martes, 4 de abril de 2023

DESEÑAR PARA CREAR. matemáticas creativas.

 Na aula Steam, traballando co programa Tinkercad, o alumnado do quinto e sexto curso de primaria deseña medallas e trofeos para os agasallos dos mellores lectores da biblioteca da escola. Entre todos os deseños elexiremos democráticamente os seleccionados para os premios do presente curso.

O procedemento foi o que segue:

  1. Nunha folla con cadros, fixeron o deseño do obxecto a imprimir. Primeiro bocetan a medalla, o trofeo, o chaveiro,...







  2. A continuación fan o deseño no programa tinkercad. Os seus deseños son todos preciosos. Hai rapaces que lle poñen colores ás distintas partes do deseño sabendo que na escola so podemos imprimir a unha cor.
  3. Unha vez elaborado o deseño, exportamos a imaxe a formato .stl, o metemos nun pendrive e llo facilitamos á profe, quen ao longo da semana fai as impresións. Os deseños dos rapaces, leva moito tempo facelos, e a impresora 3d é moi caprichosa, tendendo a atascarse, québrase o filamento, atáscase a boquilla, pero, os deseños acaban impresos. 
  4. Unha vez imprimidos, coa axuda da tablet, facemos unha fotografía ao noso obxecto cun fondo neutro, a exportamos á galería da profe, para que nola imprima.
  5. Por último, completamos a planilla.

Este é un gran traballo de deseño e producción de obxectos. A rapazada gozou moito con este traballo de creación.


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario