O alumnado de Educación Infantil estivemos vendimando. Recollemos as uvas, pisámolas e fixemos mosto.
Estaba boísimo!
Sen dúbida unha experiencia para repetir!
A actividade de pisar e tocar as uvas constitúe unha experiencia sensorial moi enriquecedora para o alumnado. A través da manipulación directa deste elemento natural, os pequenos teñen a oportunidade de explorar diferentes texturas, temperaturas, formas e sensacións, favorecendo o desenvolvemento dos seus sentidos e a aprendizaxe a través da experimentación.
O contacto coas uvas mediante as mans e os pés estimula especialmente os sentidos do tacto, da vista e mesmo do olfacto, permitindo que os nen@s descubran unha tradición cultural tan importante na nosa comunidade como a vendima. O feito de pisar as uvas contribúe ao desenvolvemento da coordinación motriz, do equilibrio e da conciencia corporal.
Esta actividade favoreceu tamén a curiosidade, a observación e a capacidade de expresión, xa que verbalizaron as súas sensacións.

