O NADAL EN ROMANÍA
A tradición máis importante de Romanía é que os nenos vaian de casa en casa cantando panxoliñas e recitando poesías e lendas durante a tempada do Nadal. O líder leva unha enorme estrela de madeira denominada steaua, que está cuberta con papel brillante e decorada con campás e cintas de cores.
Unha pintura da Sacra Familia está pegada no centro da estrela e todo isto colócase sobre o pau que suxeita quen o leva. O que máis gusta sobre os Nadais deste país é o espírito do Nadal que se sente no aire, todos esquecen os problemas do ano, a ilusión dos nenos ao recibir un agasallo, non piden cousas, porque alí hai pobreza, confórmanse co que sexa.
Antes de todo, as nais adoitan preparar COZONAC unha clase de panettonne, ou algo así, que é un pan doce, recheo de crema de chocolate e noces, e que os nenos esperan con impaciencia que saia do forno para probalo quente. Fanno nun forno con lume de leña. Despois preparan o xantar, que como aquí, ten que ser especial, xa que toda a familia se reune nas casas. Pasteis caseiros e preparados específicos de carne de porco que se mata unha semana antes de Nadal, cunha clase de ritual moi antigo, unha tradición que se gardou durante séculos. E a noite antes de Nadais, todos os nenos do pobo van a todas as casas do pobo a cantar panxoliñas, para que todos teñan sorte no aninovo. Dábanselles a troque noces e roscas, e voltaban a casa así pola mañá, xeados pero contentos, cun saquiño cheo de agasallos doces. Toda esa noite a vila énchese do canto e dos risos dos nenos. O día de Nadal van todos á igrexa, e alí está case todo o pobo, a xente non colle toda dentro.
Logo, todos volven ás súas casas e poñen a mesa porque os fillos van visitar ós seus pais con netos e sobriños, xúntase toda a familia, do máis vello ao máis cativo, e as festas continúan ata a noite. A xente bota moito de menos esta tempada a atmosfera de felicidade e de festa de alí. Tamén adornan a árbore de Nadal, con doces e bólas, luces e xoguetes, se hai nenos na casa, isto faise a noite antes de Nadal. Os agasallos non son cousas caras, pero para os nenos son o mellor do mundo xa que os trouxo o vello Papa Noël ou San Nicolás, depende da relixión que profesen.
Todo é alí diferente, a xente pásao mellor, dado que se poden permitir cousas así só tres veces ao ano: de Nadal, Noite Vella e Pascua.
Alí o Nadal celébrase algo diferente. O Nacemento do Neno Xesús, é unha tolemia de xente correndo na procura de agasallos, mesas festivas e pouco máis. Noutros países ortodoxos, como Bulgaria, Romanía ou Grecia, o que se conmemora é, no día 6, o bautismo de Cristo, mentres o Nadal é o 25 de decembro como en Occidente. En Romania, en Chipre e Grecia, os popes, ademáis, van de casa en casa e bendicen os fogares con albahaca mollada en auga bendita. Os romaneses, ortodoxos, non poñen o belén nin celebran o día de Reis. No seu caso, é San Nicolás o que, o 24 de decembro, chega cargado de agasallos.
E AGORA,UNHA PRECIOSA PANXOLIÑA POPULAR DE ROMANÍA.
CRACIUN FERICIT SI UN AN NOU FERICIT!
Ningún comentario:
Publicar un comentario