Que mellor xeito de comezar o curso que creando monstros no laboratorio?. Nenos e nenas de primaria, traballou o deseño, a liña, a cor e tamén a diferenza entre cores quentes, frias e neutras.
"Laboratorio de monstros" é unha actividade na que o alumnado crea un monstro seguindo uns pasos. Despois experimentarán e descubrirán como cambian dependendo das cores, faremos catro versións do noso monstro.
"Laboratorio de monstros" é unha actividade na que o alumnado crea un monstro seguindo uns pasos. Despois experimentarán e descubrirán como cambian dependendo das cores, faremos catro versións do noso monstro.
1. Deseñamos o monstro. Primeiro debúxan con rotulador negro, facendo que as liñas sexan claras e marcadas.
2. Dámoslle cor. Unha vez rematado o debuxo, poden colorealo libremente. Esta sería a versión orixinal, na que poden escoller as cores que queiran.
3. Fotocopiamos o monstro. Cando todos teñan o deseño rematado, faremos tres fotocopias do seu monstro. Así, cada alumno/a terá catro versións iguais do seu deseño. Agora imos descubrir como pode cambiar simplemente cambiando as cores.
- MONSTRO 1: Colorea o teu monstro libremente. Escolle as cores que máis che gusten. Como imaxinas o teu monstro?
- MONSTRO 2: O monstro das CORES QUENTES. Utiliza principalmente vermellos, laranxas e amarelos. Queres conseguir un monstro que transmita calor e enerxía .
- MONSTRO 3: O monstro das CORES FRÍAS Utiliza principalmente azuis, verdes e violetas. ¿será un monstro frío e misterioso?
- MONSTRO 4: O monstro das CORES NEUTRAS. Utiliza brancos, negros e grises e, se queres, pequenas variacións destes tons. Poderás crear un monstro misterioso, fantasmagórico e arrepiante.
As cores poden cambiar o aspecto e a personalidade dun mesmo personaxe. Cal é o teu preferido?
.png)
.png)
.png)
.png)
Ningún comentario:
Publicar un comentario