venres, 28 de febreiro de 2025

O ENTROIDO A ESCENA

Chegou o día... 


HOXE, NA ESCOLA, CELEBRAMOS UNHA MARABILLOSA FESTA DE ENTROIDO.

Neste día tan luminoso, as aulas desbordaban ledicia e  cor. Que emoción, foi incrible.

CEE SAN FRANCISCO COMO A ORQUESTRA SINFÓNICA


 

 

 

4º EI. OS PALLASOS DO RESÍO




5º EI. OS PALLASOS DO RESÍO

  


6º EI. OS PALLASOS DO RESÍO

 

 



1º EP: MIMOSIÑOS




 


 

2º EP: @S NEN@S PRODIXIO

  


3º EP. OUTRO BALLET

 


 

4º EP. OS BAILONG@S


 

5º EP. FANTASMAS NA OPERA

  


6ºA EP. @S TEATREIR@S

 

 

6º B EP . CARTAS MÁXICAS

 


O colexio encheuse de  pallasos, mimos, Mozarts, bailaríns, rapeiros, máscaras, magos e fantasmas da ópera entre outros, foron os protagonistas do Entroido do Resío xunto co noso sonado meco, O MECO TRAMPULLEIRO.

Logo dunha semana aturando os mandadiños do Sr. Meco, os castigos en man dos Merdeiros (personaxe do entroido vigués, nacido para ridicularizar), chegou hoxe o noso tradicional pasarrúas para ambientar as rúas da nosa vila de Bouzas.

Agradecer en primeiro lugar á Policía Local, por acompañarnos no desfile, e pola paciencia e sobretodo agradecer ao CEE SAN FRANCISCO por participar con nós neste día de festa.

Logo do pasarrúas, o esperado Xuízo do Meco.


 
 

 Seguimos coa merendola, música e festa tola.

 

 

 

Grazas a todos por facer posible este Entroido! 

  

 

Se queres ver máis imaxes do evento, non tes máis que premer na última imaxe.

 

venres, 21 de febreiro de 2025

O MECO A ESCENA, LUNS 24


 

O ENTROIDO 2025, A ESCENA.

 Chegou o Entroido, e na escola estamos a prepararnos para o gran día, o venres 28, día do Pasarrúas ao centro da nosa vila, Bouzas.

Queres acompañarnos?

Deixamos aqui o programa. Esperámosvos!


 





xoves, 20 de febreiro de 2025

PRESENTAMOS AO MECO DO 2025

Xa cheguei!

Son o MECO, MECÓN. 

Son o MECO TRAMPULEIRO.

Son que fará falcatruadas. 

Son quen ordearei moitos mandadiños. 

Son quen falará todos os días ás 13.50h. a través da megafonía da escola.

Son quen irá de pasarrúas ata Bouzas.

Son quen enviarei aos merdeiros para castigar a quen non cumpra os meus desexos.

SON O MECO TRAMPULLEIRO

Como ben sabedes, a vindeira semana, o alumnado mailo profesorado da escola teñen un mandato moi especial que cumprir:
 O MANDATO DO MECO!
Cada día da semana terán que  "prepararse" dun xeito  un tanto especial para vir ao Colexio. Axudadelles a gozar do entroido!
Publicarase cada día o mandadiño do Sr. Trampulleiro neste blogue.

martes, 18 de febreiro de 2025

Quen será?

 Alguén apareceu pola escola.

 Os cativos dín que o viron polo corredor de infantil.

Outros que estaba no Laboratorio das Artes e das Ciencias.

Adiviñades quen é?

Cal será o seu nome? 


 

O CIRCO

 

Os alumnos de infantil traballan o proxecto do circo na sesión de psicomotricidade. Agora é a quenda dos equilibristas!!!



 

luns, 17 de febreiro de 2025

VIDEOCONFERENCIA COA SOPRANO ARACELI FERNÁNDEZ

 

Dentro do noso proxecto "La ópera", o alumnado de 1º e 2º de Primaria fixo unha videochamada coa soprano viguesa Araceli Fernández, que na actualidade reside en Suiza. 
Aprendemos moitas cousas da vida dunha artista profesional e tamén falamos dalgunhas óperas famosas.
 Moitisimas grazas Araceli.


 

venres, 14 de febreiro de 2025

O PROGRAMA DE FEBREIRO DE RADIO RESÍO

  Achegamos aquí unha nova emisión de Radio Resío. Esperamos que sexa do voso agrado. 

13 DE FEBREIRO, DÍA MUNDIAL DA RADIO



 
Preme na imaxe




xoves, 13 de febreiro de 2025

UNHA FERMOSA EXPERIENCIA. SON ESPONXAS?

 

En 5° de E.I estivemos observando unha planta moi curiosa, a "Luffa", cuxo froito é unha esponxa vexetal.

 




Deixamos que se secara dende o outono, e unha vez seca quitámoslle a pel e obtivemos a esponxa.
Despóis lavámola e quitámoslle as sementes, que poderemos plantar na primavera para ter máis esponxas. 

 
Encantounos a experiencia!!

mércores, 12 de febreiro de 2025

NOVA ENTREGA DO CLUB DE LECTURA DO RESÍO

Hoxe o alumnado de 4⁰, 5⁰ e 6⁰ curso de primaria recolleu os libros que imos ler nesta nova entrega do Club de Lectura de Picolindo. 

Sete títulos que van dar moito que falar!







 Grazas Picolindo!
 Grazas Ana, por facernos gozar da lectura!