venres, 26 de abril de 2024

martes, 23 de abril de 2024

23 ABRIL, DÍA DO LIBRO

 


 Hoxe é un día especial, na escola celebramos o día do libro. Levamos días preparando a actividade de lecturas compartidas, onde os maiores len contos aos pequenos, polo que houbo que elexir o libro que iamos contar aos afillados , preparala lectura,... e os máis cativos fixeron un marcapáxinas nas aulas para agasallarlle aos seus padriños/madriñas.







Por outra banda coñecemos a resolución do xurado que nomeou aos gañadores do concurse de deseño da chapa identificativa do evento do día de hoxe mailo cartaz.



Pasámolo fenomenal e o tempo acompañounos toda a mañá.

Xa desexamos que chegue o vindeiro día do libro. 

Por outra banda, o Equipo de Biblioteca preparou tamén unha fermosa exposición de libros sobre os libros. 

 

luns, 15 de abril de 2024

COMEZAN AS XIII XORNADAS DE EXPERT@S

 Hoxe dan comezo as XIII XORNADAS DE EXPERT@S nun PLANETA CHEO DE VIDA.


 Teñen a sorte de inaugurar as xornada o alumnado do cuarto curso de primaria que son expert@s nas Illas Atlánticas.

Esperemos que gocedes da conferencia.


 

mércores, 10 de abril de 2024

AS FAMILIAS FAN MARABILLAS

Encontro ás cegas cun libro. A colaboración familia escola é un dos nosos piares fundamentais. EStades convidados a visitar a exposición.

 Polas mañás de 9 a 9.30 e polas tardes de 4 a 5h. 

GRAZAS!




 


 

domingo, 31 de marzo de 2024

CICLO DE CINE EN FAMILIA: LUNS DE CINE ECOLÓXICO

Benqueridas familias, imos comezar este trimestre cun cico de CINE EN FAMILIA. Levarase a cabo durante cinco luns ás 16h.

Esperámosvos!


 

Lembrade que o alumnado de Educación Infantil e primeiro ciclo de primaria deberá vir acompañado dun adulto e de terceiro de primaria en adiante poden acudir sós.

martes, 26 de marzo de 2024

A TVG, FAISE ECO DO NOSO PDI. SAÍMOS NO QUEN ANDA Aï?

 Un fermoso momento para compartir.

 

 

Hoxe, Ana, a nosa Xefa de Estudos, acompañada de catro alumnas do quinto curso de primaria Emma, Xoana, Ariadna e Olivia, participaron no programa Quen anda aí? da TVG

Mirádeo para saber que contaron!

Grazas ás súas familias por apoiarnos e por permitir que asistiran e colaborar neste proxecto tan bonito.

venres, 22 de marzo de 2024

ENCONTRO ÁS CEGAS CUN LIBRO



 

Picolindo empresta ao alumnado un libro relacionado co tema anual "Un planeta cheo de vida" e agora espera os vosos fermosos traballos desexando que a súa elección fora do voso agrado. 

Boa Semana Santa!

COMO CONVERTIR UNHA IDEA NUN PROXECTO

 Esta semana tivemos a sorte de  contar con Marcos Cabrera Riande, pai de Mateo e Martíño. Este  físico, nos ofreceu un faladoiro moi ameno e enriquecedor para o  alumnado do quinto e sexto cursos de primaria,  no que nos aprendeu que son as startups.

Grazas Marcos por falarnos de cousas tan interesantes!

Un pracer contar con pais que nos axudan tanto!




 

xoves, 21 de marzo de 2024

martes, 19 de marzo de 2024

DÍA DO PAI

 Hoxe é o Día do Pai, un xeito de agasallalos e de recordarlles o importantes que son para nós.






venres, 15 de marzo de 2024

TRAMPAS DE VELUTINAS

  

 


 

 






HOXE VISÍTANOS: PABLO NOGUEIRA



 Hoxe tivemos na escola a primeira visita de autor@s do curso grazas a, Edicións Xerais. Pablo Nogueiras, falou do seu libro "Ringo, memorias dun Coello fedello", que está cheo e palabras antigas rescatadas das memorias dos avós, coma se dun tesouro se tratara, ou das diferenzas, como algo que nos une. 


Tamén nos lembrou a importancia de reler sempre o que escribimos para poder producir textos fermosos.

 

Desexando estamos de ler o seguinte libro que está a piques de saír e que é de POESÍA.  

Grazas pola túa dedicatoria, e grazas por asinar tantos libros.

 

 

Grazas Pablo pola túa visita!

xoves, 14 de marzo de 2024

OBRADOIRO " TE LO CUENTAN LAS MATEMÁTICAS" COA UVIGO

Feliz día das Matemáticas!


A pasada semana gozamos cos talleres manipulativos  e mañá cos tecnolóxicos.

 




O quinto curso de primaria, traballa este trimestre o bloque "Te lo cuentan las cónicas, te lo cuenta una astrónoma" e o sexto curso " Te lo cuentan los movimientos, te lo cuenta una artista".

O alumnado de quinto participará no lanzamento dun satélite artificial e os de sexto crearán un gif animado, creado grazas a unha sucesión de maxes en movemento.

Uns fermosos obradoiros grazas a unha moi boa iniciativa da Universidade de Vi




go.

Aquí podedes ver todo o que fan. Son marabillosos!

https://telocuentanlasmatematicas.webs.uvigo.es/ 

https://telocuentanlasmatematicas.webs.uvigo.es/recursos/ 

Grazas!

 

mércores, 13 de marzo de 2024

PAPIROFLEXIA

 No segundo curso de primaria, iniciaronse no mundo da papiroflexia, creando peixiños para o río que están a crear no corredor. Un gran traballo creativo e manipulativo!



 

venres, 8 de marzo de 2024

A TVG, DÁ A COÑECER AS NOSAS ACTIVIDADES EDUCATIVAS POLO 8M

 Hoxe, contamos coa TVG na nosa escola. Fixeron un par de conexións en directo co programa A REVISTA para mostrar, na primeira conexión, parte do obradoiro de booktrailers e na sgunda, o obradoiro de creación de chapas. Non só amosaron o traballo que se estaba a realizar senón que tamén quixeron  coñecer as impresións do noso alumnado.


 

Grazas por contar connosco!

8 M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 Hoxe é un día de reivindicaciós, unha data necesaria para poñer en valor a figura da feminina ao longo da historia, un recoñecemento ao seu traballo e o gran papel que desenvolve e desenvoleu sempre na sociedade. Celebramos quehoxe en día a  sociedade avanza na igualdade de dereitos entre as persoas. Este contido  trabállamolo tódolos días, pero hoxe  visibilizamolo a través de distintas actividades e obradoiros.

Ao longo a semana, propúxose un "traballo en familia" co título 

 ECO-MULLERES DO RESÍO


Este traballo consiste en destacar unha muller da nosa contorna (familiar, veciña, coñecida...) que sobresae, ao noso parecer, polo seu compromiso co planeta, e explicar cal é a súa acción ecolóxica. 

Con tódolos documentos recibidos, elaboramos un libro que estará situado nun lugar importante da nosa biblioteca, e do que vos daremos conta con esta  presentación.

 

Paralelamente, o alumnado do quinto e sexto cursos de educación primaria, desenvolve ao longo de toda xornada un obradoiro de creación de BOOKTRAILERS,da man da empresa GINKO,  con Roi Guitián e María Lobo.  Os libros utilizados son, todos eles, relacionados coa igualdade. Este obradoiro desenvólvese grazas a participación da escola no programa de BIBLIOTECAS CREATIVAS.

 

   


 

No tempo de lecer, no Recuncho Fedelleiro, houbo un obradoiro de elaboración de chapas; no que o alumnado, de xeito libre e voluntario, acodíu para facer a súa chapa. Moitos dos cativos, levaron a chapa como agasallo para as súas nais.





Doutra banda, na hora de ler, un grupo de alumn@s voluntarios do quinto curso de primaria ofreceu ao resto do alumnado,  unha micro representación teatral do libro, ROSA CARAMELO.


 




Nas aulas os mestres fixeron tamén pequenas actividades significativas do gallo do Día Internacional da Muller.

O alumnado do segundo curso elaborou pulseiras.