mércores, 18 de maio de 2022

Migallas no Resío

Hoxe os nenos e nenas de 3º e 4º gozamos dunha sesión de Contacontos  e música  "ELAS CONTAN MOITO" a cargo de Bea Campos e Manuel Pombal, da compañía Migallas Teatro. Con eles revivimos as historias de "Rosa Caramelo", "Daniela Pirata", "O libro dos porcos" e "Papá, por favor, achégame a lúa" dun xeito moi divertido. Grazas, artistas!

 

 (Preme na foto para ver máis)

Esta actuación é parte dos agasallos que obtivo a escola tras gañar a nosa alumna Iria Portabales o Concurso IGUALITARIO da Deputación de Pontevedra "Búscase a Talento. Estivemos tamén acompañad@s da Deputada e Concelleira Ana Laura Iglesias.


 



 


 

 

TRISTE NOTICIA

Hoxe deixounos Domingo Villar, escritor que levou á nosa cidade ao cumio literario; Vigo, as súas parroquias, os seus arredores , os seus lugares senlleiros, e as súas rúas foron descritas por el nos seus libros.

Dende O Resío sumámonos ao pesar de tódolos vigueses e de todos os seus lectores

 

 Libros de Domingo Villar






martes, 17 de maio de 2022

Maios e Letras Galegas 2022

 O venres 13 de maio celebramos na nosa escola a festa dos Maios e o Día das Letras Galegas, que este ano 2022 está adicado a Florencio Delgado Gurriarán. 


Ao longo da semana estivemos traballando diversas actividades para coñecer a súa obra e a súa traxectoria vital. Os materias cos que traballamos foron estes.


As primeiras horas da mañá adicámolas a montar o maio e preparar as grilandas para decoralo. Despois, entre todas as aulas fomos adornando o noso maio coas grilandas confeccionadas na clase. Ao rematar, cantámoslle as coplas.


Aquí podedes ver as fotos que fixemos ao longo da xornada: 

FOTOS 1

FOTOS 2

Máis tarde, o alumnado de 4º de Ed. Primaria bailou a danza das fitas, como é tradición na nosa escola.


Despois cantamos todos o Himno e rematamos a xornada nun ambiente de festa. 

O nivel musical estivo moi alto, como demostrou o noso grupo folclórico "Airiños do Resío".


Acompañáronnos nesta celebración as pendeireteiras "As mozas de ouro" e os gaiteiros Xacobe e Luís, todos eles procedentes de Coruxo, aos que lles estamo moi agradecidos e agardamos que nos volvan acompañar en próximas ocasións.




luns, 2 de maio de 2022

EXPERTOS NA HISTORIA DE VIGO EN QUINTO DE PRIMARIA


 <div class="container-wrapper-genially" style="position: relative; min-height: 400px; max-width: 100%;"><video class="loader-genially" autoplay="autoplay" loop="loop" playsinline="playsInline" muted="muted" style="position: absolute;top: 45%;left: 50%;transform: translate(-50%, -50%);width: 80px;height: 80px;margin-bottom: 10%"><source src="https://static.genial.ly/resources/panel-loader-low.mp4" type="video/mp4" />Your browser does not support the video tag.</video><div id="62717d28173c8e00153ee5ea" class="genially-embed" style="margin: 0px auto; position: relative; height: auto; width: 100%;"></div></div><script>(function (d) { var js, id = "genially-embed-js", ref = d.getElementsByTagName("script")[0]; if (d.getElementById(id)) { return; } js = d.createElement("script"); js.id = id; js.async = true; js.src = "https://view.genial.ly/static/embed/embed.js"; ref.parentNode.insertBefore(js, ref); }(document));</script>