domingo, 28 de marzo de 2021

PERSONAXES OKUPAS EN VIGO

Pois si, amigas e amigos, as personaxes dos contos andan por Vigo instalados dende o mes de Xaneiro no que colleron o bus turístico e "okuparon" distintos lugares de Vigo. 
Sodes testigos disto, porque mandastes montóns de debuxos e historias contandoo . 
Aqui abaixo tedes a presentación dos vosos traballos creativos agrupados por cursos e gustaríanos moitísimo que nos axudarades na elección dos máis destacados, que podamos considerar gañadores do concurso pola creatividade, pola ilustración ou pola orixinalidade. É difícil, pois hai moitos moi chulos e historias que pagan a pena. 
Escribide aquí abaixo nos comentarios os vosos votos, decindo quen sodes e cales son os tres que mais vos gustaron, non importa de que curso.
 Faremos públicos os resultados o Día do Libro o próximo 23 de abril polo que tedes para votar ata o domingo 14.

 

luns, 22 de marzo de 2021

#MONICREQUESNACASA11

A familia de Irene Chapela, do cuarto curso de educación infantil, fai unha marabillosa representación do conto de CARAPUCHIÑA VERMELLA. Moitas grazas pola vosa colaboración.

#MONICREQUESNACASA12

A familia de Francisco José do sexto curso de infantil, xoga co treatriño de sombras. Grazas polo voso traballo.

MONICREQUESNACASA13

A familia de Xoel Cendrón participa no proxecto. Moitas grazas polo voso traballo.

domingo, 21 de marzo de 2021

21 DE MARZO, DIA DA POESÍA 2021

O alumnado do primeiro curso de primaria, celebra o día da poesía con todos nós e recita poesías en galego. Parabéns polo voso traballo!

mércores, 10 de marzo de 2021

OBRADOIRO DE CÓNICAS

 Este programa pode desenvolverse na escola grazas á universidade de Vigo quen a través de estudantes do último curso, tratan de fomentar o gusto polas matemáticas. O programa chámase: Te lo cuentas las matemáticas.

 

No día de hoxe, o alumnado do sexto curso de primaria gozou dun obradoiro de cónicas. Foi un taller manipulativo no que cun cartón pluma, goma eva, chinchetas, fio de algodón, canica, folios, tesoiras e rotulador aprendimos matemáticas e astronomía.

Levamos a cabo tres experimentos nos que traballamos as distintas hipóteses sobre se a terra xiraba arrodor do sol, se os astros xiraban arredor da Terra,...

O mellor de todo foi ver como gozaban os rapaces e experimentaban para descubrir ás cónicas. Traballamos coa circunferencia, a elipse e a parábola.

 

martes, 9 de marzo de 2021

A HORTA EN PREPARACIÓN.

Logo de quitar no día de onte as malas herbas, hoxe, dende o laboratorio das artes e das ciencias, ao alumnado, coa axuda do profesorado mailo porteiro vixilante, lle tocou preparar o terreo, botar sustrato e... comezar a sementar. Amorodos, acelgas, cogombros, tomates, pementos, brécol, coliflor, leitugas, chícharos, cebolas, allos, cabaciñas,... son as pequenas plantas que tiñamos nos alcoubes e que tiñamos que trasplantar. Búscase que o alumnado coñeza as plantas, as identifiquen, coñezan os productos autóctonos e sexan quen de identificar cales son os propios da época. Chega o tempo de regar, limpar, plantar,... O faremos en grupos colaborativos e cooperativos, sempre cumprindo o protocolo COVID. Imos a horta con botas de auga, sachos e... máscara. Como goza o alumnado co contacto coa natureza!. O respeto aos pequenos animais do campo e aprenden un estilo de vida saudable.

luns, 8 de marzo de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2021

Hoxe, 8 de marzo, celebramos na escola o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. Nas aulas, realizaronse moitas actividades.
Mostramos a levada a cabo co quinto e sexto curso de primaria.

mércores, 3 de marzo de 2021