O alumnadodo quinto curso de primaria participou hoxe 31 de marzo nunha divertida xornada de atletismo xunto a outras escolas da cidade. Facía frío nas pistas do CUVI, mais os nosos rapaces fixeron unha gran actuación e pasárono moi ben competindo nas carreiras, lanzamentos e salto de lonxitude. A proba máis emocionante foi a carreira de remudas, na que os nosos equipos conseguiron clasificarse na segunda posición.
xoves, 31 de marzo de 2022
EXPERTOS NA HISTORIA
O alumnado do quinto curso de primaria, leva todo o ano investigando e aprendendo a nosa historia. Coma en todas as cidades a historia de Vigo é longa.
Que é unha cidade?
Por que ten este nome?
Como xurdiu?
Como medrou?
Como se organiza?
Como está deseñada?
mércores, 30 de marzo de 2022
EXPERTOS NA ARQUITECTURA DE VIGO
martes, 29 de marzo de 2022
luns, 28 de marzo de 2022
venres, 25 de marzo de 2022
XORNADA INAUGURAL DA XI XORNADAS DE EXPERTOS.
Estas xornadas son un dos nosos proxectos estrela, nel se busca que o alumnado sexa quen de falar en público. É moi importante falar pero tamén escoitar. E deso se trata.
xoves, 24 de marzo de 2022
RECONQUISTA 22
Por fin chegou o día, hoxe gozamos da Reconquistiña. Día soleado e moitas ganas de festa e troula. O desfile partiu das Avenidas facendo un percorrido sinxelo para a rapazada.
Fixemos un descansiño na Praza de Compostela onde todos os participantes cantaron e tocaron xuntos.
Alí, felicitounos o Alcalde e logo continuamos o pasarrúas ata a Praza do Berbés donde gozamos dunha rica merenda e dun concerto da man de OLLO AO PIOLLO.
Grazas á Asociación veciñal e cultural do Casco Vello por convidarnos a participar nesta festa tan importante para a nosa cidade.
Preme na ligazón se queres gozar das imaxes da Reconquistiña 22.
mércores, 23 de marzo de 2022
DESCUBRINDO A TALENTO
1º PREMIO: IRIA PORTABALES
CEIP. VIRXE DO ROCÍO
Hoxe foi un día moi especial, pois a nosa escola recibiu un premio de mans da Deputación de Pontevedra pola nosa participación na Campaña Búscase a talento.
Este é TALENTO:
e esta é Iria con Talento:A alumna IRIA PORTABALES FERNÁNDEZ, recibiu o primeiro premio de mans da Presidenta da Deputación Dna. Carmela Silva. Ela, igual que o resto do alumnado da escola, creou un xoguete para todas as nenas e nenos do mundo. Esta personaxe xorde da imaxinación de IRIA, e agora, será Dna. LEDICIA COSTAS a encargada de darlle vida nun conto que estará en todas as casas e bibliotecas. Ledicia será a encargada de conarnos as súas historias, as súas aventuras, os seus valores...Ela tamén utilizará a imaxinación para adentrarnos nun mundo cheo de aventuras e igualdade.
Noraboa, Iria!
Aquí tedes a ligazón co video da entrega de premios.
Aproveitamos a viaxe para coñecer as ruinas de San Domingo, o Teatro Principal e a contorna do Concello de Pontevedra.
Na seguinte ligazón tedes todas as imaxes do evento.
SEGUIMOS A PREPARAR A RECONQUISTIÑA
Hoxe martes, entramos na escola ataviados coas nosas mellores galas.
Imos a presentarnos ante os compañeiros e compañeiras da escola. Iamos moi guapiños e temos un estandarte precioso. Esperamos que gocedes do pasarrúas tanto coma nós.
IMAXES DO EVENTO, PREME NA LIGAZÓN
luns, 21 de marzo de 2022
PREPARANDO A RECONQUISTIÑA
A festa da Reconquista xa está aquí. Os vigueses e viguesas retrocedemos ao ano 1809 para rememorar un dos episodios históricos máis importantes da nosa cidade.
Cachamuíña, Carolo, Aurora, O abade de Valadares, o alcalde Vázquez Varela, entre outros serán os protagonistas que lle otorgou a nosa cidade o título de "Fiel, leal e valerosa".
Na escola, inmerso no PDI "Alén do Resío", participaremos na RECONQUISTIÑA que é a festa de época destinada aos máis cativos. A rapazada da nosa escola xunto cos nenos e nenas doutras escolas desfilarán o xoves 24 de marzo polo Casco antigo da nosa cidade.
As familias están convidadas, pero teñen que vestir de época.
Nas casas, xa están a prepararas chambras, as puchas, os corpiños, as calzas, os refaixos, os panos, os dengues, os mantóns, as toquillas, os panos, os mandiles , os zocos, os xustillos mailas enaguas.
Que guapos e guapas imos desfilar.
E como non podíamos desfilar sen tocar os tambores, deixamosvos aquí unha mostra dos nosos ensaios.
xoves, 17 de marzo de 2022
1º PREMIO CONCURSO "BUSCASE A TALENTO"
Hoxe estamos de noraboa. Unha alumna da escola resultou gañadora do Concurso organizado pola Deputación de Pontevedra "Buscase a Talento". Dende a área de expresión plástica, traballamos a composición e a creación de personaxes, e froito do esforzo e do traballo de todos, saiu unha gañadora da escola. A galardoada é...
IRIA PORTABALES FERNÁNDEZ
Así de feliz, recibía a nova.
Por certo, quen será talento?
NOVOS OBRADOIROS DE BIBLIOTECA CREATIVA
Hoxe foi a quenda do alumnado do primeiro, segundo e terceiro curso de primaria. Cada un destes cursos acompañados por PAOLA GUIMERANS desenvolveu uns obradoiros moi interesantes.
Ao longo de toda a mañá, o máis cativos fixeron un obradoiro onde descubriron as propiedades da Plastilina conductora. Plastilina Conductora, foi un obradoiro sinxelo pero divertido que iniciou á rapazada no mundo do STEAM.
Os de segundo descubriron a amplitude de posibilidades lúdicas e educativas do MAKEY MAKEY e os de terceiro crearon unha cidade con circuítos de papel. A iluminaron con cinta de cobre adhesiva, pilas e luces led, todo un circuito de papel, no que descubriron como circula a electricidade.
mércores, 16 de marzo de 2022
OBRADOIROS BIBLIOTECA CREATIVA
Obradoiro de Makey Makey en sexto de primaria. Que ben o pasamos convertendo os folios nun piano, nun mando de consola, ...
Obradoiro de brazaletes luminosos en cuarto de primaria.
Obradoiro e-textiles con Paola Guimerans en quinto de primaria. Traballamos co programa MAKE CODE, e as placas microbit.
martes, 15 de marzo de 2022
XORNADA DE VOLEI
Hoxe o alumnado de 5° acudimos a unha Xornada de Volei organizada polo Servizo de Deportes, na que xogamos co colexio Possumus. Foi unha xornada de diversión na que tamen puidemos demostrar o aprendido nas aulas de Ed. Física. A seguinte xornada deportiva será a de atletismo. Xa estamos desexando que chegue!
venres, 11 de marzo de 2022
xoves, 10 de marzo de 2022
8 de marzo DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Unha actividade para para aprender xuntos, sensibilizar e expresar as nosas ideas.