xoves, 24 de xaneiro de 2019

EXODEGA GESTIÓN AGASALLOUNOS CUNS OBRADOIROS LEGO PARA TODO O ALUMNADO

O alumnado de 4 e 5 anos participou nunha sesión de xogo con pezas LEGO. As monitoras da devandita actividade trouxeron unhas caixas cheas destas pezas, que motivaron a curiosidade e o interese dos cativos. A continuación, e tras unha animación inicial, dividiron os nenos e nenas en grupos para facer diferentes actividades (montar paisaxes e personaxes a partir dos que inventar historias; recrear montaxes ilustradas en diferentes láminas...). Todos e todas gozaron moito da actividade e quedaron con ganas de máis.

O alumnado de primaria, empregando a aprendizaxe cooperativa, contou cuns obradoiros de LEGO Education Robotix. Estes obradoiros axudáronnos a preparar mellor ao noso alumnado, para o tema anual (A ciencia) e espertou neles o interese pola programación e a robótica.

Coa utilización dos compoñentes de LEGO EDUCATION o alumnado foi quen de resolver problemas, crear, reflexionar e deseñar gozando da gran ferramenta tecnolóxica que foi posta nas súas mans.
PREME NA IMAXE
GRAZAS MANUEL!

Ningún comentario:

Publicar un comentario