No sexto curso de educación infantil estivemos investigando sobre os vermes de seda. O seu ciclo vital está chegando ao seu fin e hoxe tivemos a sorte de ver en directo como nacía unha bolboreta do seu casulo. No seguinte video podedes velo.
A nosa
aula, a dos nen@s de tres anos, está a traballar cómo eran os seus primeiros habitantes, cómo vestían, cómo
vivían, cómo se alimentaban…estamos a facer un traballo de investigación.
O noso disfrace de entroido baseouse na vida e costumes destes primeiros boucenses.
Se queredes saber algo da historia de Bouzas, como fixemos os nosos disfraces, e sorprendervos con cousas que non sabiades antes...só tedes que premer na foto e veredes qué interesante.
FELÍZ ENTROIDO A TOD@S E UNHA APERTA MOI FORTE DOS NEN@S DE 3 ANOS E A PROFE MARICRUZ.
PREME NO DEBUXO DO CABALEIRO DAS CUNCHAS E DECUBRE ESTA FERMOSA LENDA DE BOUZAS ,ADEMÁIS DE CONSULTAR O PROGRAMA DAS FESTAS DESTA FERMOSA VILA ,ONDE ESTÁ UBICADA O NOSO COLE,QUE SERÁN ESTA FIN DE SEMANA.
NON VOS PODEDES PERDER ESTAS FESTAS QUE SON DE INTERESE TURÍSTICO NACIONAL,NIN A SÚA TIRADA DE FOGOS DE ARTIFICIO.
O MÉRCORES, PARA NÓS FOI UN DÍA MOI ESPECIAL ! PERECHO E A PROFE MARICRUZ TROUXERON UNHA BOLA MÁXICA, A BOLA DAS BOAS EMOCIÓNS E DOS BÓS SENTIMENTOS.!A PROFE TIVO QUE IR BUSCALA Á BOUZA,ONDE VIVE PERECHO.AS FADAS,OS TRASNOS,OS DUENDES...E TÓDOLOS HABITANTES MÁXICOS DA BOUZA,CONCENTRARON AS SÚAS ENERXIAS POSITIVAS NESTA MARAVILLOSA BOLA.FOI UN POUCO COMPLICADO TRAELA Á ESCOLA,PERO A PROFE CONSEGUÍUNO.
É MOI GRANDE PORQUE ESTÁ CHEA DE TODAS AS
COUSAS BOAS DO MUNDO: LEDICIA,FELICIDADE, BONDADE, ESPERANZA, ILUSIÓN,SOLIDARIEDADE... SÓ TES QUE POÑER AS TÚAS MÁNS SOBRE ELA, OU POÑERTE MOI PRETO DELA,DESEXAR COUSAS BOAS CON MOITA FORZA E...ZAS!!! XA ESTÁS CHEO DE TÓDOLO BO QUE DESEXACHES.
MOITAS GRAZAS, BOLA MÁXICA, POR AXUDARNOS A SER MILLORES!
AQUÍ NOS PODEDES VER RECIBINDO OS PODERES DA BOLA DAS BOAS EMOCIÓNS.
NA SEMANA DA PRENSA,ADEMÁIS DE ESTUDAR AS PARTES DUNHA NOVA,EXPLORAR DIFERENTES XORNAIS,TANTO EN PAPEL COMO DIXITAIS NO BLOGUE...,COMO SE FAI SEMPRE...,APROVEITAMOS QUE SILVIA TROUXERA Á ESCOLA UN LIBRO MOI INTERESANTE.UN CONTO TRADICIONAL,TRANSFORMADO DE TAL XEITO QUE A PRENSA,TEN TANTA INFLUENZA NO CONTO...,QUE TRASTOCA A TEMÁTICA DO MESMO.
APROVEITAMOS PARA FACER TÉCNICAS DE LECTURA.
OS NOSOS RAPACES SON TAL DE FACER AS PAUSAS NOS PUNTOS E AS COMAS,LER CUESTIÓNS E ADMIRACIÓNS.
ALGÚNS XA LEN COMO DE PRIMARIA.
FIXEMOS,POR PRIMEIRA VEZ,UN DIÁLOGO LIDO.
CARAPUCHIÑA VERMELLA FOI SILVIA,O LOBO FOI ADRIÁN E A NARRADORA DA HISTORIA FOI A PROFE MARICRUZ.
OS NENOS/AS ESTABAN ENCANTADOS/AS.
É IMPRESIONANTE,COMO NENOS/AS TAN PEQUENIÑOS,FAN UNHA LECTURA DE DIÁLOGOS,E NON SILABEANDO ,SENON LENDO MOI MOI BEN.
UN CONTO DE SEMPRE PARA A SEMANA DA PRENSA. FELICIDADES,NENOS/AS DE 6º DE ED. INFANTÍL!
A tradición máis importante de Romanía é que os nenos vaian de casa en casa cantando panxoliñas e recitando poesías e lendas durante a tempada do Nadal. O líder leva unha enorme estrela de madeira denominada steaua, que está cuberta con papel brillante e decorada con campás e cintas de cores.
Unha pintura da Sacra Familia está pegada no centro da estrela e todo isto colócase sobre o pau que suxeita quen o leva. O que máis gusta sobre os Nadais deste país é o espírito do Nadal que se sente no aire, todos esquecen os problemas do ano, a ilusión dos nenos ao recibir un agasallo, non piden cousas, porque alí hai pobreza, confórmanse co que sexa.
Antes de todo, as nais adoitan preparar COZONAC unha clase de panettonne, ou algo así, que é un pan doce, recheo de crema de chocolate e noces, e que os nenos esperan con impaciencia que saia do forno para probalo quente. Fanno nun forno con lume de leña. Despois preparan o xantar, que como aquí, ten que ser especial, xa que toda a familia se reune nas casas. Pasteis caseiros e preparados específicos de carne de porco que se mata unha semana antes de Nadal, cunha clase de ritual moi antigo, unha tradición que se gardou durante séculos. E a noite antes de Nadais, todos os nenos do pobo van a todas as casas do pobo a cantar panxoliñas, para que todos teñan sorte no aninovo. Dábanselles a troque noces e roscas, e voltaban a casa así pola mañá, xeados pero contentos, cun saquiño cheo de agasallos doces. Toda esa noite a vila énchese do canto e dos risos dos nenos. O día de Nadal van todos á igrexa, e alí está case todo o pobo, a xente non colle toda dentro.
Logo, todos volven ás súas casas e poñen a mesa porque os fillos van visitar ós seus pais con netos e sobriños, xúntase toda a familia, do máis vello ao máis cativo, e as festas continúan ata a noite. A xente bota moito de menos esta tempada a atmosfera de felicidade e de festa de alí. Tamén adornan a árbore de Nadal, con doces e bólas, luces e xoguetes, se hai nenos na casa, isto faise a noite antes de Nadal. Os agasallos non son cousas caras, pero para os nenos son o mellor do mundo xa que os trouxo o vello Papa Noël ou San Nicolás, depende da relixión que profesen.
Todo é alí diferente, a xente pásao mellor, dado que se poden permitir cousas así só tres veces ao ano: de Nadal, Noite Vella e Pascua.
Alí o Nadal celébrase algo diferente. O Nacemento do Neno Xesús, é unha tolemia de xente correndo na procura de agasallos, mesas festivas e pouco máis. Noutros países ortodoxos, como Bulgaria, Romanía ou Grecia, o que se conmemora é, no día 6, o bautismo de Cristo, mentres o Nadal é o 25 de decembro como en Occidente. En Romania, en Chipre e Grecia, os popes, ademáis, van de casa en casa e bendicen os fogares con albahaca mollada en auga bendita. Os romaneses, ortodoxos, non poñen o belén nin celebran o día de Reis. No seu caso, é San Nicolás o que, o 24 de decembro, chega cargado de agasallos.
E AGORA,UNHA PRECIOSA PANXOLIÑA POPULAR DE ROMANÍA.
GRAZAS ÁS FAMILIAS POR COLABORAR NA ELABORACIÓN DAS ONDAS DE "UN MAR DE MEDO". COMO A MAIORÍA DOS NENOS/AS EXPRESARON O SEU MEDO Á ESCURIDADE NO SEU DORMITORIO,AMÓSOVOS AQUÍ UN PAR DE CONSELLIÑOS ,POIS NA ESCOLA ESTE TEMA XA FOI TRATADO E NA AULA NON TEÑEN MEDO A ESTAR ÁS ESCURAS. AGORA É IMPORTANTE QUE FAGADES O MESMO NA CASA.
A orixe desta festa pérdese na noite dos tempos e posiblemente sexa a mestura das tradicións e ritos dos diferentes pobos que pasaron por esta terra.
Así, para os celtas, o Samaín (31 de Outubro) era a última noite do ano e considerábase un momento propicio para presaxiar o futuro. Pensaban que nesta data as portas do “outro mundo” quedaban abertas e que as ánimas dos defuntos e outros espritos invadían, por unhas horas, o mundo dos vivos; as ánimas dos finados voltaban visitar ás súas familias na súas antigas casas para quentarse a carón do lume da lareira e comer os alimentos que lles tiñan preparados os seus parentes. Os celtas tamén acendían grandes fogueiras e colocaban as caveiras iluminadas dos seus inimigos no máis alto dos castros para espantar aos espritos malignos. De aí pasouse a facer caveiras coa cortiza das cabazas. Esta tradición conservouse ata os nosos días en toda Galiza, aínda que recibindo nomes diferentes en cada lugar: calacús polas Rías Baixas, caveiras de melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondros en Ourense… etc.
Os romanos, despois de conquistar territorios habitados por pobos célticos, engadiron ao Samaín elementos da súa festa da colleita, que se celebraba o 1 de Novembro na honra de Pomona, deusa dos froitos e das árbores, á quen facían distintas ofrendas. Por iso, hoxe en Galiza consérvase o costume do Magosto, consistente nunha festa onde se comen castañas, aínda que existen outras comidas e doces típicos destes días.
Os cristiáns celebran o 31 de Outubro a véspera de Todos os Santos. Os católicos recordan aos seus mortos e axúdanos a saír do purgatorio coas súas pregarias e acendendo candeas que deben estar prendidas ata que se consuman. A Igrexa designou o 1 de Novembro como Día de Todos os Santos no século IX, agardando ata o século XII para nomear o 2 de Novembro como o Día dos Fieis Defuntos, cristianizando deste xeito a festa celta dos mortos.
Na actualidade, en Galiza consérvase unha mestura de todas estas tradicións. Así, acéndense cabazas ou calacús (as caveiras dos inimigos dos celtas); cócense castañas con anís para as ánimas do purgatorio e outros espectros (ofrenda de froitos á deusa Pomona); acéndense e aliméntanse pequenas candeas que flotan dentro de cuncas con auga e aceite, de forma que cando se consomen é porque unha ánima do purgatorio xa alcanzou a luz (salvación das ánimas cristiás e efecto buscado polos druídas celtas coas súas fogueiras).
Coa cristianización, a Igrexa prohibiu moitos destes milenarios ritos por consideralos pagáns, sendo os nenos quen os transformaron e continuaron as celebracións suplantando con disfraces aos defuntos e percorrendo as casas do pobo, onde interpretaban cantigas de agradecemento se os recibían con chulas de cabaza, carne, pan, viño e froitos secos que gardaban nas súas bolsas; pero, se non lles tiñan nada preparado, as cantigas eran de escarnio cara os da casa ou dábanlles un gran susto.
Polo tanto, aínda que existe a crenza xeneralizada de que a Noite dos Calacús, Samaín, ou Halloween é unha festa importada dende USA, en realidade sucede todo o contrario. En efecto, os dous millóns de galegos que emigraron a América dende o século XIX e os emigrantes irlandeses e doutras nacións céltico-atlánticas que marcharon a Norteamérica foron os que levaron alí a celebración do Día de Defuntos, a cal, por desgraza, regresa a nós hoxe en día en forma de Halloween desvirtuado e cutre, convertido nun comercial entroido festivo carente do fermoso significado máxico e ritual que tiña noutros tempos pasados a Noite dos Calacús.
Distintivo dos nosos nenos/as para
a festa dos calacús.
Non só se celebra a noite dos calacús en Galiza senon tamén en case toda España e norte de Portugal,con pequenas variacións.Os nenos/as de 5 anos quixeron facer o que facían os seus antergos e foron por tódalas aulas da escola pedindo "chulas de cabaza ou pesetas" coa finalidade de voltar ás nosas raices e non esquecer a nosa cultura.Podedes mirar o que pasou neste blogue e "O RECANTO DE PERECHO E MARICRUZ",o blogue da nosa clase. NON COMADES DEMASIADAS CHULAS E CASTAÑAS,NIN DEMASIADOS BUÑUELOS E OSOS DE SANTO.LEMBRÁDEVOS DOS QUE XA NON ESTÁN CONNOSCO,POIS TEMOS MOITO QUE AGRADECERLLES.MOITOS BIQUIÑOS DE PICOLINDO,PERECHO E MARICRUZ.
OS RAPACES E RAPAZAS ÍAN POLAS CASAS DEMANDANDO CHULAS DE CABAZA(CALACÚ) OU REAIS OU PESETAS.
SE NON CONSEGUÍAN O QUE QUERÍAN, ESPERABAN AOS DONOS DA CASA E ASUSTABAN DE TAL XEITO QUE ...POLA CONTA QUE LLES TRAÍA, DÁBANLLES SEMPRE ALGUNHA LARPEIRADA, SOBRE TODO CHULAS DE CABAZA, SOBREMESA TÍPICA DO SAMAÍN NO BAIXO MIÑO.
NÓS FIXEMOS O MESMO POLAS DIFERENTES AULAS DA NOSA ESCOLA.
MIRADE O QUE PASOU...
PARA QUE POIDADES FACER AS CHULAS DE CALACÚ,NAS VOSAS CASAS...ESTUDADE BEN A RECEITA.
TEMOS A OBRIGA DE RECUPERAR TÓDALAS NOSAS TRADICIÓNS.
E ESTA É UNHA DELAS.
ESTÁN BOÍSIMAS!
UN BIQUIÑO DOS NENOS/AS DE 5 ANOS,PERECHO E A PROFE MARICRUZ,E...