mércores, 28 de febreiro de 2024

CHARLA/ENCONTRO SOBRE OS OCÉANOS

 




Hoxe tivemos a sorte de recibir na escola a Rosa Chapela, investigadora o CETMAR e nai de Mateo e Martiño. 

Rosa explicounos unha morea de cousas sobre os mares, os océanos e os seus habitantes; tamén, sobre como coidalos e axudar a manter a súa biodiversidade.

Entre outras cousas trouxo dúas praias portátiles onde a rapazada puido descubrir a cantidade de cousas que aparecen nela e o que temos que facer para previlo.


Gozamos moito aprendendo!


 

Un pracer contar con familias que axudan e colaboran tanto.

Grazas, Rosa! Aprendemos moito!


 Aquí podedes gozar dun anaquiño da conferencia.


 

sábado, 24 de febreiro de 2024

CONSTRUÍMOS NIÑOS NA AULA STEAM

 Ao longo da semana o alumnado do cuarto, quinto e sexto curso de primaria na hora STEAM aproveitou para traballar os algoritmos construíndo un niño.

Que é un algoritmo? Un algoritmo é unha serie de instrucións ordenadas para resolver un problema ou lograr un obxectivo. Por exemplo, seguir unha receita para facer unha comida ou os pasos a dar para lavar os dentes.

Neste caso, imos a seguir os pasos dados no manual de como crear un niño.

 




Proposta creativa, manual de instrucións, instrumentos, materiais e 100 minutos de traballo para construír un niño. Acadarémolo? Un reto que pretende achegar ao noso alumnado ao medio natural aprendendo o importante que é a nosa vida.


Queremos un patio cheo de vida!

 Esta proposta creativa tivo grande aceptación entre o noso alumnado. As instrucións foron seguidas en maior ou menor medida pero o tempo non foi suficiente. Tivemos que pasar de dúas a tres sesións para poder desenvolver a tarefa.

O resultado... marabilloso. Os nosos rapaces e rapazas, son uns verdadeiros artistas. Foron quen de superar os atrancos buscando solucións aos seus problemas. Non digamos máis e vexamos o proceso creativo.




 

 

Esta mesma  proposta creativa tamén chegou ás familias ás que pedimos que  desenvolvesen unha actividade similar  pero tratando de favorecer non so a creatividade se non, tamén, a liberdade potenciando a produción persoal. 

SOMOS UNHA COMUNIDADE EDUCATIVA ABERTA. Entendemos o traballo como algo conxunto coa familia, coa escola e coa contorna.

Grazas!

Vivimos nun planeta cheo de vida!

venres, 23 de febreiro de 2024

23 de candeas, DIA DE ROSALÍA DE CASTRO

 Hoxe na escola celebramos o Día de Rosalía de Castro. Levamos xa un tempiño facendo pequenas actividades que nos axudan a coñecer a esta gran escritora.

O alumnado do sexto curso de primaria, preparou uns versos recomendados pola Asociación Galega de Escritores e Escritoras, e en grupos cooperativos, cunha cartolina máis un lápiz, deseñaron un boceto de debuxo, que representase esos versos. Cinco equipos, cinco versos. Hoxe, utilizando unha técnica de maxia con papel aprendida na conferencia RAIOLA  polo profesorado na xornada de Biblioteca Creativa, impartida por Pablo Otero e Mark Ritchie, os cativos do primeiro curso gozaron dunha poesía debuxada, ou máis ben animada. 

 


Paralelamente, coa mesma poesía e coa mesma técnica cooperativa, o alumnado do quinto curso de primaria, ilustrou os versos facendo collage e o alumnado do cuarto curso fixo un retrato de Rosalía de Castro.

 

 Que feira, rapaza,
si cantas faremos...!Festiña por fóra,
festiña por dentro. (...)

Así mo pediron
na beira do mar,
ao pé das ondiñas
que veñen e van.

Así mo pediron
na beira do río
que corre antre as herbas
do campo frorido.

Cantaban os grilos,
os galos cantaban,
o vento antre as follas
runxindo pasaba.

Campaban os prados,
manaban as fontes
antre herbas e viñas,
figueiras e robres.



xoves, 22 de febreiro de 2024

ENCONTRO CO ESCRITOR PEDRO FEIJOO. CLUB DE LECTURA FAMILIAS E MESTRES.

  

Esta tarde o Club de Lectura Café Entre liñas do Resío coouse no faladoiro co gran escritor Pedro Feijoo que organizou o Club Ás seis no Seis, do CEIP Seis do Nadal. Conversamos durante máis de dúas horas sobre o libro "Ninguén contará a verdade" da Editorial Xerais. Grazas por este encontro tan enriquecedor. 

Vémonos na seguinte lectura!





xoves, 15 de febreiro de 2024

CREANDO CON LEGOS. CREANDO AO MECO EXPLORADOR

 Continuamos a crear na biblioteca, na aula steam Os máis cativos  con moita paciencia, tiveron que resolver o reto proposto: Coas pequenas pezas dos legos, tedes que construír o Meco da escola, o Meco Explorador.

Estas son algunhas das súas produccións:

 



 Nesta actividade fomentamos o desenvolvemento da creatividade. Os nenos e nenas teñen que construir o meco de xeito totalmente libre o que lle permite desenvolver a súa intelixencia emocional. Tamén contribue este xogo ao desenvolvento cognitivo dos rapaces, pois estimulamos as habilidades motoras finas e outras que tamén interveñen e fundamentalmente estimula o pesamento matemático. As construcción feitas permitenlle comprender o espazo, as dimensións e as proporcións dun xeito divertido.



 

mércores, 14 de febreiro de 2024

NIÑOS PARA OS PAXARIÑOS, PROPOSTA DÍA DA CANDELARIA

Unha fermosa proposta que trouxo diferentes respostas nas familias. Unha proposta de reciclaxe e de vida. Temos que facer un seguimento deses niños, poderemos ver a pequenos paxariños no seu interior?

 





 Grazas a todas as familias participantes!


martes, 13 de febreiro de 2024

DÍA MUNDIAL DA RADIO 2024

 

Celebramos o Día Mundial da Radio cun novo programa. Temos un novoa podcast co que participamos no Día Mudial da RAdio. O alumnado do quinto curso de primaria relata o entroido en distintos países do mundo e na nosa escola. Aprveitando o teme do Proxecto Documental Integrado do centro : Un planteta cheo de Vida. 
 
 
       PREME NA IMAXE PARA ESCOITAR O NOSO PROGRAMA DE ENTROIDO.

luns, 12 de febreiro de 2024

PERSOEIROS POLA PAZ

 

 

 O alumnado do quinto e sexto curso de primaria preparou para toda a escola un xogo con persoeiros e organizacións que tiveron un papel activo na procura da paz.





 

 

venres, 9 de febreiro de 2024

FESTA DE ENTROIDO 2024

 

Pois si, logo de cinco días de mandadiños do Meco, chegou o gran día da festa! Hoxe venres celebramos a festa do ENTROIDO. Non foi o día que todos esperabamos, pois por mor das inclemencias metereolóxicas, non puidemos levar a cabo o tradicional pasarrúas a Bouzas. Pero todos tiñamos ganas de festa, polo que tivemos que modificar o programa, preparar obradoiros nas aulas e montar noutros espazos as actividades que se ían levar a cabo. Grazas a gran colaboración das familias, montouse unha gran degustación de sobremesas, filloas, flores, chulas,... Ás 11 tivemos unha gran merenda colectiva. 

 

Máis tarde, tivemos sesión fotográfica dos distintos grupos. Grazas a eles, visitamos:

4º EDUCACIÓN INFANTIL: A SABANA



5º EDUCACIÓN INFANTIL: O DESERTO



 

6º EDUCACIÓN INFANTIL: A CHARCA


1º EDUCACIÓN PRIMARIA: A SELVA

 


 

2º EDUCACIÓN PRIMARIA: OS RIOS

3º EDUCACIÓN PRIMARIA: O FORMIGUEIRO



4º EDUCACIÓN PRIMARIA: AS ILLAS ATLÁNTICAS


5º EDUCACIÓN PRIMARIA: OS BOSQUES

 

 

6º EDUCACIÓN PRIMARIA: O DESERTO ÁRTICO 



 

Ás 13h, acompañados polas familias, desenvolvemos un pasarrúas na pista polideportiva onde moi fachedosos locemos os nosos disfraces. 


 

 


 

Grazas familias por levarnos a pulos!


Finalizado o desfile, tivo lugar o XUÍZO DO MECO, grazas ao alumnado do sexto curso.


 Este ano, o MECO EXPLORADOR, foi escoitado por todos e polos seus argumentos conseguiu ser indultado, é un meco bo, un meco ecoloxísta, que nos axuda e guía para coidar o noso planeta.


 

Logo tempo de festa e baile, e, nun despiste...

Que lle pasou ao Meco Explorador?, alguén non se enterou do seu indulto?, o que aconteceu volo resumimos nesta imaxe, por favor, quen saiba quen foi  o culpable, que nolo faga saber.


 

Agora toca esperar todo un ano para volver a gozar dun novo entroido. Gozade destes días de descanso, aproveitade para facer niños de paxaros e colocalos en árbores. 

Na seguinte ligazón poderedes ver tódalas imaxes da festa.

 IMAXES FESTA ENTROIDO 24

Bo entroido!