domingo, 22 de maio de 2022

ESTENDENDO VIGO

 

Na escola do Resío, levamos a cabo unha experiencia basada no coñecemento da nosa cidade “Alén do Resío”

Esta experiencia didáctica xorde no desenvolvento dunha unidade didáctica da área de expresión artística, concretamente da materia de Plástica.

Partindo do libro “ De acuarelas por VIGO” do artista Eduardo Baamonde, no que se poden observar distintas rúas, prazas, edificios da nosa cidade, o alumnado de cuarto, quinto e sexto curso de primaria elixe o debuxo que que máis lle motiva e o reproduce ao seu xeito nunha camiseta branca.


O alumnado do primeiro, segundo e terceiro curso de primaria tamén participa no proxecto debuxando as camisetas a partir de fotografías de persoeiros, esculturas, edificios, parques e rúas da nosa cidade.


Este traballo é emocionante pero complicado, xa que o debuxo sobre tea non é tan sinxelo e  o traballo coas pinturas de tea é diferente aos  materiais utilizados habitualmente.


Conscientes da importancia da colaboración familiar, foméntanse moitas actividades para enriquecer a aprendizaxe do alumnado. no periodo vacacional fíxose unha proposta de traballo en familia na que se lle pediu  que visitasen cos seus fillos o lugar que eles decidiron debuxar, se lles motivou para que investigasen sobre o mesmo e se incentivou para que enviasen un pequeno video de non máis dun minuto no que nos contasen os detalles que máis lle gustasen do lugar. 



 

 

 

 



O resultado, unha fermosa exposición á que toda a comunidade educativa está convidada a visitar.

 

 











 

Ningún comentario:

Publicar un comentario