luns, 1 de xuño de 2026

NA LAREIRA DOS CONTOS... BEA

  

Hoxe visitounos Bea, a nai de Uxía (2°EP). Na Lareira dos Contos pasamos un ratiño moi agradable coa lectura do conto "TEA", unha experiencia coa que empatizar coas persoas con esta condición. 

Na biblio do cole contamos con  este fermoso álbum ilustrado que busca achegar aos lectores e lectoras á realidade das persoas con Trastorno do Espectro Autista dunha maneira moi visual e vivencial. O aspecto máis orixinal do libro é que propón unha experiencia inmersiva: mediante o uso dunhas lentes especiais, os nenos e nenas poden observar unha mesma historia desde dúas perspectivas diferentes. Deste xeito, comprenden mellor como perciben o mundo algunhas persoas con TEA e desenvolven a empatía cara ás súas necesidades e formas de relacionarse.

 Moitas grazas, Bea!!!

1 comentario:

  1. Un pracer compartir este ratiño coa rapazada! 🥰
    Bea

    ResponderEliminar