou con rapidez e ilusión. Todos nos trasladamos ao ximnasio, que en poucos minutos se converteu nun verdadeiro palco de festa.
O alumnado de 4º de Primaria interpretou, como xa é tradición, o fermoso baile das fitas, enchendo o espazo de cor e harmonía.
A continuación, a música tradicional con Patricia e Alex, ACORDEIRETA, fixo cantar e bailar a toda a comunidade con pezas como Ondiñas veñen e van, A saia de Carolina, Loitar cantando e Canto da esperanza.
Un dos momentos máis especiais da xornada foi a estrea da canción “Sempre Begoña Caamaño”, interpretada por primeira vez en público por Patricia González e Alejandro Balbuena.
Durante días, o alumnado preparara esta actuación en segredo como homenaxe á autora protagonista das Letras Galegas. O resultado foi simplemente extraordinario: emotivo, fermoso e inesquecible.
Como broche de ouro, recibimos a visita do alcalde da cidade, Abel Caballero, quen compartiu unhas verbas de agarimo co alumnado,
Cantou con nós o Himno Galego,
Acompañado por Paula Ojea e lucindo a viseira do Resío, deu a coñecer este fermoso proxecto colaborativo, nacido ao abeiro dos programas de inclusión educativa e da Biblioteca Creativa.
A II Romaría do Resío foi moito máis ca unha celebración: foi unha mostra de comunidade, tradición e escola viva.
Grazas ao alumnado pola súa ilusión, ás familias pola súa colaboración constante, ao profesorado polo enorme traballo realizado e ao Concello polo seu apoio.
Levamos connosco o recordo dunha xornada chea de emocións, música e momentos máxicos.
E xa estamos contando os días para a chegada da III Romaría do Resío.
O Concello agasallounos con bolsas da homenaxeada das Letras 2026.

Miguel Alonso Diz é un escritor galego que tamén destaca como contacontos. Naceu en Madrid en 1976, pero está moi vinculado a Galicia; traballa moito con nen@s e moz@s, facendo obradoiros de escrita, narración oral e promoción da lingua galega.
Encántalle mesturar fantasía, emocións, valores humanos e elementos da mitoloxía galega.
Anair Rodríguez, visita a nosa escola da man da Editorial Xerais, para falar cos cativos da escola da súa Guía Ilustrada dos seres fantásticos qaue viven en Galicia acompañada do seu irmá David Rodríguez, ilustrador da súa obra. Contáronnos cómo se fai un libro dende que se ten a idea ata que chega ás nosas mans.
Anair é viguesa, nada no ano 1978 que é coñecida sobre todo polos seus libros infantís e xuvenís de divulgación cultural e histórica. A súa obra máis famosa é Pioneiras. Galegas que abriron camiño, onde conta a historia de mulleres galegas que foron pioneiras en diferentes ámbitos, como o xornalismo, a ciencia ou a navegación.
David Rodríguez debuxounos varios personaxes e explicounos como elabora as súas ilustracións a través dunha tableta gráfica.
Entregámoslles un traballiño... FEITO A MAN
Eles, asinaron o noso libro e nos agasallaron tamén cunha ilustración fermosa.