venres, 21 de abril de 2023

CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO

 Hoxe 21 de abril, celebramos na escola o día do libro. Tivemos tres grandes actividades para celebralo: o apadriñamento lector, a entrega de agasallos do concurso de chapas do día do libro, a entrega de premios para o concurso de ovos de pascua e para rematar tivemos a grande actuación de Lolo e Sergio, representando coa súa compañía Teatro de ningures o Sr Contancontos.

Comezamos coa actividade de apadriñamento lector. Esta é unha actividade con carácter transversal na que o alumnado de 4º, 5º e 6º curso de primaria, reciben o título de padriños e madriñas, para ler, en voz alta aos máis cativos da escola. Os de 4º de primaria apadriñaron aos rapaces de cuarto e quinto cursos de infantil, os de 5º  aos de primeiro e os de 6º aos de segundo e terceiro. Búscase a mellora da lectura, o favorecemento da lectura expresiva cunha adecuada vocalización, entonación, ritmo, a escoita activa, a mellora da atención, da observación,... pero ademáis o desenvolvemento das relacións interpersonais do alumnado da escola.

 Concentrámonos todos no patio de infantil ás 10.45, para que cada padriño/madriña, recollese ao seu afillad@ e puidese elexir o espazo que máis lle gustaba do patio para a lectura compartida.





Logo, cantamos entre todos a canción  O LIBRO do album TIC TAC de Pablo Díaz e entregamos os premios aos deseños ganadores das chapas  (Xiana González e Xacobe Barcua) e do cartaz do Dia do Libro (Xoana Barcia e Leticia Fernández). Todos os participantes levarán Pikeuros.


Continuamos coa entrega de premios do Concurso de Deseño de Ovos de pascua. Houbo un primeiro premio para Antón Rodríguez, o segundo para Uxía García e dous terceiros para Julia Rey e Cloe Trigo.





E para finalizar o día, unha gran sesión de contos co TEATRO DE CADAQUÉN, co "Sr.Contacontos"

GRAZAS LOLO E SERGIO, por facernos pasar un rato marabilloso.

 


                                           Grazas, familia!



Por último deixamos a ligazón de tódalas imaxes do evento. Esperamos que vos gusten.

FOTOS DÍA DO LIBRO

 


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario