O claustro de mestres agradece o agasallo dunha das súas alumnas, e manifesta, tamén, o agradecemento ás familias polo gran traballo desenvolvido ao longo destes tres interminables meses de confinamento e por ter sobrevivido á teleformación. Estivemos todos moi preto a través das pantallas dos nosos computadores, agora toca descansar e gozar dunhas merecidas vacacións esperando retomar o ensino presencial no mes de setembro.
Amosando publicacións coa etiqueta FIN DE CURSO b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta FIN DE CURSO b>. Amosar todas as publicacións
sábado, 20 de xuño de 2020
venres, 21 de xuño de 2019
FERMOSO DÍA DE CONVIVENCIA
Fermoso día de convivencia e ilusión. Temos que volver pero agora...
FELICES VACACIÓNS!
PREME NA IMAXE PARA GOZAR DOS MOMENTOS DESTA SAÍDA. |
VOLVEMOS ÁS AULAS O 11 DE SETEMBRO!
xoves, 20 de xuño de 2019
ACTOS DE GRADUACIÓNS
Hoxe foi un día moi emotivo, por unha banda graduabanse os pequen@s de sexto de educación infantil, que rematan unha etapa fermosa na súa vida e que en setembro comezan en primaria, e por outra banda, os alumn@s de sexto de primaria, que logo de nove cursos, abandonan a escola para achegarse ao instituto. Esperamos que continúen a traballar e a ser tan boas persoas como o son agora.
Comezamos pola actuación dos pequen@s que nos cantaban unha bamba moi particular.
Logo, a profe Eva entregoulles o diploma e orla da etapa.
Tiraron os birretes ao aire,...
e os nen@ de sexto fixeron entrega do legón e a escritura da horta que coidarán ao longo destes seis anos que durará o seu ensino primario.
A continuación foi a quenda do alumnado de sexto, representaron a obriña "12 anos para sempre"
O seu titor, entregoulles unha orla, lanzaron os seus birretes,...
e a pesar de entregar panos, chegoulles a emoción e...
Logo reflexionaron e gozaron da festa.
Se premedes na imaxe podedes ver todas as do acto do día de hoxe.
O alumnado despediu a profe máis antiga da escola, Rosa, que se xubila e agora gozará de todo o seu tempo para facer todo aquelo que desexe.
Sorte Rosa nesta nova etapa da túa vida!
mércores, 22 de xuño de 2016
mércores, 1 de xullo de 2015
HOMENAXE A UNHA MESTRA
Esta é TETÉ, a mestra da escola que nos deixa.
Dedicámoslle unha cuarteta:
Outra pereira na escola!
Que árbore tan perfecta...
Aínda que non teña pólas,
Recórdanos a unha mestra.
Teñen moitos parecidos,
Máis, tamén, diferenzas.
Unha ten pequenas peras
Outra é unha grande mestra.
Os nenos e nenas da escola quixeron despedila o pasado día 19 cun pequeno agasallo.
ACTO GRADUACIÓN XUÑO 2015
Benqueridas familias, iniciase o perido de vacacións estivais. Malia os problemas de carácter tecnolóxico, os nenos e nenas solucionaron o problema de xeito excepcional sen necesidade da música.
GRADUADOS EN EDUCACIÓN INFANTIL.
GRADUADOS EN EDUCACIÓN PRIMARIA.
Os nenos e nenas de sexto deleitaronnos cun rap. Os nenos e nenas de infantil cantaron e bailaron varias cancións.
GRADUADOS EN EDUCACIÓN INFANTIL.
GRADUADOS EN EDUCACIÓN PRIMARIA.
Os nenos e nenas de sexto deleitaronnos cun rap. Os nenos e nenas de infantil cantaron e bailaron varias cancións.
martes, 30 de xuño de 2015
GRADUACIÓNS E FIN DE CURSO:"A 1º VOU..."
SE QUEREDES VER TÓDALAS ACTIVIDADES QUE SE FIXERON,NO FIN DE CURSO,NO AULA DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTÍL,PREMEDE NA SEGUINTE FOTO.
OS NEN@S,XA DE PRIMEIRO,E A PROFE MARICRUZ VOS DESEXAMOS UNHAS...
FELICES VACACIÓNS!
sábado, 20 de xuño de 2015
EXCURSIÓN FIN DE CURSO.
PARQUE NATURAL DO MONTE ALOIA
Este foi o destino elexido polo profesorado para facer a última saída didáctica do curso escolar 2014/2015.
Marabilloso lugar da natureza!!
O Monte Aloia é un cumio situado na serra do Galiñeiro, declarado parque natural o 4 de decembro de 1978. Está situado no concello de Tui (Pontevedra) A súa vexetación está caracterizada por especies autóctonas acompañadas por especies de repoboación forestal. Posúe restos da cultura castrexa e elementos de interese etnográfico.
xoves, 26 de xuño de 2014
TEATRO "La asamblea" ED. INFANTIL
Esta obra de teatro es
LA GUINDA DEL PASTEL
de nuestra etapa en Educación infantil.
Es un hasta siempre,
un "gracias" ,
un reflejo de nuestra vida en el aula.
Es por y para VOSOTR@s
Gracias por todas las EMOCIONES!!
Esto sí que ha sido
UNA ESCUELA DE SENTIMIENTOS
mércores, 26 de xuño de 2013
EXCURSIÓN FIN DE CURSO. EDUCACIÓN PRIMARIA.
O curso escolar que remata, tivo unha actividade final para o alumnado de Educación Primaria que consistiu nunha saída de todo o día á MUIÑADA DE BAROSA
Ao longo da mañá realizamos diversos talleres e despois de xantar fixemos unha pequena ruta polos sendeiros próximos. Esta experiencia gustoulle moito aos rapaces.
Ao longo da mañá realizamos diversos talleres e despois de xantar fixemos unha pequena ruta polos sendeiros próximos. Esta experiencia gustoulle moito aos rapaces.
venres, 13 de xullo de 2012
FESTA FIN DE CURSO 2012. LARPEIRADA E MERCADO DO LIBRO USADO E DE OCASIÓN.
GRADUACIÓNS 6º CURSO DE EDUCACIÓN INFANTIL E 6º CURSO DE PRIMARIA.
ENTREGA AGASALLOS BIBLIOTECA, MELLORES LECTORES CURSO 2011/2012.
E...
AS BÁGOAS DA DESPEDIDA.
sábado, 23 de xuño de 2012
A 1º VOU...ACTIVIDADES FIN DE CURSO DOS NEN@S DE 5 ANOS.
PREME NA FOTO DA ORLA E ACCEDE AS ACTIVIDADES DE FIN CURSO DOS NENOS/AS DE 5 ANOS:FESTA NA AULA,MERCADILLO DE LIBROS,GRADUACIÓN...
FELICES VACACIÓNS A TOD@S!
mércores, 8 de decembro de 2010
O FESTIVAL DE FIN DE CURSO.
Segundo a Orde do 3 de xuño de 2010 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2010-2011, nos centros docentes sostidos con fondos públicos, o presente curso escolar rematará o 22 de xuño de 2011, polo que temos que prepararnos para celebralo. como tódolos anos, os nenos de sexto de Educación Primaria e os de 6º de Educación Infantil gradúanse. Que nos prepararán este curso?
Ademáis, para celebrar este fin de curso, os mestres organizaron unha preciosa excursión a un parque de aventura. Pasamolo fenomenal. Fixemos escalada,...
Visitamos a praia e realizamos diferentes xogos.
Foi un día de moito traballo pero, ... deixarannos repetir?
Comprobaremolo dentro duns meses.
Eramos nenos ou galiñas? |
Estabamos moi guapos cos nosos traxes. |
Os nenos de sexto fixémolo moi ben |
Ademáis, para celebrar este fin de curso, os mestres organizaron unha preciosa excursión a un parque de aventura. Pasamolo fenomenal. Fixemos escalada,...
Visitamos a praia e realizamos diferentes xogos.
Foi un día de moito traballo pero, ... deixarannos repetir?
Comprobaremolo dentro duns meses.
Graduación 2010
View more presentations from ceipvirxedorocio.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)