luns, 16 de marzo de 2026
venres, 22 de marzo de 2024
COMO CONVERTIR UNHA IDEA NUN PROXECTO
Esta semana tivemos a sorte de contar con Marcos Cabrera Riande, pai de Mateo e Martíño. Este físico, nos ofreceu un faladoiro moi ameno e enriquecedor para o alumnado do quinto e sexto cursos de primaria, no que nos aprendeu que son as startups.
Grazas Marcos por falarnos de cousas tan interesantes!
Un pracer contar con pais que nos axudan tanto!
martes, 27 de febreiro de 2024
NAIS E PAIS STEAM
luns, 5 de febreiro de 2024
OBRADOIRO DE COCIÑA: FILLOAS
Hoxe tivo lugar un obradoiro de cociña no sexto curso de primaria: Filloas.
Aproveitouse para traballar, en equipo, a roda dos alimentos, etiquetas nutricionais, data de caducidade e etiquetado dos envases.
Creamos a nosa marca de filloas e deseñamos o seu envase para comercializalas; aprpveitamos os coñecementos adquiridos en xeometría, xa que os envases son volumes xeométricos!




sábado, 11 de febreiro de 2023
11 DE FEBREIRO, DÍA DA NENA, A MULLER E A CIENCIA
O día 11 de candeas conmemorase o Día Internacional da muller e a nena na ciencia a través de actividades que visibilizan o traballo das mulleres que se dedican ás areas STEAM, creando así referentes femininos para a rapazada e tamén pretende dar a coñecer os distintos factores que afectan ás mulleres para alcanzar a igualdade de xénero no ámbito científico.
Esta data celébrase dende o ano 2015.
No recibidor da escola temos un xogo con grandes mulleres científicas, co que traballaremos ao longo desta semana. Ademáis, pedimos a colaboración familiar para levar a cabo experimentos científicos.
Aquí tedes os traballos recibidos.
Moitas grazas familias!
mércores, 16 de febreiro de 2022
NAIS E CIENTÍFICAS
Investigamos sobre as nais científicas da escola, vos enviamos a ligazón da presentación de todas elas. NAIS E CIENTÍFICAS DO RESÍO.
luns, 14 de febreiro de 2022
venres, 11 de febreiro de 2022
11 DE CANDEAS: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
Hoxe, 11 de febreiro, conmemorase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia co obxectivo de visibilizar o traballo das mulleres que se dedican ás areas STEM.
Con este motivo, na escola comezamos unha nova aventura investigando sobre as mulleres científicas presentes nas rúas de Vigo. Se acudimos ao plano de Vigo, vemos que, das case 2000 rúas e prazas que o compoñén, arredor de 40 se lle dedican a mulleres, e delas 3 son científicas.
Na entrada da escola, convertemos o laboratorio do Doutor Bacilus nun gran fondo submariño, no que hoxe apareceu o barco de Ángeles Alvariño. Coñecemos aspectos da súa vida e a aprendemos algo dela e do seu traballo. Con Ángeles investigamos sobre a auga e a relación que ten co noso corpo e coa contorna. Hoxe, no tempo de lecer, a rapazada, presentou ante os seus compañeiros de escola distintos experimentos nos que a auga é fundamental.
Investigamos sobre as nais científicas da escola, vos enviamos a ligazón da presentación de todas elas. NAIS E CIENTÍFICAS DO RESÍO
Tamén investigamos a:
- Ángeles Alvariño, Científica galega recoñecida internacionalmente. Estudou Ciencias Naturais e foi a primeira muller en viaxar como científica nun buque de investigación británico. Os seus traballos tiveron especial relevancia e aplicación na oceanografía e na bioloxía mariña.çEn Vigo traballou no IEO (Instituto ESpañol de Oceanografía), logo marchou aos Estados Unidos a seguir investigando. Descubriu 22 especies novas de ZOOPLANCTO. Os seus estudos foron de grande importancia para mellorar a pesca, que tanto depende da presenza do plancto.Hai unha rúa que leva o seu nome na urbanización de Cabo Estai en Canido.
- Olimpia Valencia. Foi a primeira galega que fixo un doutoramento. Foi en Medicina en Madrid. Exerceu de xinecóloga na cidade olívica durante décadas, sendo a primeira médica con consulta propia.
- Madame Curie. Naceu en Polonia e dá o seu nome a unha praza da Universidade. Descubriu un comportamento estraño nos átomos duns materiais, e chamoulle: Radioactividade. Foi a primeira muller en recibir o premio Nobel e... por dúas veces, en 1903 de física e en 1911 de Química.
E agora, precisamos a vosa axuda, vos convidamos a participar e colaborar con nós e vos facemos a seguinte proposta:
Nesta fin de semana podedes facer experimentos científicas en familia, gravalos en vídeo e mandalos ao wasap do cole, 658715569.
Durante a vindeira semana, todxs xs que queirades poderedes amosarnos os vosos experimentos durante o recreo no Laboratorio do Doutor Bacilus.
Veña, poñede os ollos científicos e ...
A DESCUBRIR!!
A EXPERIMENTAR!!!
venres, 11 de xuño de 2021
CONGRESO PRADARÍAS MARIÑAS
Hoxe, un grupo reducido de alumnado do quinto curso de primaria representou á nosa escola no
I CONGRESO sobre PRADARÍAS MARIÑAS que tivo lugar en OLEIROS.
Seis foron os alumnos seleccionados para explicar a outros rapaces doutras escolas as nosas experiencias na praia do Adro, o traballo desenvolvido e as conclusións obtidas.
Un fermoso traballo de investigación e divulgación científica. Noraboa!
Aquí a nosa exposición: Minuto 43
<iframe frameborder="0" height="270" src="https://youtube.com/embed/VjCuj96L98E" width="480"></iframe>













