Coa visita á escola do gran escritor Ramón Caride, damos por finalizado o Programa da Primavera dos libros 2026. Agradecer á editorial Xerais, a súa implicación coa nosa comunidade educativa, ao Concello de Vigo, ao CFR de Vigo, con ENAPAS e á Consellería de Educación co Programa de Bibliotecas escolares. Agradecidos enormemente de poder contar con todos eles.
Seguindo a proposta do cartaz de Bibliotecas escolares do presente curso escolar no que se nos pedía que uniramos biblioteca con deseño para sacar como producto o desenvolvemento da creatividade ou o que eles chamaron unha viaxe á creatividade; o alumnado do sexto curso representou o cartel da cuarta edición de Talentos da escola. Gran potencial creativo no deseño e na capacidade de organización viso espacial da rapazada. As retículas permitiron facer un cartel moi equilibrado e luminoso.
Noraboa a todos e esperamos que vos guste tanto como a nós.
O gran Ramón Caride, ven falarnos do libro "O misterio das zocas". Este escritor naceu en Cea no 1957. Estudou Bioloxía en Santiago e traballou como profesor de secundaria. É un prolífico escritor que ten cultivado diversos xéneros como a poesía, narrativa para nenos e adultos e o ensaio.
A súa primeira novela publicouse en 1990, Dende entón xa van publicadas varias ducias de libros. Pola súa produción de literatura infantil e xuvenil, foi recoñecido co Premio Merlín. Outros premios foron o Risco ou o Café Dublín, polas súas publicacións de ciencia fición.
Ramón é un dos fundadores da revista A Santa Compaña de Cambados. e tamén ten colaborado como columnista para El Mundo, Faro de Vigo ou O Correo Galego.
Hoxe acudiu a nosa escola para contarnos como escribiu O MISTERIO DAS ZOCAS, da EDITORIAL XERAIS. Falabamos da asombrosa historia de misterios e feitizos.
Contounos polo miúdo a historia familiar das catro protagonistas e dos
libros que as precedían. Falamos de persoeiros fantásticos da tradición
oral galega, de que todas as historias saen de 6 historias base e de que
ás veces hai q facer "sacrificios narrativos", como cortarlle un dedo a
un personaxe para poder recoñecelo nun posterior capítulo. Grazas,
Ramón. Desexando ler as seguintes aventura.
Hoxe tivemos a inmensa sorte de recibir a Rosa Chapela na nosa Lareira dos Contos.
Rosa, mamá de Martiño, compartiu connosco unha fermosa historia inspirada na súa propia vida, un relato cheo de emoción, lembranzas e aprendizaxes que nos permitiu coñecela un pouco mellor e gozar dun momento verdadeiramente especial.
A súa proximidade, a súa sensibilidade e a súa capacidade para transmitir fixeron que a sesión fose unha experiencia única para todos e todas.
Queremos agradecerlle de corazón a súa visita e o tempo que nos dedicou. Foi un auténtico privilexio contar coa súa presenza .
Grazas, Rosa, por regalarnos a túa historia e por facer deste día un recordo que gardaremos con moito agarimo
Hoxe o alumnado do 6º curso de Educación Infantil, e o alumnado do segundo curso de primaria, acompañados por David Rial de terceiro, acudiron ao CENTRO VACACIONAL DA LANZADA a recoller os premios do concurso escolar do 8M da Deputación de Pontevedra, E TI, QUE PENSAS DA IGUALDADE?
Participou no concurso toda a rapazada da escola, e nesta ocasión acompañamos e felicitamos a:
Leo Barbeito, 3º premio, categoría Educación Infantil,
Alonso Mayáns, 2º premio, categoría Educación Infantil,
Hoxe tivemos a sorte de contar na lareira con Isabel, a nai de Isabel Dieguez do quinto curso de educación infantil.
Contounos unha historia fermosa sobre o seu traballo de fisioterapeuta.
O conto tiña po título:
O PALACIO DO MOVEMENTO
Nesta historia, Sabela, a protagonista, tiña un don especial. As súas mans eran máxicas. Ela era fisioterapeuta.
Puidemos
aprender en que consiste esta fermosa profesión e os beneficios que
teñen algúns exercicios para o noso corpo.
Despois puxemos en práctica o aprendido na sala de
psicomotricidade, onde practicamos o equilibrio, a forza, a
coordinación, etc, nun circuito super divertido que preparou Isabel.
Pasámolo fenomenal xogando con Isabel e traballando co noso corpo.
O alumnado de sexto curso de Educación Primaria recibiu na biblioteca do centro a visita do escritor e mestre Anxo Iglesias, autor de Nova dimensión, unha obra que foi lida, comentada e traballada ao longo das últimas semanas por todos os grupos do nivel.
Durante o encontro, Anxo compartiu coa rapazada a súa paixón pola palabra, xogando coa poesía e convidándoos a descubrir novas formas de expresarse a través da literatura. Tamén lles falou do proceso de creación da súa obra, respondeu con entusiasmo ás preguntas formuladas polo alumnado e participou en diversas actividades relacionadas co libro.
Foi unha xornada moi enriquecedora e especial, na que os nenos e nenas tiveron a oportunidade de achegarse dun xeito próximo e directo ao mundo da literatura e de coñecer de primeira man o labor creativo dun escritor.
A visita rematou cun momento moi agardado: a sinatura personalizada dos exemplares do libro. Un detalle que, sen dúbida, converterá esta experiencia nun recordo inesquecible para todos e todas.
Queremos agradecerlle a Anxo Iglesias a súa cercanía, a súa xenerosidade e o tempo compartido co noso alumnado. Así mesmo, expresamos o noso agradecemento a Xerais por facer posible este fermoso encontro arredor da lectura e da creación literaria.
Tamén tivemos a visita de outra GRANDE das nosa Letras: Fina
Casalderrey.
O alumnado do 1⁰ ciclo falou con ela de "Quen me quere
adoptar" no que un avó pon un anuncio no xornal para buscar unha
familia.
O de 5⁰ conversou sobre "Dúas bágoas por máquina", un can que
desaparece e os seus donos emprenden unha busca incansable. Ámbalas dúas
obras inspiradas en feitos reais. Xogamos con ela a crear metáforas e
falamos de plaxios e da importancia de documentarnos antes de escribir.
Se chega a ser mais longo o faladoiro saimos tod@s escritor@s. Moitas
grazas, Fina. Sabes q aquí tes unha morea de netas e netos adoptivos
para cando precises dar aloumiños.
Hoxe visitounos a escritora Eva Mejuto. Veu falar co
alumnado de 4⁰ do seu libro Queco e Kika.
Coñecemos en foto aos animais
nos que se inspirou, as súas mascotas. Falamos de técnicas de
escritura como as multiperspetiva e démoslle ideas moi chulis para a
seguinte aventura, que xa nos tarda.
E chegou, por fin, a data tan agardada. Despois de semanas de preparativos, ilusión e traballo, o venres 15 de maio celebrouse a II Romaría do Resío, unha festa na que celebramos a festa tradicional dos Maios e o Día das Letras Galegas. Esta data encheu a nosa escola de tradición, música, creatividade e convivencia.
A mañá amenceu gris e ameazando choiva, polo que tivemos que activar os nosos dous plans: o plan de bo tempo e o plan alternativo por se a choiva facía acto de presenza. Coa incerteza no ceo, pero con moita ilusión, ás nove da mañá comezamos a desenvolver o programa intenso da xornada.
Un xoves de preparación e colaboración
O día anterior, xoves 14 de maio, as aulas convertéronse en pequenos obradoiros cheos de actividade. As familias colaboraron na preparación da base do maio e achegaron flores, verde e ovos baleiros, fundamentais para dar forma ao noso maio.
Ao longo da mañá, de 12:00 a 13:10 horas, o alumnado elaborou grilandas de flores e ovos coa axuda do profesorado, enchendo cada recuncho de cor. Unha vez máis, a implicación das familias e do equipo docente foi esencial para facer posible esta celebración.
O maio ergueuse entre cancións e sorrisos
O venres, ás 8:00 da mañá, colocáronse os caixóns do escenario no exterior, confiando en que o tempo nos daría unha tregua.
Entre as 9:15 e as 10:00, no patio de Infantil, levouse a cabo a montaxe do maio. Acompañando este momento tan especial, todo o alumnado interpretou a canción “Levántate Maio”, co retrouso preparado por cada aula.
Despois, o maio percorreu o patio da escola nun paseo cheo de simbolismo, música e emoción.
Merenda popular e espírito romeiro
Ás 10:00 horas chegou un dos momentos máis agardados: a merenda popular no xardín da escola.
Todo o alumnado acudiu vestido para a ocasión: pantalón vaqueiro, camiseta branca e a viseira da romaría, elaborada grazas á subvención municipal e protagonizada pola nosa querida mascota, Picolindo.
As mantiñas cubriron a herba e as merendas compartidas convertéronse nun espazo de encontro, risas e convivencia. Un deses momentos sinxelos que gardan a verdadeira esencia da escola.
Obradoiros para aprender, crear e xogar
Ás 11:00 horas comezaron os obradoiros interniveis.
O alumnado de Infantil e 1º de Primaria participou en catro propostas:
Arxila
Chapas
Romeiros e romeiras
Xogo da rá
O resto dos grupos interniveis gozou de oito obradoiros:
Coiro
Redeiras
Romeiros e romeiras
Chapas
Chave
As letras de Begoña Caamaño
Fungagatos
Zancos
Os obradoiros de arxila, coiro e redeiras foron impartidos por Barafunda e subvencionados polo Concello, achegando ao alumnado oficios tradicionais e experiencias únicas, o resto foron organizados e desenvoltos polo profesorado.
FUNGAGATOS
REDEIRAS
ROMEIROS E ROMEIRAS
CHAPA
OBRADOIRO COIRO
CARTACES LETRAS GALEGAS
A choiva non puido coa festa
Cando todo estaba preparado para a gran festa rachada no exterior, coa actuación de Acordeireta no escenario e coa presenza da Concelleira de Educación, a choiva fixo a súa aparición.
Mais, lonxe de deslucir a celebración, a comunidade educativa reaccionou con rapidez e ilusión. Todos nos trasladamos ao ximnasio, que en poucos minutos se converteu nun verdadeiro palco de festa.
O alumnado de 4º de Primaria interpretou, como xa é tradición, o fermoso baile das fitas, enchendo o espazo de cor e harmonía.
A continuación, a música tradicional con Patricia e Alex, ACORDEIRETA, fixo cantar e bailar a toda a comunidade con pezas como Ondiñas veñen e van, A saia de Carolina, Loitar cantando e Canto da esperanza.
Unha estrea emocionante
Un dos momentos máis especiais da xornada foi a estrea da canción “Sempre Begoña Caamaño”, interpretada por primeira vez en público por Patricia González e Alejandro Balbuena.
Durante días, o alumnado preparara esta actuación en segredo como homenaxe á autora protagonista das Letras Galegas. O resultado foi simplemente extraordinario: emotivo, fermoso e inesquecible.
O Banco onde pasan cousas máxicas
Como broche de ouro, recibimos a visita do alcalde da cidade, Abel Caballero, quen compartiu unhas verbas de agarimo co alumnado,
Cantou con nós o Himno Galego,
e participou nun momento moi especial: a inauguración do Banco onde pasan cousas máxicas.
Acompañado por Paula Ojea e lucindo a viseira do Resío, deu a coñecer este fermoso proxecto colaborativo, nacido ao abeiro dos programas de inclusión educativa e da Biblioteca Creativa.
Grazas por facer posible esta festa
A II Romaría do Resío foi moito máis ca unha celebración: foi unha mostra de comunidade, tradición e escola viva.
Grazas ao alumnado pola súa ilusión, ás familias pola súa colaboración constante, ao profesorado polo enorme traballo realizado e ao Concello polo seu apoio.
Levamos connosco o recordo dunha xornada chea de emocións, música e momentos máxicos.
E xa estamos contando os días para a chegada da III Romaría do Resío.
O Concello agasallounos con bolsas da homenaxeada das Letras 2026.
Hoxe tivemos a sorte de contar na escola coa visita da ilustradora e escritora Angie Roa, autora do libro Noa.
Angie é unha artista moi nova á que lle apaixoa debuxar coa súa tableta gráfica. Desde pequena mostrou un gran interese polo debuxo e pola creación de historias, unha paixón que foi cultivando e segue a cultivar.
Con tan só vinte e cinco anos, recibiu o VI Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético pola súa obra Noa e a cidade sen maxia, un recoñecemento que lle permitiu publicar o seu primeiro cómic. Sen dúbida, este é só o comezo dunha prometedora traxectoria artística e literaria.
Durante a súa visita, compartiu co alumnado a súa experiencia como ilustradora e escritora, achegándonos ao proceso creativo que hai detrás dunha banda deseñada e animándonos a perseguir os nosos soños con ilusión e constancia.
Encantounos coñecer o teu traballo e aprender contigo. Moitas grazas pola túa visita, Angie, e moita sorte nos proxectos que están por vir!