Esta semana tivemos o pracer de poder contar na nosa escola con Iago Araújo e María Villar, KAME COMIC.
Ao longo de dúas xornadas todo o alumnado dende o sexto curso de infantil ata o sexto curso de primaria, gozaron dunha sesión de ilustración das emocións a través dos debuxos animados. Foi unha clase de cómic, e eles os mellores mestres, pois dedicanse a traballar diso. Poderiamos dicir deles que son debuxantes, guionistas, creadores de historias, deseñadores, ilustradores, caricaturistas,...
Traballamos o CARTOON, e con eles as emocións.
Aprendemos como facer un bosquexo.
E como cos mesmos elementos, podemos facer infinidade de caras dependendo do tamaño e do lugar onde se pintan cada unha delas. Enganos de caricaturista.
Dentro das actividades do PDI da escola estaba a creación e publicación do primeiro exemplar de banda deseñada do Resío. Esta actividade interdisciplinar levouse a cabo de xeito colaborativo de tódalas aulas de primaria nas materias de lingua galega e expresión plástica.
Non dubidedes en pasar pola escola, estades convidad@s.
O tema do cómic ten que ver co Meco Comelibros quee pena na nosa biblioteca dende que foi condenado en xuízo público no pasado entroido. Como abandonará Come Libros a biblioteca?, será quen de marchar da escola?. Os cativos deron solta a súa imaxinación e crearon as súas historietas.
Na aula Steam, cunha app de banda deseñada, crearon os comic coas tablets dda escola. Que ben traballan a competencia dixital!
Aquí tedes algún exemplo.
No mesmo número, tamén creamos un apartado de historias creadas de xeito libre. Aqui tedes algún exemplo:
Por se non podedes pasar pola escola, aquí tedes unha pequena mostra do noso TBO. Esperamos que vos guste moito.
Dentro do traballo de creación que estamos a levar a cabo a través da aula STEAM, está o traballo co Croma. Hoxe o alumnado utilizando a información da exposición do cómic, as tablets, a app INSHOT, o croma, maila súa imaxinación adentraronse na banda deseñada galega, o TBO, os comics franco belgas, o comic americano, o sudamericana, o cómic europeo e o manga.
Hoxe foi un día especial, un día no que se fixo na escola a celebración dos Maios e das Letras Galegas, na que se homenaxeou ao editor, xornalista, investigador e presidente da RAG, FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO.
Nas aulas aprendemos moitas cousas del, e en grupos colaborativos fixemos un quebracabezas coa súa imaxe. Foi moi divertido.
Comezamos a mañá facendo unha selección do fiuncho, xestas, pampillos e outras flores, aportadas polas familias, que foron distribuídas polas aulas coa axuda do alumnado do sexto curso. De 9 a 11.30, fixeronse as cadeas de pampillos, a preparación do maio, e cada aula preparou as pezas do crebacabezas que lle correspondían.
Logo do tempo de lecer, concentrámonos no patio de infantil, montamos o maio coas grilandas preparadas nas aulas.
Cantamos unha canción ao maio e fixemos a tradicional procesión polas instalacións da escola acompañados polos músicos.
Logo montamos entre todos o crebacabezas.
E amenizados pola Banda de Música do Resío, tivo lugar o tradicional Baile das Fitas, levado a cabo, coma sempre, polo alumnado do cuarto curso de primaria.
Que ben o fixeron!
Grazas á axuda de , dos antigos alumnos Gabriel e Kayim, e dos musico mestres da escola, puidemos bailar unhas pezas, e para finalizar o acto, cantamos entre todos o Himno Galego.
Grazas familias por participar!
As imaxes da festa están todas na seguinte ligazón:
Achégase o día da nosa lingua, para festexalo o alumnado de segundo de primaria gravou un programa na radio escolar dedicado a ditos para gastarlle broiñas á xente.
O alumnado do terceiro curso de primaria tivo o pracer de contar coa presenza de María Canosa, autora do libro "As pombas de Bastián", que nos fixo pasar un cacho divertido e único ayudándonos a comprender a importancia e o valor que ten a nosa lingua para RIR, SOÑAR E VIVIR.
Hoxe, o alumnado do sexto curso de primaria tivo o pracer de levar a cabo un obradoiro de creación audiovisual grazas ao programa da Consellería "Cinema con perspectiva".
Foi unha mañá moi completa na que recibimos en primeiro lugar formación de cómo facer un corto, tipos de imaxes, planos,... Logo buscamos un tema para a curta que tivera que ver coa igualdade de xénero, elaboramos un guión, buscamos un título e distribuimos funcións. Actores, directores, cámaras, guionistas,..
Grazas Manuel por facernos pasar un rato tan entretido!. Aprendemos moitas cousas!
Este foi o guión, e estos cómics, un resumo do que vai a ser a curta, que en breve nola farán chegar, pois non deu tempo a que nós a rematásemos de montar.