mércores, 28 de decembro de 2022

30 de xaneiro, DÍA DA ILUSTRACIÓN

 


Este ano 2023 dedícase este día á pintora María Antonia Dans. Aproveitamos para deixarvos o cartaz cos actos que se celebran na nosa cidade. Estas son as actividades que se van organizar dende as bibliotecas de toda Galicia.


 

xoves, 22 de decembro de 2022

FESTIVAL NADAL 2022

  

 Logo de varios cursos sen poder levar a cabo na escola o tradicional festival de Nadal, este ano, SI que puidemos, e o celebramos moi ben.

Comezou a mañá coa visita do Carteiro Real. todo o alumnado da escola pasou pola entrada para gozar dun momento máxico. 



Logo, gozamos co festival, nesta presentación tedes cada unha das actuacións organizadas por cursos. Esperamos que gocedes con ela.

 

<div style="width: 100%;"><div style="position: relative; padding-bottom: 56.25%; padding-top: 0; height: 0;"><iframe title="GALERÍA DE VÍDEOS NADAL 2022" frameborder="0" width="1200" height="675" style="position: absolute; top: 0; left: 0; width: 100%; height: 100%;" src="https://view.genial.ly/63a8ef988111150011054c1f" type="text/html" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" scrolling="yes" allownetworking="all"></iframe> </div> </div>

Finalizado o festival, e grazas a asociación de pais en nais da escola, gozamos dunha chocolatada e das tradicionais badaladas.

 

Na seguinte ligazón podedes acceder a tódalas imaxes do evento.


martes, 20 de decembro de 2022

VISITA Á BIBLIOTECA CENTRAL

 No día de hoxe, o alumnado do segundo curso de primaria fixo unha visita didácita  á biblioteca pública Juan Compañel.

 

 Aprenderon as normas para poder visitala e sobre todo disfrutaron moitísimo cos libros tan bonitos que alí había.











 

Ata lle fixemos unha visita á árbore de Nadal!

 

domingo, 11 de decembro de 2022

EXPOSICIÓN LIBROS DE NADAL

 Por se non puidestes pasar pola escola, esta é unha pequena escola de libros escollidos de Nadal.

Felices Festas!