venres, 21 de xuño de 2019

xoves, 20 de xuño de 2019

ACTOS DE GRADUACIÓNS

Hoxe foi un día moi emotivo, por unha banda graduabanse os pequen@s de sexto de educación infantil, que rematan unha etapa fermosa na súa vida e que en setembro comezan en primaria, e por outra banda, os alumn@s de sexto de primaria, que logo de nove cursos, abandonan a escola para achegarse ao instituto. Esperamos que continúen a traballar e a ser tan boas persoas como o son agora.
Comezamos pola actuación dos pequen@s que nos cantaban unha bamba moi particular.



Logo, a profe Eva entregoulles o diploma e orla da etapa.


 Tiraron os birretes ao aire,...
e os nen@ de sexto fixeron entrega do legón e a escritura da horta que coidarán ao longo destes seis anos que durará o seu ensino primario.

 A continuación foi a quenda do alumnado de sexto, representaron a obriña "12 anos para sempre"



 O seu titor, entregoulles unha orla, lanzaron os seus birretes,...

 e a pesar de entregar panos, chegoulles a emoción e...
https://photos.app.goo.gl/fyR5FjfqB82tFQ3i6
 Logo reflexionaron e gozaron da festa.

 Se premedes na imaxe podedes ver todas as do acto do día de hoxe. 
O alumnado despediu a profe máis antiga da escola, Rosa, que se xubila e agora gozará de todo o seu tempo para facer todo aquelo que desexe. 


Sorte Rosa nesta nova etapa da túa vida!

GRADUACIÓNS PROMOCIÓN 2019





sábado, 15 de xuño de 2019

MERCADO DO LIBRO USADO E DE OCASIÓN

PREME NA IMAXE

 Rematadas as actividades participativas do alumnado, tocou sumar os Pikeuros gañados, moeda oficial da escola e... TODOS OS NENOS E NENAS DO COLE FORON DE COMPRAS, na casiña, atopábase o...
 MERCADO DO LIBRO USADO E DE OCASIÓN




venres, 14 de xuño de 2019

LEDICIA COSTAS NA ESCOLA

Hoxe tivemos a sorte de charlar con LEDICIA COSTAS sobre o seu libro "A señorita Bubble".

Recibímola cunha salva de burbullas e contounos moitas cousas sobre o libro... Terá segunda parte!! e por fin saberemos que foi de Bubble en Laponia.
 


PASAPALABRA 2019; EXPERIENCIA A CONCIENCIA

Unha nova edición do Pasapalabra, tivo lugar no día de hoxe na escola.
Ao longo de toda a semana levaronse a cabo as probas clasificatorias e dous equipos de cada ciclo foron clasificados para a final.
Todos somos gañadores, da experiencia, da investigación, desta aventura do saber. Pero como se trata dun concurso, os equipos gañadores foron agasallados pola ANPA da escola, cunha invitación ao cine.
Estamos desexando que se celebre unha nova edición!
Se queres gozar coas imaxes da actividade, preme na imaxe.

https://photos.app.goo.gl/24F1TVknTxRptUpW7