xoves, 28 de abril de 2022

NAVEGA CON RUMBO

 

Hoxe, tivemos a sorte de contar con Ramón, peersoa pertencente ao Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG),  que  en colaboración coa Xunta de Galicia, axudounos e ensinounos como podemos navegar pola Rede con seguridade. 

Na charla, tentouse que o alumnado se mentalizase da necesidade de facer un uso responsable das novas tecnoloxías.A Internet é divertida e útil. Pódese buscar información para realizar traballos e tamén coñecer e comunicarte cunha chea de persoas ou divertirte xogando.  Hai un principio común a todas elas: non fagas en Internet nada do que non farías na túa vida real. 

A Internet representa un mundo de posibilidades para o lecer e a aprendizaxe pero tamén supón unha serie de riscos, aprendamos a viaxar polo seu espazo.


 



Ningún comentario:

Publicar un comentario