Ola
, familias !
Supoño
que despois destes días solleiros, tivestes tempo de dar uns paseíños por Bouzas
e por Navia e atopastes os Carteis do Xogo : Descubrimos a Rodari que están
situados en diferentes lugares das dúas parroquias.
Se
queredes xogar, seguide estes pasos:
- Saíde da casa cun móbil e a Carta de Xogo co plano dos lugares onde hai cartel.( Bouzas e Navia).
-
Cando atopedes algún deles, tomade nota do número que ten ese cartel e lede o
código QR co móbil que vos levará a un vídeo.
-
Veredes un vídeo de nenas e nenos do colexio falando sobre un conto de Rodari ,
a cada cartel correspondelle un vídeo distinto . Hai 14.
-
Mirade na parte de atrás da Carta de Xogo onde aparecen os libros, relaciona o
que contan no vídeo con algún dos contos .
-Entrade aquí no blogue e escribide abaixo en Comentarios
as respostas : número de cartel co
título do conto .
Non
esquezades poñer o voso nome !!!
Non
é necesario encontrar os 14 , pero cantos máis mellor, mais Pikeuros
conseguiredes. Podedes entrar a comentar cantas veces queirades. Os comentarios non se farán públicos ata rematado o xogo á volta das vacacións.
Felices paseos !,
Felices contos !
e ....
BO NADAL!
Ningún comentario:
Publicar un comentario