venres, 7 de febreiro de 2025
luns, 3 de febreiro de 2025
ÉXITO ROTUNDO! GRAZAS FAMILIAS!
Hoxe colocamos os 107 niños recibidos na escola nas últimas dúas semanas, feitos por vós. Acompañounos o sol, os pais, as nais, os avós, as avoas e mailos veciños.
Contamos tamén cun grupo moi importante de profesorado e alumnado do Centro de Educación Especial San Rafael, que non so contribuiron con aportación de niños, senón que viñeron ata a Avenida de Castelao coas súas escaleiras para colocar con nós moitas casiñas de aniñamento para paxaros.
Comezou un acto coa lectura dun manifesto, no que contamos o fachendosos que estamos por ter acadado o reto e por pertencer a esta comunidade educativa.
Continuou o acto coa canción "Paxariños a voar", co que celebramos o Día da Paz, na escola deste xeito tan especial.
Para finalizar, colocamos de xeito colaborativo todas as casiñas de aniñamento.
Estade atent@s, sairemos na prensa escrita e na televisión.
domingo, 2 de febreiro de 2025
A PARTIR DA CANDELORIA, NINGUNHA AVE VOA SOA
Hoxe, 2 de febreiro, celebrase a FESTA DA CANDELORIA, e como dí o refrán:
" A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa",
nesta data casan os paxariños, retornan as aves migratorias e os cortexos nas aves nos indican a vindeira chegada da primaveira.
Por este motivo, na nosa escola, propuxemos o Reto de conseguir 100 casiñas de aniñamento para facilitar o emparellamento dos paxaros, e mañá, luns día 3, ás 12h, colocaremolos na Avenida de Castelao, xunto enfronte do Pabillón Municipal, lugar onde nos concedeu permiso o Concello.
venres, 31 de xaneiro de 2025
RETO 100 NIÑOS PARA PAXARIÑOS: GRAZAS, IMOS CAMIÑO DE CONSEGUILO!
Acadaremos o reto?
Grazas familias!
Grazas CEE San Rafael!
Grazas Monte Vivo!
Grazas CFR!
Quedan 3 días!
mércores, 29 de xaneiro de 2025
OBRADOIRO DE TEATRO RADIOFÓNICO CON PAULA CARBALLEIRA
Hoxe, na escola tivemos a sorte de contar con Paula Carballeira para realizar un obradoiro de teatro radiofónico, unha experiencia única onde o alumnado explorou a creación e representación de historias a través da voz e os efectos sonoros.
Que é iso de radioteatro? RADIOTEATRO é un contido teatral ou fantástico emitido por radio. Isto foi o que fixeron os alumnos e alumnas do cuarto e quinto cursos de primaria, coa inestimable axuda da gran Paula Carballeira.
Este obradoiro permitiulles desenvolver a creatividade, mellorar a expresión oral e gozar do teatro dunha forma diferente e divertida.
Agradecemos a Paula Carballeira por compartir connosco o seu talento e paixón polo teatro e a narración oral. Ela ten unha gran capacidade para contar historias e transmitir emocións a través da palabra falada e escrita.
Próximamente nas ondas de Radio Resío!
DANIEL NOVOA, COA NOSA COMUNIDADE EDUCATIVA.
Grazas a todas as familias que vos unistes, foi un pracer compartir este espazo de aprendizaxe e reflexión.
Agardámosvos na próxima xornada para seguir gozando desta gran aventura. A vosa participación é clave para construir un futuro máis responsable e consciente.
Deixamos a continuación unhas pequenas recomendacións de lecturas emocionais e afectivo-sexuais das que dispomos na biblioteca da escola.
martes, 28 de xaneiro de 2025
UN GRAN COLOMBÓFILO NA ESCOLA. HOXE FALAMOS DAS POMBAS.
Ao abeiro do reto "100 niños de paxaros" o alumado do centro gozou hoxe da visita dun colombófilo no centro.
venres, 24 de xaneiro de 2025
OBRADOIRO DE CARTÓN CON TON ARENAS E A BIBLIOTECA CREATIVA. OBRADOIRO DE CABEZUDOS.
Canto divertimento tivemos hoxe na escola! Ninguén podía imaxinar que unhas simples caixas de zapatos puidesen dar tanto xogo.
Grazas á participación no programa de BIBLIOTECA CREATIVA, na escola puidemos contar con TON ARENAS, pertencente á Compañía MIRCROMINA TEATRO DE TÍTERES. Él dí que é un artesán dos Muiños en Mondoñedo. Crea, constrúe teatriños, bonecos, títeres e cabezudos.
Mostrounos a súa técnica e con tan só caixas, cinta de papel, tesoiras maila nosa imaxinación creamos...
mércores, 15 de xaneiro de 2025
DANIEL NOVOA CO ALUMNADO DA ESCOLA
No día de hoxe, o alumnado do 4º, 5º e 6º cursos de primaria, tiveron un faladoiro con Daniel Novoa, con quen aprenderon moitas cousas sobre xestión emocional, relacións persoais e sexualidade.
Aprenderon moito, investigaron sobre as súas emocións e iniciáronse no camiño de falar de todo con naturalidade e consciencia.
PRECISAMOS A TÚA AXUDA! TEMOS UN RETO
Achégase o Día da Candelaria. Os nenos e nenas da escola do Resío, xunto cos seus mestres maila mascota Picolindo, precisan a axuda de todos vós.
luns, 13 de xaneiro de 2025
FALADOIRO CON DANIEL NOVOA
O vindeiro martes 28 de xaneiro, ás 16.30h, na sala de usos múltiples da escola teremos o pracer de contar co psicólogo DANIEL NOVOA, nun faladoiro co título:
O FUTURO NA MAN DOS NOSOS FILL@S no que se tratarán temas do voso interese sobre a educación dos vosos fill@s.
Este é un faladoiro ao que todos deberedes asistir, xa que é unha honra contar con este prestixioso psicólogo na nosa escola, froito da colaboración escola, ANPA, CFR de Vigo.
Por favor, confirmade a vosa presencia no seguinte formulario https://forms.gle/WZw3gc62PwKAb7za9yourdesignpanel