mércores, 30 de xaneiro de 2019

30 de XANEIRO, DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA

Hoxe celebramos na escola o Día da paz e a non Violencia.

PREME NA IMAXE PARA VER AS FOTOS DO EVENTO
 Foi un acto moi significativo porque entre todos os alumn@s e mestr@s e coa inestimable colaboración das familias construímos  a táboa periódica da paz, cantamos unha versión propia da canción "Hallelujah" de...
Leonard Cohen




Experiencia a conciencia lévanos a traballar moitos contidos científicos entre os que se atopa a táboa periodica dos elementos que este ano celebra o seu 150 aniversario. A UNESCO vai celebrar moitos eventos ao longo de este ano e no día de onte, martes 29 de xaneiro, comezou a celebración cunha cerimonia á que asistiron personalidades como un gañador do premio Nobel de Química e o ministro de Ciencias de Rusia.
O científico ruso Dmtry Mendeleev publicou a primeira destas tablas no ano 1969. As persoas que estudiaran química recoñecen a táboa, que organiza os elelmentos químicos segundo a cantidade de protóns que ten cada átomo e outras propiedades.

O alumnado trouxo unha palabra ou frase que contiña as letras do símbolo químico dos elementos.
 A nova versión galega da táboa periódica acaba de ser  elaborada  polo Departameento de Química inorgánica da USC polos investigadores e docentes Manuel R. Bermejo, Ana M. González Noya e Marcelino Maneiro.







martes, 29 de xaneiro de 2019

venres, 25 de xaneiro de 2019

Día Escolar da NON VIOLENCIA e da paz

O 30 DE XANEIRO CELÉBRASE O DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA
Estamos a preparar un acto co alumnado . De momento, invitamosvos a  coñecer e traballar na casa...
UNHA CANTIGA:
NO MUNDO  ( LUAR NA LUBRE)
 
 
No mundo hai tresousas que me poñen mal
As guerras, a fame e a desigualdad(e)
Non sexas pasivo e móvete xa
Ainda hai espranza, debemos loitar
Coas guerras fracasa a humanidad(e)
É unha constante de volta para atrás
Morte, enfermidades e desolación
Levántate, móvete e deixa o sillón
Da fame, queridos, que vos vou dicer
Milleiros de nenos non ten que comer
En Asia, América ou en Africa
Polo ben do mundo solidaridad(e)
En Asia, América ou en Africa
Polo ben do mundo......
Solidaridad(e)


UN PERSONAXE:
MARTIN LUTHER KING 
1929-1968
 Recibiu o Premio Nobel da Paz en 1964.
 Resultado de imagen de MARTIN LUTHER KING
 Martin Luther King, nado en Atlanta  15 de xaneiro de 1929 e asasinado en Memphis o 4 de abril de 1968, foi un pastor evanxélico e activista político estadounidense. Foi un dos máis importantes líderes que loitou pola igualdade para a xente de cor. Así o dixo nun discurso que deu en 1963 titulado "I have a dream", que quere dicir "Teño un soño... soño que os meus catro fillos vivirán un día nun país no que non se xulgará a ninguén pola cor da súa pel, senón polos rasgos da súa personalidade. 

UN CONTO:
NEGROS E BRANCOS



 
 

202

202KG


202 KG DE PILAS
RECICLAMOS CON ENERXÍA!
GRAZAS FAMILIAS, ENTRE TODOS PROTEXEMOS O MEDIOAMBIENTE!

xoves, 24 de xaneiro de 2019

EXODEGA GESTIÓN AGASALLOUNOS CUNS OBRADOIROS LEGO PARA TODO O ALUMNADO

O alumnado de 4 e 5 anos participou nunha sesión de xogo con pezas LEGO. As monitoras da devandita actividade trouxeron unhas caixas cheas destas pezas, que motivaron a curiosidade e o interese dos cativos. A continuación, e tras unha animación inicial, dividiron os nenos e nenas en grupos para facer diferentes actividades (montar paisaxes e personaxes a partir dos que inventar historias; recrear montaxes ilustradas en diferentes láminas...). Todos e todas gozaron moito da actividade e quedaron con ganas de máis.

O alumnado de primaria, empregando a aprendizaxe cooperativa, contou cuns obradoiros de LEGO Education Robotix. Estes obradoiros axudáronnos a preparar mellor ao noso alumnado, para o tema anual (A ciencia) e espertou neles o interese pola programación e a robótica.

Coa utilización dos compoñentes de LEGO EDUCATION o alumnado foi quen de resolver problemas, crear, reflexionar e deseñar gozando da gran ferramenta tecnolóxica que foi posta nas súas mans.
PREME NA IMAXE
GRAZAS MANUEL!

mércores, 23 de xaneiro de 2019

OBRADOIRO DE POPPING DANCE


Dany Boogz e Reche,  son os dous expertos bailaríns que visitaron a escola o pasado martes día 22 da man da ANPA e fixeron que os noso cativos gozasen dunha pequena exhibición.
Contaron que comezaron xogando ao futbol e sobre os dezaséis anos co programa Fama a bailar espertou neles unha paison que lle cambiou a vida. O que comezou sendo un hobbie converteuse no seu traballo. Comentaronlle aos cativos que todos os días gozan no momento de erguerse da cama porque sabe que van facer algo que lles gusta. Animaron aos rapaces a que sexan o que sexan, músicos, pintores, médicos, escultoras,... loiten por facer os seus soños unha realidade.








LOITA POLOS TEUS SOÑOS!

xoves, 17 de xaneiro de 2019

CROSS ESCOLAR 2019


 Fermosa mañá para gozar dun día de cross escolar. O noso alumnado gozou coa experiencia e xa espera á próxima ocasión na que nos xuntemos as escolas para facer máis actividades deportivas. Non hai máis que ver as caras dos nenos e nenas.
Grazas por facernos partícipes desta iniciativa profe Juan!
PREME NA IMAXE PARA GOZAR COS MOMENTOS DESTA MAÑÁ

mércores, 16 de xaneiro de 2019

Axudamos a recuperar os noso montes.

O pasado venres, 11 de xaneiro, o alumnado de primeiro e segundo curso de primaria foron aos montes de Valadares  para colaborar na recuperación dos nosos montes. Foron plantar as árbores que lle agasallaron ao rematar educación infantil. En Valadares os agardaban o Presidente da Comunidade de montes Gregorio Álvarez e o capataz da mesma. 
Castiñeiros, carballos, pradeiros e freixos.
Foi unha experiencia marabillosa!
 
https://photos.app.goo.gl/KHJ1fp1gsvFE1XNa6
PREME NA IMAXE


luns, 14 de xaneiro de 2019

COAS PALABRAS DE NADAL, XOGAMOS EN XANEIRO

Volve o SEMENTAMOS PALABRAS. Este mes toca xogar coas palabras das burbullas verdes. Podedes recoller as papeletas no recibidor da escola. Lembrade que a lupa indica que é un xogo para primeiro ou segundo, o tubo de ensaio para terceiro e cuarto e o microscopio para quinto e sexto.



 Sorte!

xoves, 10 de xaneiro de 2019

FESTIVAL DE NADAL 2018. PRIMEIRA PARTE



4º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
"Canción de Nadal"








5º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
"Romance do misterio da sopa"


3º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
"Nadal de Luintra"

2º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
"O frautista de Hamelín"



CHOCOLATADA

mércores, 9 de xaneiro de 2019

SEGUNDA PARTE DO FESTIVAL DE NADAL 2018

EDUCACIÓN INFANTIL
"Rodolfo"




1º CURSO DE EP
"Até as princesas soltan peidos"



A PANXOLIÑA DOS MESTRES


E PARA REMATAR...
AS CAMPANADAS