martes, 15 de maio de 2012

O ILUSTRADOR ABRAHAM CARREIRO ESTIVO HOXE NA NOSA ESCOLA.

Outra das actividades realizadas para celebrar o Día Mundial do Libro foi a visita de Abraham Carreiro, un grande ilustrador de contos e de bandas deseñadas, con él tivemos a oportunidade de aprender e pór en práctica diversas técnicas de debuxo.Cunha gran rapidez comezou a crear divertidos personaxes enchendo un papel branco nun intre. Presentounos aos seus piratas cibernéticos, mentres, explicába como conseguir corpos proporcionados, expresar sentimentos,... Falamos do seu libro Xoeliki, aventuras dun ciberpirata e aprendemos a debuxar os personaxes. Tanto o alumnado como o profesorado puxeron moito interese nas cousas que  contaba. Aquí tedes imaxes da súa visita. ANGELA NOVOA BLANCO.

2 comentarios:

  1. Era moi simpático , caeume moi ben.
    Deberia facer mais libros!!!

    ResponderEliminar
  2. O rapaz era moi garacioso e gustoume moito a súa visita

    ResponderEliminar