venres, 20 de decembro de 2024

FESTIVAL MÁXICO DE NADAL

 Non hai mellor agasallo para as familias que as actuacións dos seus fillos e fillas. Hoxe foi un día marabilloso no que puidemos gozar dun gran espectáculo artístico.

Comezou o día coa visita ao Paxe Real. Tódolos cursos pasaron polo recibidor e pediron os seus desexos de Nadal.

Se premes na seguinte ligazón podes acceder ás imaxes do evento. 

  
6ºB   

6A 
5ºEP

4º EP

3º EP

2º EP

1º EP

6º EI


5º EI

4º EI

 Logo desenvolveronse as distintas actuacións que poderedes gozar de novo na seguinte presentación. Un gran traballo o desenvolvido nas aulas polo que se mereceron todos un chocolate con churros ofrecido pola ANPA da escola.

Finalizado o festival, a rapazada gozou dun merecido tempo de lecer e finalizamos a mañá coas tradicionais Badaladas de Nadal. Para poder desenvolvelas temos que agradecer novamente á ANPA que mercou as uvas e colaborou en preparar todos os vasos coas uvas para que a rapazada desfrutara deste acto.

Agora é tempo de descanso e familia. Vémonos o 8 de xaneiro, xa no 2025!

Grazas a tódalas familias pola súa axuda e colaboración!

 

mércores, 18 de decembro de 2024

LUZ NEGRA POLO NADAL

Hoxe, na aula de música aconteceu algo moi especial que deixou abraiada á rapazada.

A maxia do Nadal fixo posible esta experiencia inolvidable.

 

martes, 17 de decembro de 2024

CINE NO CLUB DE LECTURA

Hoxe a rapazada dos catro clubs de lectura gozou dunha tarde de peli e flocos.

Proxectamos a película WONDER baseada no libro do mesmo nome e relacionada tamén con Pájaro Blanco, dous dos libros lidos nesta primeira parte do curso. Tralo éxito de asistentes á volta tocará Anne Frank.

 





luns, 16 de decembro de 2024

VISITAMOS UNHA BIBLIOTECA

 



O alumnado do terceiro e cuarto curso de primaria visitou a Biblioteca Xosé Neira Vilas e a asociación Rivera Atienza.

Aprendemos moitas cousas e pasámolo xenial!




 

martes, 3 de decembro de 2024

3 de nadal DIA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 Hoxe, no tempo de lecer desenvolvemos un obradoiro de decoración de paraugas co obxectivo de concienciar sobre a situación destas persoas e buscar a eliminación de barreiras que dificultan a súa inclusión. 

BAIXO UN MESMO PARAUGAS, 

foi o lema utilizado para a elaboración do photocall.





Xa na hora de ler, a alumna do sexto curso CLARA SILVA FRIAS, desenvolveu un fermoso contacontos co alumnado de Educación Infantil. Contoulles o conto : "El paraguas de cebra".

Grazas, Clara!


 

 

Por outra banda, o luns mailo martes o alumnado do primeiro ciclo e educación infantil gozou dun obradoiro intercentros co CEE. SAN RAFAEL, onde desenvolveron un obradoiro de adobios de nadal, e aproveitaron para visitar e gozar do gran Belén creado neste centro educativo. Grazas pola vosa acollida! 








 Por certo, gozamos dun bo paseo por rúas case descoñecidas do noso barrio.