Amosando publicacións coa etiqueta DÍA DO LIBRO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DÍA DO LIBRO. Amosar todas as publicacións

venres, 24 de abril de 2026

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO NO CBS DE COIA

 No día de hoxe, o alumnado do quinto curso de primaria saíu da escola cara o CBS de Coia, para celebrar o Día do Libro coas persoas participantes das actividades que se desenvolven neste centro comunitario, facendo unha contada aos maiores.


Dividímonos en dous grupos para abarcar máis actividades:

  • Lectura ás clases de Prepilates e ximnasia de mantemento.Logo, a  profe permitiulles participar e compartir a actividade con eles. 
 
  • Lectura en bailes latinos e baile conxunto e aproveitamos para participar tamén con eles na sesión de baile.
 
  • "Todo desde mi móbil" con lectura dun conto.
  •  
  •  Entrenamento da memoria onde os participantes da actividade lles contaron ao que se dedicaron na súa vida laboral e o que fan nesta clase, a rapazada, leu contos.
 
Unha mañá fermosa chea de aprendizaxes!

Grazas! 



Unha pequena mostra do traballo desenvolvido  "en comunidade"



 











xoves, 23 de abril de 2026

BO DÍA DO LIBRO!

 

Hoxe celebramos na escola o Día do Libro. Tal e como vén sendo habitual, desenvolveremos a actividade de apadriñamento lector onde os "maiores" da escola, len e contan aos máis cativos o conto ou contos que seleccionaron días antes, na biblioteca para este día tan especial.

Ledicia dos padriños e madriñas lectores e lectoras.



Gran relaxación e compañeirismo durante as lecturas: 


Por outra banda, desenvolveuse o concurso de deseño de chapa identificativa. Moitos foron os deseños presentados.

 Logo dunha preselección, quedaron como gañadores:

  • Brais Augusto Miguelez, deseño da chapa de padriños e madriñas lectoras.
  • Breogán Villar, deseño de chapa de afillados e afilladas.
  • Lucía Figueiredo, deseño do cartaz da celebración do Día do Libro.



 


 Aproveitaremos tamén para facer entrega dos agasallos do concurso de Cómic e Redacción de Ollo-Man e Picolindo. 

Os gañadores:

  • Iria Enríquez, narrativa.
  • Leo Barbeito, cómic.
  • Isabel Diéguez, conto.
  • Daniel Fernández, poesía.
En breve gozaredes dos seus traballos publicados no blogue.

 

mércores, 23 de abril de 2025

DÍA DO LIBRO 2025

 

Celebramos o día do libro!

Coma sempre, padriños/madriñas lector@s, len e contan historias aos seus afillad@s. O sol acompañou o evento, e foi fantástico!





Picolindo fixo entrega das novas "maletas viaxeiras.
 
 
 
Tamén entregou os premios do Concurso de identificacións para este día.
 
 
 




 

mércores, 24 de abril de 2024

LECTURA E CREATIVIDADE

 Hoxe saímos na prensa co noso proxecto:

 "ENCONTRO ÁS CEGAS CUN LIBRO"


 

martes, 23 de abril de 2024

23 ABRIL, DÍA DO LIBRO

 


 Hoxe é un día especial, na escola celebramos o día do libro. Levamos días preparando a actividade de lecturas compartidas, onde os maiores len contos aos pequenos, polo que houbo que elexir o libro que iamos contar aos afillados , preparala lectura,... e os máis cativos fixeron un marcapáxinas nas aulas para agasallarlle aos seus padriños/madriñas.







Por outra banda coñecemos a resolución do xurado que nomeou aos gañadores do concurse de deseño da chapa identificativa do evento do día de hoxe mailo cartaz.



Pasámolo fenomenal e o tempo acompañounos toda a mañá.

Xa desexamos que chegue o vindeiro día do libro. 

Por outra banda, o Equipo de Biblioteca preparou tamén unha fermosa exposición de libros sobre os libros. 

 

luns, 22 de abril de 2024

CONCURSO CHAPA IDENTIFICATIVA DÍA DO LIBRO.

 Pois xa temos os gañadores! 

Grazas a tódolos participantes, o xurado tivo un traballo difícil para poder facer a selección dos identificativos dos padriños e madriñas lector@s e a dos afillad@s. Mañá coñeceredes o resultado!




 

 

martes, 2 de abril de 2024

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Celebramos o Día do Libro Infantil e Xuvenil.
Ilustramos a proposta que este ano é Xapón que difunde a mensaxe de Eiko Kadono e o cartel de Nana Furiya co lema "Navega polos mares coas alas da túa imaxinación".



 

sábado, 22 de abril de 2023

TEATRO DE CADAQUÉN

 Magnífica actuación da que gozamos no día de onte na escola aproveitando a conmemoración do DÍA DO LIBRO. Todo grazas a familia Chapela Álvarez. Todo un pracer dispor de familias que participan na creación da escola.

Deixamos aquí un vídeo da actuación.

 


 

Novamente, grazas, grazas, grazas. Entre todos facemos unha escola máis grande.

venres, 21 de abril de 2023

CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO

 Hoxe 21 de abril, celebramos na escola o día do libro. Tivemos tres grandes actividades para celebralo: o apadriñamento lector, a entrega de agasallos do concurso de chapas do día do libro, a entrega de premios para o concurso de ovos de pascua e para rematar tivemos a grande actuación de Lolo e Sergio, representando coa súa compañía Teatro de ningures o Sr Contancontos.

Comezamos coa actividade de apadriñamento lector. Esta é unha actividade con carácter transversal na que o alumnado de 4º, 5º e 6º curso de primaria, reciben o título de padriños e madriñas, para ler, en voz alta aos máis cativos da escola. Os de 4º de primaria apadriñaron aos rapaces de cuarto e quinto cursos de infantil, os de 5º  aos de primeiro e os de 6º aos de segundo e terceiro. Búscase a mellora da lectura, o favorecemento da lectura expresiva cunha adecuada vocalización, entonación, ritmo, a escoita activa, a mellora da atención, da observación,... pero ademáis o desenvolvemento das relacións interpersonais do alumnado da escola.

 Concentrámonos todos no patio de infantil ás 10.45, para que cada padriño/madriña, recollese ao seu afillad@ e puidese elexir o espazo que máis lle gustaba do patio para a lectura compartida.





Logo, cantamos entre todos a canción  O LIBRO do album TIC TAC de Pablo Díaz e entregamos os premios aos deseños ganadores das chapas  (Xiana González e Xacobe Barcua) e do cartaz do Dia do Libro (Xoana Barcia e Leticia Fernández). Todos os participantes levarán Pikeuros.


Continuamos coa entrega de premios do Concurso de Deseño de Ovos de pascua. Houbo un primeiro premio para Antón Rodríguez, o segundo para Uxía García e dous terceiros para Julia Rey e Cloe Trigo.





E para finalizar o día, unha gran sesión de contos co TEATRO DE CADAQUÉN, co "Sr.Contacontos"

GRAZAS LOLO E SERGIO, por facernos pasar un rato marabilloso.

 


                                           Grazas, familia!



Por último deixamos a ligazón de tódalas imaxes do evento. Esperamos que vos gusten.

FOTOS DÍA DO LIBRO