martes, 26 de maio de 2026

NA LAREIRA DOS CONTOS... ROSA CHAPELA

Hoxe tivemos a inmensa sorte de recibir a Rosa Chapela na nosa Lareira dos Contos.


 

Rosa, mamá de Martiño, compartiu connosco unha fermosa historia inspirada na súa propia vida, un relato cheo de emoción, lembranzas e aprendizaxes que nos permitiu coñecela un pouco mellor e gozar dun momento verdadeiramente especial.

A súa proximidade, a súa sensibilidade e a súa capacidade para transmitir  fixeron que a sesión fose unha experiencia única para todos e todas.

Queremos agradecerlle de corazón a súa visita e o tempo que nos dedicou. Foi un auténtico privilexio contar coa súa presenza .

Grazas, Rosa, por regalarnos a túa historia e por facer deste día un recordo que gardaremos con moito agarimo


Ningún comentario:

Publicar un comentario