xoves, 19 de xaneiro de 2012

CHEGA O COLE E CHEGAN OS PIOLLOS.

No día de hoxe volveuse enviar unha notificación para indicarvos que en varias aulas apareceron nenos e nenas con piollos. Por favor, revisade a testa aos vosos fillos e fillas e LEMBRADE que os piollos son un parásito que adoita visitar as cabezas limpas.
O aspecto dun piollo é o seguinte:

Os piollos, son insectos que se atopan sobre todo nas persoas, prioritariamente na cabeza. Os piollos dependen de nós para sobrevivir, a calor e a humidade son fundamentais para a súa subsistencia. Eles aliméntanse do noso sangue. Teñen un tamaño de entre dous e tres milímetros, son de cor gris amarronada e teñen forma de araña. Contáxianse polo contacto directo dos cabelos dunha persoa á outra. Nin saltan nin voan. Non os transmiten os animais domésticos.
O proído é o primeiro síntoma que se pode apreciar, principalmente porque  se alimentan entre seis e oito veces ao día. Ao igual que os mosquitos, a saliva que inxectan é moi irritante.
Os ovos ou lendias, son ovaladas, de cor marrón clara, tardarán unha semana en eclosionar. Atópanse a medio centímetro do coiro cabeludo. É moi común confundilos con caspa.
A prevención é a mellor arma. Por favor, revisade as cabezas dos vosos fillos e, de existir parásitos ,efectuade a desinfeción cun produto preparado para o efecto. 
A Dirección.


Ningún comentario:

Publicar un comentario