sábado, 30 de abril de 2022
venres, 29 de abril de 2022
ANTONIO M. FRAGA NO RESÍO
Unha marabillosa historia na que un policía , fóra de servizo non é quen de facer nada ben, polo que inicia unha investiación sobre un suposto caníbal que se quere reincorporar ao traballo e recuperar o prestixo que tiña antes. Unha noite de Samaín... se queredes saber máis non tedes que facer outra cousa que visitar a nosa biblioteca e ler a fermosa obra escrita por Antonio Fraga, e que tedes ao voso dispor.
Este gran estivo co alumnado de cuarto falando de cousas, que podedes ler e doutras, que só él nos podía contar.
Grazas pola túa visita!
xoves, 28 de abril de 2022
VISITA DA ESCRITORA ANDREA MACEIRAS
Hoxe visitounos a multipremiada Andrea Maceiras.
O alumnado de 6º curso da EP tivo un fantástico coloquio con ela no que falaron do seu libro "A folla azul" da ed Xerais.
Viaxaron mentalmente pola Amazonía, falaron de tribus indíxenas, de ecoloxía e biodiversidade e de literatura...
foi un encontro enriquecedor e fantástico!!
(PREME NA IMAXE)
NAVEGA CON RUMBO
Hoxe, tivemos a sorte de contar con Ramón, peersoa pertencente ao Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), que en colaboración coa Xunta de Galicia, axudounos e ensinounos como podemos navegar pola Rede con seguridade.
Na charla, tentouse que o alumnado se mentalizase da necesidade de facer un uso responsable das novas tecnoloxías.A Internet é divertida e útil. Pódese buscar información para realizar traballos e tamén coñecer e comunicarte cunha chea de persoas ou divertirte xogando. Hai un principio común a todas elas: non fagas en Internet nada do que non farías na túa vida real.
A Internet representa un mundo de posibilidades para o lecer e a aprendizaxe pero tamén supón unha serie de riscos, aprendamos a viaxar polo seu espazo.
SAAABOR!!!, TEATRO NO RESÍO
Hoxe recibimos na nosa escola a Félix Rodríguez e Fran Rei que fixeron as delicias das nosas nenas e nenos co seu espectáculo SAAABOR!!!
Dous reputados chefs chegan a un pobo para amosarnos as súas habilidades culinarias. Pero as cousas non remaan de ir ben!
Música, humor, máxia e a cociña polo medio, fixeronque o noso alumnado de primeiro, segundo, terceiro e cuarto curso de primaria pasasen un bo rato gozando desta divertidísima representación.
Pasámolo xenial!!!
mércores, 27 de abril de 2022
XADREZ NA ESCOLA
Segunda xornada do programa de Xadrez na escola, grazas ao programa xogade.
O alumnado do terceiro curso de primaria aprenden e coñecen o xadrez, un xogo educativo que permite o desenvolvemento do pensamento computacional. Xogando o alumnado identifica, analiza e resolve os problemas que se lle propoñen.
Seguiremos a coñecer este deporte tan fermoso!
luns, 25 de abril de 2022
CONCURSO: HAPPY EASTER
Fermosa a exposición creada entre todos os paticipantes neste tradicional concurso que se desenvolve na escola dende hai varios anos.
Gañe quen gañe todos somos gañadores pois gozamos do deseño e decoración do noso ovo.
Aquí tedes a ligazón as imaxes da exposición.