mércores, 31 de outubro de 2018

MICRORELATOS DE MEDO

Hoxe tocou resolver o misterio. Os microrelatos de medo foron avaliados tendo en conta moitos criterios:
  • A participación do alumnado.
  • A corrección idiomática
  • A duración
  • A entoación
  •  A estructura: introdución, nó e desenlace.
  • Os efectos especiais
  • A data de entrega
Os resultados foron os seguintes:

MODALIDADE VÍDEO:

1º PREMIO: Julia e Lucas Rodríguez Pequeño





2º PREMIO: Breixo Regueira





3º PREMIO: Erea Iglesias




MODALIDADE AUDIO: (PREME NAS IMAXES)

1º PREMIO: IRIA PORTABALES

"Unha noite de chuvia e frio"

https://drive.google.com/file/d/17X_zGDZILDzyOmPZOZiJOEUyx1slSuW5/view?usp=sharing




2º PREMIO: SILVIA SÁNCHEZ









https://drive.google.com/file/d/133ed-JGX0woeGAyG_yN75NjDIkwzvjnW/view?usp=sharing



3º PREMIO: IRENE SÁNCHEZ

 https://drive.google.com/file/d/1fju6S9mlYcJTNu431BK8rLAhhSSQZL4J/view?usp=sharing



CHEGOU O DÍA, CELEBRAMOS O SAMAÍN

Chegou o día máis terrorífico e divertido do outono á escola. 





A nosa festa tradicional celta, celebra o comezo do inverno e abre unha porta entre o mundo dos vivos e o dos mortos. Esta festa levaba anos esquecida pero grazas ao traballo das escolas e dos Concellos, está a recuperarse.
O Samaín fai que a escola teña un tunel do medo, e que meigas, trasnos, esqueletes, lobishomes nos provoquen risos e sustos.  
Así de ben nolo pasamos na escola na FESTA DO SAMAÍN

Grazas a todos por traer as cabazas e vir tan ben caracterizados!


martes, 30 de outubro de 2018

UNS PERSONAXES ESTRANOS VISITAN A ESCOLA

 Non sabemos como se chaman, nin de onde veñen, pero... son vampiros!
Que cousas estarán a artellar?

NAVEGA CON RUMBO

Hoxe a rapazada de 5º e 6º de primaria gozou dun faladoiro ben interesante sobre a navegación pola internet.


Un enxeñeiro informático explicoulles o bo e o non tan bo da rede...
Deulles consellos para navegar con seguridade e aclarou dúbidas.
Deixou un enderezo moi útil para os pais e nais e os nenos e nenas. 
Animámosvos a visitalo!


venres, 26 de outubro de 2018

24 DE OUTONO: DÍA DA BIBLIOTECA

Hoxe 24 de Outono,  Picolindo visitou aos nenos e nenas da escola e encargouse de repartir as mochilas viaxeiras que irán a todas as casas. Ademáis fixo entrega dos carnés científicos e mailos pasaportes que nos permitirán vivir intensamente o mundo da ciencia.
 Aproveitou para mostrarlles aos nenos e nenas o contido das mochilas científicas con xogos, instrumentos, e diverso material de investigación. 




 O novo alumnado  recibiu a carpeta e o carné da biblioteca. Todos recibiron o seu carné científico.
A arca das novidades comezou a súa andadura. 
 

martes, 23 de outubro de 2018

CAMPAÑA IMPÓRTANOS

A contacontos Bea, xunto co seu acompañante contáronnos unha morea de historias divertidas. Todas elas animadas con música dunha guitarra, retahilas pequenas frases que os nenos/ as tiñan que repetir. Todo elo contribuíu a que se mantivese o interese e a atención ó longo dos diferentes relatos, facéndose a sesión moi amena e entretida. 


Os contos que nos contaron foron os seguintes: 

-O soldado trifaldón: un emisario da xustiza que se dedica a reclutar a todo aquel que vai pola rúa sen papeis. Tanto quere reclutar que ó final se queda so, chegando a conclusión de que é mellor soltalos e vivir todos xuntos e felices.
-Elmer: un elefante de cores que quería ser como o resto, ata que descobre que as diferencias son o que realmente o identifican como ser individual e irrepetible.

-A horta de Simón: o coello Simón plantou moitas cenorias pero alguén lle suxeriu que puxera leitugas, alguén tomates, alguén berenxenas...e a horta medrou, enchéndose non só de vexetais senón tamén duns labregos moi especiais: o rato, a galiña, o chibo, o porquiño, a raposa. O X Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados é un eloxio ao traballo colectivo, á convivencia en harmonía e en contacto coa natureza

-Os chivos chivóns: tres chivos vivían no alto dunha montaña; un era pequeno, outro mediano e o terceiro era un chivo chivón grande. Un bo día decidiron baixar e dirixirse ao outro lado do río para comer herba. Non obstante, para chegar, tiñan que cruzar unha ponte. O malo é que alí vivía un ogro terrible…

Tanto os nenos/as como as mestras quedamos sempre encantados/as con estas visitas e esperamos que veñan máis veces a nosa escola.

mércores, 17 de outubro de 2018

MICRORELATOS DE MEDO DE SAMAÍN

Achegámonos xa ao Samaín, a festa que despide ao verán e dá a chegada ao escuro e frío inverno. Por mor desta data, queremos animarvos a participar na seguinte proposta:
Resultado de imaxes para escritor monstruo
MICRORRELATOS DE MEDO
- Convócase a todas as familias a participar do concurso de "Microrrelatos de medo" de Samaín.
- Os relatos deberán ser elaborados en Lingua Galega
- A temática dos microrrelatos deberá ser de terror, medo ou misterio.
- Os relatos deben de ter unha duración máxima de 1 minuto.
- Os relatos poden ser realizados en vídeo ou nun audio, puidendo presentarse en formato de curtametraxe ou de audio-relato.
- Os relatos deberán enviarse ao número de Waths App da escola 658715569
- O prazo de presentación dos microrrelatos rematará o Luns 29 de outubro, este incluído.
- O día 31 de outubro, os autores dos microrrelatos gañadores recibirán un premio horripilante e monstruoso.

martes, 16 de outubro de 2018

sábado, 13 de outubro de 2018

A CENTRIFUGADORA DE COR

Comezan as primeiras experiencias e experimentos. Na aula de plástica a mestra trouxo unha máquina á que cando lle botamos pintura ...

Que cousas máis bonitas e sorprendentes nos saíron!

xoves, 11 de outubro de 2018

A COR

O alumnado do primeiro curso de primaria hoxe experimentou coas cores. Utilizamos a técnica do soprado de pintura. 
Cousas fermosas de formas diversas apareceron nos nosos papeis!

 

luns, 8 de outubro de 2018

LUME NOS MONTES NUNCA MÁIS!

Xa pasou un ano, e parece que non aprendemos. Logo duns días complicados de novo polo lume na nosa terra volvemos a berrar:

LUME NOS MONTES NUNCA MÁIS!

xoves, 4 de outubro de 2018

DOUS MESES SEN TRABALLAR, AGORA TOCA LIMPAR

O alumnado deuse conta do estrago que produce na terra o non coidala durante un tempo. Sacamos malas herbas, regamos e abonamos a nosa leira para volver a traballala.